miércoles, 29 de junio de 2011

Mercado de Artesanía da Rúa san Pedro

O sábado que vén, día 2 de xullo, estaremos novamente no Mercado de Artesanía que se fai na rúa san Pedro, de Santiago de Compostela. Imos asistir xunto cos demáis participantes do Mercado Entre Lusco e Fusco, onde nos podedes topas todos os martes pola tarde. Pois nada, que os "fusquiños" imos estar na praza do Matadoiro (na Porta do Camiño) durante todo o día.

Para os que nunca estiverades nas festas da rúa san Pedro, ou nos Mercados de Artesanía que organizan dúas veces ao ano, recoméndovos moi moito que vos deades unha volta por alí. É unha festa viva, un mercado variado do máis estimulante e o ambiente reflicte á perfección o dinamismo desa barrio de Compostela. Animádevos a vir!!!

Este é o cartaz:

domingo, 26 de junio de 2011

Divertimentos II - Just for fun II

Ao rematar unha peza, ás veces nace un divertimento. Quizais sexa para liberar a mente das estruturas prefixadas, quizais por "desalambrar" as mans. É o funambulismo dos alicates. Vaia, o máis seguro é que só se trate de enredar un pouco nos tempos mortos ;). Así xorden estes pequenos elementos que que non teñen ningún fin concreto, son moi imperfectos, e non teñen outra finalidade que a de se converter en regalos para esa persoa que sempre aparece e que, de súpeto, se sinte prendada por unha maxia que quizais só ela vexa. E así acaban, ás veces en chaveiros, outras en colgantes, broches ou ganchos para o pelo... Segundo me din, algunha vez simplemente paran na mesiña de noite para mirar para eles. A que paga a pena facelos?

Sometimes is good to make things only for fun, without the restrictions of symmetry or fixed designs. It is the liberation of the pliers: pliers' funambulism. This is how this little amusements come to life. They do not have a concrete purpose (sometimes they become a keychain, or a brooch, a pendant...), and I always give them as a gift, because there is always someone out there who feels the magic inside one item, as if it was designed only for him/herself. It is worth the effort, isn't it? This is the cooper elephant:


Este é o elefante de cobre:





E este o cabaliño de mar de aceiro:
And this the steel sea horse:


jueves, 23 de junio de 2011

O anel de Rosa - Rosa's Ring

Sigo liada co traslado e non teño tempo para nada (para nada do que me gusta, claro;). Pero quero ensinarvos rapidiño uns aneis sinxelos e alegres, feitos en fío de cobre esmaltado con pequenas doas de cores. Os tres teñen xa novas propietarias:

Este é o anel de Rosa:




Este é o anel de Paula:




E este, o de Maribel:




domingo, 19 de junio de 2011

A camiseta nova- My new T shirt


Só podo facer unha entrada rapidiña e cunha foto feita co móbil, pero tiña moitas ganas de vos ensinar a preciosa camiseta que xa está dende onte nas miñas mans. Está pintada a man polo propio deseñador e eu estou más que feliz con ela. Ademais, e aínda que me estea mal o dicilo, quédame moi ben! Podedes ver outros modelos e mesmo encargar unha para vós, na páxina de Artcoiris. Botádelle un ollo, que teñen cousas xeniais!!!

jueves, 16 de junio de 2011

Cravos de ferrar - Horseshoe Nails

Teño a páxina media descoidada, e pídovos desculpas por iso, sobre todo ás persoas que nos seguides de maneira tan constante e agarimosa. A verdade é que teño tantas cousas ás que atender, que se me fai imposible estar sempre en todo. Por se faltase algo, agora ando na procura de piso (teño que cambiar de casa o mes que vén), e xa vos podedes imaxinar o que iso é: a casa patas arriba, eu pateando a cidade mirando sitios... Pois ate que remate con todo ese lío e estea minimamente instalada onde sexa que vaiamos parar (é desesperante buscar casa), non poderei manter a páxina como quixera.

Pero xa que estamos aquí, aproveito para vos ensinar algunha cousiña que xa temos feita. Hoxe sonvos colgantes feitos con cravos de ferrar, dobrados e soldados a man. Pódense levar de colgantes, poñer nun chaveiro, engadir a unha pulseira... As formas son máis ou menos abstractas: unhas adoptan a forma de símbolos solares en triqueis ou lábaros, outras lembran a áncoras, a letras, a animais... En calquera dos casos, son pezas únicas que nunca pasan desapercibidas... Botádelle un ollo a algunhas das últimas que deseñamos:
















viernes, 10 de junio de 2011

Xogando coas ilusións da cor (e II)- Colour Illusion (II)

Velaí vai a foto orixinal:


Graciñas aos que participastes ;). Iades bastante ben encamiñados, por certo... O lila e mais o verde do fondo distinguíanse bastante ben, pero o vermello non se vía nada, jajjaaa.

Póñovos outro exemplo, porque se me ocorreu que a falta de rollover, podía facer un vídeo. A ver se esta vez funciona mellor (é recomendable poñer o vídeo a pantalla completa):


video



Para conseguir estes efectos, seguín un titorial (está en inglés), nesta páxina. Ah, e espero que vos gustasen os broches, jjajajaj!


E hoxe xa vos subo a solución:


Adquirido -Sold

miércoles, 8 de junio de 2011

Xogando coas ilusións da cor - Colour Illusion

Hoxe queríavos propoñer un experimento... Lamentablemente, despois de estar a intentar toda a mañá inserir aquí un rollover, non o conseguín, co que vai haber que facer a proba un pouco polas bravas... Se alguén sabe como poñer rollovers en entradas de blogger, eu acepto agradecida toda caste de suxestións...

Isto consiste simplemente en que miredes durante uns trinta segundos para o puntiño negro no centro da primeira foto (por certo, é un broche feito con cremalleiras, feltro, lan e diferentes doas) sen pestanexar. Despois, tendes que cambiar inmediatamente a vista para a segunda foto. Seguro que os resultados non van ser óptimos, peor ao mellor sodes capaces de me decir algunhas das cores do broche orixinal e mais do fondo... Mañá, a resposta ;)

Does anyone know how to insert a rollover in a blogger entry? If so, please tell me how ;) However, I propose you a little experiment. This are two pics of a zipper brooch. Please stare al the black dot in the first image for 30 seconds. Then, look at the second picture. Maybe now you can say some of the original colours of the brooch and the background... If not, wait until tomorrow and I will show you the true colours of the brooch ;)





lunes, 6 de junio de 2011

Máis xoiería de diario - More on everyday-wear jewelry

Máis propostas para o día a día, desta vez con pulseiras en cadea de malla. More suggestions on everyday-wear jewelry, this time chainmaille based bracelets:



Unidade de Filigrana Celta, unha trama de Blue Buddha, en cobre e aceiro con cordón de algodón:
Celtic Filigree unit, a weave by Blue Buddha, out of copper and steel rings; cotton cord:





Con elos de cobre e neopreno e roseta Moebius central:
Copper and neoprene rings, with a Moebius rosette as a focal point:





Simple e elegante cadea 1-1 de cobre con cordón de algodón:
Simple and elegant 1-1 copper chain, cotton cord:




Cadea cativa en aceiro e cobre, con pulseira de algodón:
Captive chain in copper and stainless steel, cotton cord:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...