miércoles, 9 de febrero de 2011

Mellorando o presente: facer xoias con materiais inesperados - Upcycling: jewelry out of unexpected materials


Para crear obxectos fermosos non é imprescindible empregar materiais caros. O fundamental é a imaxinación. E nesta época na que todo parece de usar e tirar, non estaría de máis tomarnos un momento para reflexionar sobre a nosa relación coas cousas.

Non son demasiado amiga de etiquetas coma xoiería amigable co medio ambiente e cousas polo estilo, pero encántame o concepto do "upcycling" (ten difícil tradución, literalmente sería algo así coma supraciclaxe):  reaproveitar as cousas converténdoas en algo diferente e, se pode ser, en algo mellor. Pois eu estou definitivamente polo upcycling,  e non só no relacionado coa xoiería, senón en todos os aspectos do consumo (e mesmo da vida). Ademáis, gosto moito de buscar beleza en materiais e texturas que a miúdo nos pasan desapercibidos, e sobre todo, fascínanme as ilimitadas posibilidades de transformación das cousas e o reto que iso supón.

Déixovos uns exemplos de como empreguei eu materiais pouco convencionais en pendentes, pulseiras ou colgantes, por se vos serve de suxestión:  

Creating beautiful objects it is not only about using expensive materials, but using your imagination. Nowadays everything seems to be single-use, and maybe we should take our time to think about our relationship with  objects. I do no rely too much on labels like eco-freindly jewelry, but I like the idea of "upcycling", meaning reusing things and transforming them into something different, and if possible, into something better (and not only in jewelry related issues). I love looking for beauty in unusual textures and materials, and I am definitely fascinated about the transformation posibilities of things and the challenge that this implies. Now, some examples of how I have used less conventional materials in jewelry:


- Pulseira con puntas de ferrar cabalos: Horseshoe nails bracelet:

(vendido - sold)


- Pendentes de cristal de praia lacado e aceiro: Lacquered sea glass and steel earrings:


- Colgantes con decoupage sobre vellos cds: Decoupage on old cds:


Diante - Front side
Traseira - Back













- Pendentes de arandelas comúns (de ferretería) lacadas con esmalte de uñas: Ordinary washers (from the hardware store) covered with nail polish:


- E a última suxestión por hoxe: conxunto de pendentes, colgante e pulseira feito con entorchado de corda de harpa, aceiro e pequenos granates: Today's last suggestion: set of earrings, pendant and bracelet made out of harp strings, steel and little garnets:

1 comentario:

Anaisa dijo...

Preciosos tus pendientes, lo dicho mi reina linda!!...eres un sol un lujo de artesana!!,...dime como te fué en la fería?...me imagino que de maravilla....ya que eres un lujo....

Cariño! quiero invitarte a que pases por mi blog tengo un regalito que quiero compartir contigo,....no sabía si te gustaría pero al fin me animé,...pasate y de paso nos tomamos un cafecito o té juntas y charlamos un rato te parece!!! besitos envueltos en muchos abracitos para ti

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...