Amencendo - At dawn |
lunes, 28 de febrero de 2011
domingo, 27 de febrero de 2011
Proceso rematado - Work in progress: finished
Hai unhas tres semanas ensineivos a peza na que estaba a traballar, un colar de fío de aceiro tecido. A peza central foi montada en cordóns de coiro negro e xa vos podo mostrar o resultado final. Agora creo que debería pensar en deseñarlle uns pendentes a xogo, pero nestes momentos teño a cabeza noutros proxectos...
Three weeks ago I showed you the necklace I was working in, a woven steel wire necklace. The central piece hangs now from two thick black leather cords and it is ready for the new owner. Maybe I should think in designing a pair of matching earrings, but right now my head is somewhere else...
Brincos de cobre - Copper earrings
viernes, 25 de febrero de 2011
Pulseira en malla de cobre - Copper chainmaille bracelet
Pulseira en fío de cobre esmaltado. Foi deseñado orixinariamente para home (ten 23 cm de longo), aínda que é posible adaptala a outros tamaños. Está tecido en malla Media Persa, unha trama que vos pode resultar familiar á vista, pois, ademais de aparecer en pulseiras ou cadeas, emprégase moito para engastar en cabuxón pedras non furadas.
Enameled copper bracelet. With its 23 cm length, it was originally designed for men, although it can be adapted to other wrist measurements. The weave is Half Persian, a weave that you have probably seen many times, as it is pretty common to find it (apart from bracelets and chains) in cabochoned stones.
miércoles, 23 de febrero de 2011
Máis pulseiras de cobre - More copper bracelets
Pulseira de fío de cobre esmaltado e aceiro. O motivo central é unha trama da malla chamada Aura. A pulseira está montada con cordóns de algodón para crear unha imaxe máis lixeira que converta a pulseira nun complemento perfecto para o día a día, aínda que o brillo e a elegancia do cobre seguen a facer da pulseira unha peza espectacular...
Enameled copper wire bracelet. The central piece is a weave called Aura. I have added cotton cords in order to get a lighter look, that turns the bracelet into a perfect accessory for everyday wear, although the elegance and shine of copper wire also make the bracelet suitable for a special occassion...
(vendida - sold) |
(vendida - sold) |
martes, 22 de febrero de 2011
Pulseira de cobre - Copper wire bracelet
Pulseira realizada en fío de cobre esmaltado. Gústame moito este material, sobre todo pola súa cor e porque non precisa de limpeza (se acaso, unha pasada por auga cun xabrón suave para lle quitar o po, pero máis nada). Porén, resulta máis complicado de traballar que outras clases de fío metálico, porque é moi, moi fácil estragalo ao facer as curvas.
Unha vez rematada a peza, tendes unha pulseira fermosa e resistente, que non perde brillo nin cor, e que poden levar persoas con alerxias aos metais porque o verniz que cubre o metal evita o contacto directo coa pel.
Unha vez rematada a peza, tendes unha pulseira fermosa e resistente, que non perde brillo nin cor, e que poden levar persoas con alerxias aos metais porque o verniz que cubre o metal evita o contacto directo coa pel.
Enameled copper wire bracelet. I love this material, mainly because of the beauty of its colour and because it does not require cleaning (well, ocassionally some water and soft soap in order to take dust particles away). On the other hand, it is more difficult to work with than other wires, because it is very very easy to damage the varnish coat at the time of shaping. When the piece is finished, you have a resistant and very nice looking bracelet, that does not lose shine or colour, and that can be worn by people with metal allergies, because the vernish coating prevents the direct contact of copper with the skin.
lunes, 21 de febrero de 2011
Signos de primavera (e dous) - Spring signs (II)
Os nomes dos colares - Necklaces names
A min gústanme os nomes das cousas. Sempre me gustaron. Recoñezo que é un pracer case retorto: se podemos complicarnos un pouco máis, por que facelo simple? Ao caso... sabiades que os colares teñen un nome segundo sexa o seu tamaño? Pois teñen, e resulta práctico á hora de escoller que colar se axeita a cada ocasión ou con que estilo levalo ou a quen lle favorece máis un tamaño de colar que outro.
