miércoles, 27 de marzo de 2013

Brincos: un toque de azul - Earrings: A Little Touch of Blue

Na Galiza, este inverno está a durar sempre e mais despois. Poñamos un pequeno toque de azul ceo para animar a luz gris que nos rodea día tras día! Os brincos miden 4,5cm, están feitos en cobre traballado a man e levan unhas pequenas ágatas azuis. Espero que vos gusten e se sodes dos afortunados que teñen uns días libres nestas datas, ogallá gocedes de ceos moi, moi azuis e luminosos!












Here in Galiza, this winter it is lasting forever. Let's put a small touch of blue to cheer up the gray light that  surrounds us everyday! The earrings measure 4,5cm and are hand worked out of copper sheet, copper wire, stainless steel and little blue agates. I hope you like them, and if you are of the fortunate that have some off days in these dates, I wish that you can enjoy very blue and bright skies!

jueves, 21 de marzo de 2013

Peches feitos a man: variacións - Handmade Clasps, Some Options

Que mellor modo de rematar unha peza feita a man que cun pecho tamén artesanal? Hoxe recollo algúns dos peches de pulseiras e colares que apareceron en varias dos nosos traballos. Case todos están feitos en aceiro ou en cobre, e van dende os máis sinxelos, simples formas en S, ate os máis elaborados, que ás veces acaban por se converter no auténtico centro de atracción. Aí os van e espero que, chegado o caso, vos sirvan de inspiración!

"S" simple
"S" máis complexa

Tipo botón, en cobre moldeado a man

Gancho de aceiro e argola

Gancho de aceiro e flor, que permite axustar o tamaño segundo en que pétalo metas o gancho.

Peche e punto focal da pulseira



Peche rectangular



























 
Peche en aceiro e aluminio. Está sacado dunha revista, da que, lamentablemente, non lembro o nome.

O mesmo peche en cobre, con algunhas partes soldadas para maior resistencia.


jueves, 14 de marzo de 2013

Anel de cobre e amorias - Copper Ring and Blackberries

Estes días estiven a facer unhas cantas probas. Non todas foron moi afortunadas, pero dalgunhas delas quedei moi contenta. Este é o caso do anel que vos quero ensinar hoxe. E o que vos vou contar é de onde veu a idea de facelo:


Todo comezou cando repasaba imaxes de ourivería antiga (j'adore pinterest, lol). A ourivería antiga, xa sexa a prehistórica, micénica, escandinava, castrexa,  etcétera, etcétera, é, en dúas palabras, unha pasada. Un prodixio de imaxinación, técnica e brillantez formal. Pois cando estaba a mirar unhas pezas etruscas (os etruscos viviron na actual Italia, entre os séculos VII a I a. C.), reparei que un dos elementos presentes en varias desas xoias, se me facía moi familiar.

Brincos etruscos (525-500 a. C.), ouro, Paul Getty Museum, Nova York
Brinco etrusco (530-480 a. C.), ouro, British Museum, Londres. Foto: Jastrow (Wikimedia Commons)
Máis brincos etruscos, século VI a. C., ouro, Metropolitan Museum of Art, Nova York.

Despois de rebuscar un pouco no ordenador central da memoria (que no portátil téñoo todo, pero nunca atopo nada) dei coa imaxe que buscaba. Era a dun colgante chamado aderezo ou colgante tipo sapo, que se empregaba e emprega cos traxes de gala tradicionais en Galicia.

Aderezo galego, século XIX-XX, prata sobredorada, Museo Sorolla, Madrid. Foto: Susana Vicente Galende

Aderezo do Museo Arqueolóxico de Ourense

Pois no aderezo do século XVIII que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ou no que se garda no Museo Sorolla, en Madrid, aparecen empregados eses mesmo elementos que eu vira nas pezas etruscas. Refírome ás amorias, as rosetas de arame en resorte que podedes ver no detalle da foto (editado: ver P.P.S. ao final da entrada). Imaxino que seguramente aparecerán empregadas en moitos máis sitios, pero son tan humildes, que non sempre se repara nelas. 



E claro, inmediatamente quedei prendada desa peciña capaz de navegar séculos, culturas e xeografías. Decidín probar a facela e, xa postos, quixen que fora a única protagonista. Así naceu este anel. Igual vou e o enterro nun campo por aí, por se dentro duns séculos alguén o atopa ;)




P.S.: os pendentes a xogo xa están en marcha ;)
P.P.S.: Susi Gesto (que é o entusiasmo pola creación de beleza en estado puro, e podedes ver a súa páxina facendo clic aquí) díxome algo marabilloso para min e que eu non sabía: que estes elementos (o resorte con boliña no medio) acostuman a se chamar "amorias". E iso fáiseme tan lindo...

jueves, 7 de marzo de 2013

Ganchos de pendentes: variacións - Earring Hooks: Some Variations

Á hora de escoller o gancho para un pendente, para min un dos factores máis importantes é o material en que estea feito. Na actualidade hai tantas alerxias que hai que ser especialmente coidadosos, e sobre todo neste caso, porque os ganchos dos pendentes son, á fin, anacos de metal introducidos na pel. Como a min a prata me produce alerxia, gústame facelos en aceiro, un dos metais que menor reacción alérxica producen. Pois hoxe quero ensinarvos algunhas das variacións de ganchos que facemos. Lembrade que cando nos encargades uns pendentes, podedes escoller o modelo de gancho que vos resulte máis atractivo. Graciñas polas vosas visitas, sempre é un pracer tervos por aquí!


   

 



sábado, 2 de marzo de 2013

Temos gañador! - We have a Winner!

Menos dun día tardou Juan O. en acertar o título do libro. Temos espectacular gañador!!! Os meus mellores parabéns, porque verdadeiramente non era tan fácil. Tratábase de As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro, un escritor galego do século pasado. O mundo máxico deste autor acompáñanos nunha deliciosa e divertidísima narración da viaxe dun sochantre a Quelven en compañía de mortos e vivos. O finísimo humor de Cunqueiro na súa máxima expresión: no libro hai cabalos pastando violetas, damas coma douradas espigas de trigo turanés, demos vacantes e cabaleiros amigos de Voltaire que escribían sobre terremotos.




En breve farémoslle chegar o seu premio a Juan O. e queremos agradecer moi especialmente o entusiasmo de todas as persoas que participaron, sobre todo a través de facebook. Graciñas a todos!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...