viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant

Hoxe imos con algo serio ;)


Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, vouvos explicar un pouquiño a orixe da súa peza máis característica, o colgante sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda unha certa reminiscencia da textura da xoia coa pel do animal, ou mesmo faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Tamén se ten constancia de que foi denominado "pelícano", neste caso por algún tipo de intento de esquivar á Inquisición, que, por se non o sabiades, non foi abolida en España ate principios do século XIX.

Pero volvamos á xoiería... As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc). Todas eran pezas que se levaban á altura do peito; nalgúns casos, coma nos "brocamantones", eran de moi gran tamaño, e estaban compostas por dous ou máis corpos que formaban no seu conxunto unha figura de triángulo invertido, máis ou menos definido segundo os casos. 



"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". E pode que a algún de vós, os sapos vos lembren tamén lixeiramente á "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, cos que comparte orixe.

E así chegamos ao sapo tradicional galego. Son pezas formadas por varios corpos traballados coa técnica da filigrana, en ouro ou en prata sobredourada. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.

E despois de todo isto, vou ao que vou. Por encargo ou cando o tempo mo permite, encántame emprender proxectos máis complexos dos que acostumo a ensinar nesta páxina. Este é o caso do colgante sapo que podiades ver ao principio da entrada, o modelo Ictíneo. É un deseño propio inspirado no colgante tradicional. Está realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio, pero interpretado dende un punto de vista moi persoal en cobre e prata. Mide 9,5 cm e pódese levar pendurado de dous xeitos: coma triángulo apuntando cara a enriba, ou do modo máis tradicional, con forma de triángulo invertido. O nome do modelo, Ictíneo, é outra longa historia que ao mellor podo contar algún día, pero que ten que ver con certas influencias steampunk das que eu gosto tanto e que non podo deixar de asociar aos inventos do gran Monturiol (cousas miñas, non fagades caso ;). 





Agradezo unha vez máis as vosas visitas e comentarios, que sempre me alegran o día e, coma sempre, espero que o noso traballo vos agrade.





martes, 14 de mayo de 2013

Cravos e amigas - Friends and Nails

Unha nosa amiga d'O Carballiño quería catro colgantes iguais para ela e as súas tres amigas, que estiveran feitos con puntas de ferrar. Xa vos teño ensinado máis traballos con estes cravos, que dobramos un a un, soldamos e selamos para que non enferruxen. Pero ademais, neste caso, a idea da moza era que cando eses catro colgantes se reunisen, se creara unha forma nova que servira de símbolo da forza da súa amizade.




Puxémonos mans á obra, e ocorréusenos que sería divertido engadirlle un "algo" máis. Ese "algo" foi furar as cabezas dos cravos e introducir no burato uns imáns. Ao achegar as catro pezas, estes imáns fan a súa maxia, e cun ruidiño de clac, clac, clac en segundos se forma o deseño que podedes ver nas fotos. A min paréceme unha linda historia, non si?






O imán na cabeza do cravo - The magnet


A friend asked us for four equal horseshoe nail pendants for herself and her three friends. The idea was that when they put the four pendants together, they should create a new shape as a symbol of their friendship. We got down to work, design the four parts and the hole shape, and then we thought that it would be funny to add "something" more. That little "something" was to perforate the nails heads and introduce a magnet in the hole. When you move close the four pieces, the magnets do their magic, and with some click click noises, all the sudden the big design gathers and holds together. Isn't it cool?



miércoles, 8 de mayo de 2013

Cobre e amatistas: os pendentes de Carmen - Copper and Amethyst: Carmen Earrings


Estes pendentes xa teñen nova dona! Vouvos contar a historia: 

O sábado pasado estivemos na Feira de Primavera da rúa San Pedro, da que xa vos falei na última entrada. Foi un día memorable. O tempo, magnífico, o ambiente, alucinante, a organización, impecable. Tivemos a oportunidade de falar con moitísima xente e mostrar estas cousiñas que facemos con tanto cariño. Acabamos exhaustos e moi afónicos, pero con ánimos renovados para continuar a aprender e traballar.

A media tarde, unha de tantas persoas que se parou diante do noso posto, quedou mirando para min, e, de repente, dixo o meu nome e o meu apelido. A miña sorpresa aclarouse cando quitou as gafas de sol... Era unha compañeira de escola, que, por dicer unha cifra, digamos que hai máis de vinte anos que non nos encontrabamos. Foi fantástico recoñecerse, contarse unha vida completa en dez minutos e recuperar así un trociño de infancia. Pois para ela, Carmen C., foron estes pendentes de cobre e amatistas. 

A Carmen e mais a todos os que nos fixestes pasar un día tan agradable, moitísimas grazas!









Dende o noso posto - From behind our booth

Así lucía a rúa San Pedro!

These earrings have a new owner! Let me please tell you the history:

Last Saturday we took part in the Craft Spring Fair of San Pedro. It was a memorable day, with wonderful weather, amazing atmosphere and an impecable organization. We talk with tons of people and end up exhausted and hoarse, but very satisfied and with renewed spirits.

Mid-afternoon, someone stopped in front of our booth, and staring at me, said my name and  surname. When she took off her sunglasses I saw a somehow familiar face... She was a schoolmate that I have not seeen (let's say) for more tan twenty years ;). It was fantastic to recognize each other, to catch up on hole life in ten minutes and to recover a piece of childhood. She, Carmen C., is the new owner of these earrings, made out of copper wire and amethysts. Many many thanks to Carmen and to all the people who helped us to make such a perfect day!

viernes, 3 de mayo de 2013

Feira de Primavera na rúa San Pedro

Estiven uns días caladiña, xa o sei, e pídovos desculpas ;) É que mañá imos de mercado e estiven a preparar cantidade de cousiñas para o evento. Trátase da Feira da Primavera que se organiza na rúa San Pedro (que ademais é o meu barrio na actualidade). Sempre está animadísima, hai moitísimos postos e moitísima xente. Déixovos unhas imaxes de como lucía a rúa e mais o noso posto o ano pasado nesa mesma feira. Se estades cerca de Santiago de Compostela mañá, non a podedes perder!!
 










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...