I like names. I always did. I recognize that it is a little twisted pleasure: why should you make it simple when you can make it a little more difficult for yourself? To the point: do you know that necklaces have names according to their lenght? Yep, they do have and it turns out very useful when chosing the right necklace for the right occasion, the right outfit, the right figure... Let's take a look at them, from shorter to larger ones:
Ímolos ver, de máis curto a máis longo:
COLLAR 30-33 cm. Perferct for V-necks, boat necks and off-the-shoulder outfits.
Retrato de Adele Bloch-Bauer, G. Klimt, 1907 |
2. GARGANTILLA: 35-40 cm. Apóianse na base do pescozo. Son pezas de estilo clásico, pero moi versátiles, que se poden levar practicamente con todas as prendas.
CHOKER: 35-40 cm, lying around the base of the neck. Classical and versatile, they match any outfit.
Moza con gato, Bacchiacca, 1525 |
3. PRINCESA: 43-48 cm. É o tamaño máis común nos colares. Van moi ben con escotes redondos, tanto altos coma baixos. PRINCESS: 43-48 cm. The most common necklace size. They match perfectly whit round necklines, both high or low.
Retrato en miniatura dunha dama, C. Hayter, 1800 |
Coco Chanel (tamaño matiné as voltas centrais) (matinee: middle strands) |
4. MATINÉ: 50-60 cm. Perfecto para todo, dende o ambiente laboral á imaxe máis informal. Queda moi ben coas blusas, tanto abotonadas coma abertas, e tende a adelgazar a silueta.
MATINEE: 50-60 cm. Perfect for any outfit, from casual to bussines dressing. Fits very well with bottoned or open blouses and it tends to make look slender.
5. ÓPERA: 71-86 cm. Un dos máis elegantes. Vai moi ben con escotes altos, pechados ou redondos.
OPERA: 71-86 cm. One of the most elegant sizes. Matches perfectly with high necklines.
Infanta Maria Francisca de Portugal, V.L. Portaña, ca. 1825 |
6. CORDA: máis de 110 cm. Moi elegante e sensual. Pódese levar con calquera cousa, tanto polo día coma pola noite, solto ou con nó, convertido nun colar de varias voltas ou nunha pulseira.
ROPE: more than 110 cm. Elegant and sensual. This necklace dresses up any outfit night or day, at full lenght or knotted, transformed in a multi-strand necklace or in a bracelet.
Lady Diana Cooper, 1916 |
E para rematar, volvemos a Coco Chanel, á que podedes ver con (case) todos os tipos de colares:
Coco Chanel with (almost) all sizes:
jueves, 17 de febrero de 2011
Xogando coa malla de neopreno - Playing with neoprene maille
Con elos de neopreno tamén se poden facer moitos tipos de cadeas. Xa vos ensinara aí atrás os colgantes feitos con unidades Nova. Se unicamente queremos empregar elos deste material, só podemos facer tramas que empreguen elos pechados. A alternativa é conxugalos con elos abertos de calquera outro material, co que se nos abre todo outro mundo de posibilidades.
Remexer cos elos de neopreno a ver que sae é moi entretido, sobre todo por dúas razóns: porque se pode facer e desfacer sen estragar o material e, moi a ter en consideración, porque non acaban doendo os dedos como adoita suceder ao traballar con metais.
O que vedes a continuación é unha pulseira moi sinxeliña feita con neopreno, cobre e aceiro. A malla chámase Cola de raposo e emprega só elos pechados, aínda que eu engadinlle uns elos de cobre e de aceiro para facer un pouquechiño de contraste.
Trama Cola de raposo - Foxtail weave |
You can also make a lot of chainmaille weaves with neoprene rings. In past entries you can see some Nova unit pendants by me. If we only want to use neoprene rings we can only make closed rings based weaves. But if we mix neoprene rings with open jump rings, a world of possibilities opens up for us.
Playing with neoprene rings with no other goal than seeing what comes out turns out to be very funny, mainly because of two reasons: we can keep redoing as long as we wish without damaging the material, and, even more interesting, without getting our fingertips hurt.
What you see here is a very simple bracelet made out of neoprene. The weave is called Foxtail and it requires only solid (closed) rings, although I have added copper and steel rings in order to provide some contrast.
Cola de raposo dende arriba - Foxtail weave, upper view |
E aquí xa podedes ver a pulseira rematada cuns cordóns de algodón e un peche de aceiro. The finished bracelet with cotton cord and stainless steel clasp.
martes, 15 de febrero de 2011
Colar azul, colar rosa - Pink necklace, blue necklace
Estes dous colares están realizados en fío de cobre esmaltado (1,3mm). Cada elo da cadea está feito e cortado a man. As diáfanas doas de vidro rosa e azul resaltan poderosamente dentro da espiral de cobre escuro que as rodea. Os dous colares son bastante longos (49 e 55 cm), pero pódeselle axustar o tamaño simplemente pechándoos nun elo anterior, converténdoos en medida princesa ou en gargantilla. O xogo complétase cuns pendentes sinxelos, pensados para iluminar o rostro sen roubar a atención. O resultado das pezas foi moi satisfactorio (as fotos non lle fan toda a xustiza), pois acadaron perfectamente a nosa intención: pezas moi espectaculares pero versátiles e con un toque informal.
These necklaces are made out of enameled copper wire (1.3mm). Each ring is coiled and cut by hand. The brightness of the blue and pink glass beads is enhanced by the dark copper spiral that encages them. Both necklaces are quite long (49 and 55cm), but they can be adjusted in lenght just by inserting the clasp through a preceding jump ring, transforming the matinee necklace in a princess size necklace or in a choker. The set is completed by a pair of simple earrings, designed to illuminate the face without stealing the attention from it. I am pretty happy with the result (the pics do not make justice to them), because they achieved perfectly our goal: spectacular, but casual and versatile necklaces.
O colar azul - The blue necklace (vendido -sold) |
O colar rosa - The pink one (vendido - sold) |
Pendentes rosa - Pink earrings (vendido -sold) |
Pendentes azuis - Blue earrings (vendido - sold) |
lunes, 14 de febrero de 2011
Tallas - Carvings
Tallar madeira é unha das cousas máis relaxantes que eu teño probado. É coma se houbese algo no contacto co material que axudase a disipar a tensión. O único malo da talla é que é un traballo un pouco menos limpo que outros: non vale para facer tirado no sofá vendo unha peli.
Estes colgantes que podedes ver a continuación están tallados a man, con navalla e lixa, e acabados con aceite natural. Representan unha desas formas que sen saber moi ben o porqué, son parte do noso imaxinario colectivo: as colas de baleas. Nas culturas onde é (ou era) un símbolo con significado, como a maorí, a cola de balea representa a forza, pero non a forza bruta, senón a da lealdade e a sensibilidade. Os dous están dispoñibles; se vos interesan, mandádenos un correo electrónico e poñémonos de acordo :)
Estes colgantes que podedes ver a continuación están tallados a man, con navalla e lixa, e acabados con aceite natural. Representan unha desas formas que sen saber moi ben o porqué, son parte do noso imaxinario colectivo: as colas de baleas. Nas culturas onde é (ou era) un símbolo con significado, como a maorí, a cola de balea representa a forza, pero non a forza bruta, senón a da lealdade e a sensibilidade. Os dous están dispoñibles; se vos interesan, mandádenos un correo electrónico e poñémonos de acordo :)
Carving wood is one of the most relaxing activities that I have ever tried. It is as if something related to the contact with wood helped to dispel strain. The only bad thing about carving is that it is not as clean as other activities: it is not compatible with lying on the couch watching a film.
These pendants are carved by hand with a knife and natural oil finished. They represent one of these shapes that are a part of our social imaginary: wale tails. In the cultures where it is (or was) a meaningful symbol, like the Maori, the wale tail stands for strenght, loyalty and sensitivity. Both pendants are still available; if you are interested in purchasing any of them, just send us an e-mail and we will come to an agreement :)domingo, 13 de febrero de 2011
Unha de espirais - Spirals
jueves, 10 de febrero de 2011
Adaptando técnicas - Adapting techniques
Se onte falaba da variedade de materiais, hoxe déixovos unhas mostras dun par de técnicas que se poden aplicar ao arame, á parte do clásico dobrado ou do traballo con elos sobre o que xa temos comentado. Aí van uns exemplos do que se pode facer cos fíos metálicos máis finos (ou máis brandos).
Yesterday I posted about different materials you can use in jewelry and today I want to share with you some techniques that you can put into practice with wire, besides the classic wire wrapping and the maille work. These are two examples of what you can make with the thinniest or softest wires.
Se sabedes facer labor de gancho... probastes algunha vez con fío de cobre? Mirade o resultado nese colgante:
Do you like crocheting?... Have you ever tried to crochet copper wire? Take a look at the results in this pendant:
Esta pulseira está feita cunha técnica chamada en inglés viking knit (non sei se se ten nome propio en galego ou se nos temos que quedar co de calceta viquinga). En realidade non ten que ver coa calceta, é un tipo de trenzado máis ben relacionado coa elaboración de cordóns ou co kumihino. Ten moitas posibilidades, porque permite introducir na "trenza" de arame as doas ou elementos que queirades (neste caso, unha perla cultivada). O resultado ten algo de intrigante, porque, a primeira vista, parece difícil saber como entrou a perla na trama. Na rede hai tutoriais de como se fai, aínda que non topei ningún en lingua romance. Se queredes, un día explico como vai.
Graciñas a todos pola vosa visita e non esquezades botarlle un ollo ás entradas máis recentes!
Yesterday I posted about different materials you can use in jewelry and today I want to share with you some techniques that you can put into practice with wire, besides the classic wire wrapping and the maille work. These are two examples of what you can make with the thinniest or softest wires.
Se sabedes facer labor de gancho... probastes algunha vez con fío de cobre? Mirade o resultado nese colgante:
Do you like crocheting?... Have you ever tried to crochet copper wire? Take a look at the results in this pendant:
Esta pulseira está feita cunha técnica chamada en inglés viking knit (non sei se se ten nome propio en galego ou se nos temos que quedar co de calceta viquinga). En realidade non ten que ver coa calceta, é un tipo de trenzado máis ben relacionado coa elaboración de cordóns ou co kumihino. Ten moitas posibilidades, porque permite introducir na "trenza" de arame as doas ou elementos que queirades (neste caso, unha perla cultivada). O resultado ten algo de intrigante, porque, a primeira vista, parece difícil saber como entrou a perla na trama. Na rede hai tutoriais de como se fai, aínda que non topei ningún en lingua romance. Se queredes, un día explico como vai.
Graciñas a todos pola vosa visita e non esquezades botarlle un ollo ás entradas máis recentes!
This bracelet is made with a technique called viking knit. Actually it has nothing to do with knit, it is much more related with braiding or with kumihino. It offers a lot of posibilities, because you can introduce beads or any other elements within the wire "cord" (here, a freshwater pearl). As a result you get something that looks somehow intriguing, then at first sight it is difficult to know how the pearl got into the frame. There are many tutorials online on how to deal with viking knit, just google viking knit tutorial...
miércoles, 9 de febrero de 2011
Mellorando o presente: facer xoias con materiais inesperados - Upcycling: jewelry out of unexpected materials
Para crear obxectos fermosos non é imprescindible empregar materiais caros. O fundamental é a imaxinación. E nesta época na que todo parece de usar e tirar, non estaría de máis tomarnos un momento para reflexionar sobre a nosa relación coas cousas.
Non son demasiado amiga de etiquetas coma xoiería amigable co medio ambiente e cousas polo estilo, pero encántame o concepto do "upcycling" (ten difícil tradución, literalmente sería algo así coma supraciclaxe): reaproveitar as cousas converténdoas en algo diferente e, se pode ser, en algo mellor. Pois eu estou definitivamente polo upcycling, e non só no relacionado coa xoiería, senón en todos os aspectos do consumo (e mesmo da vida). Ademáis, gosto moito de buscar beleza en materiais e texturas que a miúdo nos pasan desapercibidos, e sobre todo, fascínanme as ilimitadas posibilidades de transformación das cousas e o reto que iso supón.
Déixovos uns exemplos de como empreguei eu materiais pouco convencionais en pendentes, pulseiras ou colgantes, por se vos serve de suxestión:
Creating beautiful objects it is not only about using expensive materials, but using your imagination. Nowadays everything seems to be single-use, and maybe we should take our time to think about our relationship with objects. I do no rely too much on labels like eco-freindly jewelry, but I like the idea of "upcycling", meaning reusing things and transforming them into something different, and if possible, into something better (and not only in jewelry related issues). I love looking for beauty in unusual textures and materials, and I am definitely fascinated about the transformation posibilities of things and the challenge that this implies. Now, some examples of how I have used less conventional materials in jewelry:
- Pulseira con puntas de ferrar cabalos: Horseshoe nails bracelet:
(vendido - sold) |
- Pendentes de cristal de praia lacado e aceiro: Lacquered sea glass and steel earrings:
- Colgantes con decoupage sobre vellos cds: Decoupage on old cds:
Diante - Front side |
Traseira - Back |
- Pendentes de arandelas comúns (de ferretería) lacadas con esmalte de uñas: Ordinary washers (from the hardware store) covered with nail polish:
Pulseira de resorte exipcio - Egyptian coil copper bracelet
Chámaselle resorte exipcio a esas formas espirais que podedes ver na pulseira. Esta vez quixen facer unha pulseira lixeira, por iso só usei catro unidades de resorte. O uso máis común desta técnica do resorte exipcio (só a base de resortes) crea unhas pezas espectaculares, pero bastante recargadas para levalas no día a día.
We call egyptian coil to these spiral shapes that you can see in the bracelet. This time, I was looking for a light bracelet, and because of this I only used four units of egyptian coil. The most common use of the egyptian coil technique produces amazing pieces, but a little overdone for everyday wear.
Detalle do resorte exipcio - Egyptian coil |
Peche feito a man - Handmade clasp |
lunes, 7 de febrero de 2011
Pulseiras de malla - Chainmaille bracelets
Estas dúas pulseiras son un exemplo de como a mesma trama de malla pode producir diferentes efectos segundo o material e o tamaño dos elos. As dúas están feitas en cadea media bizantina, que non resulta tan formal e clásica como a bizantina completa.
A primeira pulseira está feita exclusivamente en cobre esmaltado. No peche, tamén feito a man, leva un detalle de aluminio negro.
E esta outra leva uns elos máis grandes de cobre esmaltado e as medias bizantinas en aluminio negro.
And this one has bigger enameled copper jump rings and black aluminium rings in the Byzantine weave.
Cal vos gusta máis? Wich one do you prefer?
These two bracelets show the different results you can get using the same weave, depending on the materials and sizes used for the jump rings. Both of them are half Byzantine weave, not as formal and clasical as the full Byzantine.
A primeira pulseira está feita exclusivamente en cobre esmaltado. No peche, tamén feito a man, leva un detalle de aluminio negro.
This one is made completely out of enameled copper jump rings. In the handmade clasp, a black aluminium coil.
E esta outra leva uns elos máis grandes de cobre esmaltado e as medias bizantinas en aluminio negro.
And this one has bigger enameled copper jump rings and black aluminium rings in the Byzantine weave.
Cal vos gusta máis? Wich one do you prefer?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)