jueves, 31 de marzo de 2011

Pulseira Europa 4-1 Bracelet

Clásico: Que polas súas características se considera entre os máis importantes e representativos do seu xénero. Fonte: Diccionario da Real Academia galega. Classical: (of a form of art or a language) representing an exemplary standard within a traditional and long-established form or style. Source: Wordreference. 

Un clásico (pulseira en malla Europa 4-1) pensado desde a actualidade (en dúas tonalidades de cobre esmaltado e aceiro). 
Rethinking one of the most classic chainmaille issues: an Europe 4-1 bracelet made out of two tones of enameled copper and stainless steel wire).






martes, 29 de marzo de 2011

Flores - Flowers

A primavera está aí mesmiño, pero estes días aquí chove e o mundo ten cara de invernía. Polo tanto, poñamos (aínda máis) flores nas nosas vidas:
Spring is there, but here, this week was as rainy and cold as in winter time. So, let's add some flowers  (even more flowers) to our lives:



domingo, 27 de marzo de 2011

Conxunto de cobre - Copper set


Conxunto de colgante e pendentes feito en cobre esmaltado e aluminio. A piques estivo de quedar só en colgante, porque aínda que non o pareza, os pendentes fóronme moito máis difíciles de facer que o colgante. Aiiii... cantos proxectos de pendentes acaban sendo só colgantes por non ter que facer o segundo igual.... ;)
Pendant and earrings set, enameled copper and aluminium. It almost turned to to be only a pendant, because the earrings were extraordinarily difficult to make, much more complicated than the pendant. Do you know how many earring projects end up being only pendants? ;)









sábado, 26 de marzo de 2011

Envolvendo arame - It is a wrap

Este é un conxunto de pendentes e gargantilla en aceiro, cordón de algodón e mais pequenos granates, que vos aseguro que están moito máis lindos na realidade. Non sei por que, pero a cámara négase a retratar decentemente todo o que é de cor granate ou berenxena (vale, poida que non sexa cousa da máquina, senón da "maquinista"... Admito e agradezo todo tipo de suxestións sobre como fotografar os tons escarlatas, jajajaa). Pero vaia, espero que vos sirva para vos facer unha idea e mais para facer ganas de vir ver este conxunto en vivo e moitas máis cousas o próximo martes no Mercado entre Lusco e Fusco de Santiago de Compostela.

Set of steel choker and earrings with little garnets (they look much nicier in person). I do not know why, but my camera refuses absolutely to photograph deep red tonalities properly (ok, maybe it is not machine's fault, maybe it is mine... I would love to hear any suggestion or comment about how to photograph deep reds and maroons!!). Anyway, next Tuesday you can see this set and many other things by yourselves in the Mercado entre Lusco e Fusco en Santiago de Compostela.



miércoles, 23 de marzo de 2011

Pulseira - Jens Pind Linkage - Bracelet

 A Jens Pind Linkage pertence á familia das tramas espirais, é un dos meus tecidos de malla favoritos. Fixen esta pulseira de cobre para facer xogo cunha gargantilla que xa rematara hai uns días e da que vos ensinarei a foto en canto a tope no medio do caos do meu ordenata:
Jens Pind is a very tight spiral weave and one of my absolute favourites. I made this copper bracelet to match a choker that I have finished some days ago.



lunes, 21 de marzo de 2011

Súper lúa - Supermoon


Sabedes que este sábado pasado, o 19 de marzo, produciuse un fenómeno chamado súper lúa, que non volverá acontecer de xeito tan extremo ate 0 14 de novembro de 2016? Chámaselle súper lúa a unha lúa chea que coincide co momento na que a Lúa se atopa no punto máis próximo á Terra da súa órbita. Como resultado, a Lúa vese máis grande e máis brillante. Por estas terras, o sábado pasado estaba unha noite preciosa que permitiu contemplar en todo o seu esplendor o fenómeno. O caso é que a Lúa estaba impresionante e case facía mal nos ollos mirar directamente para ela. Este colgante de alpaca foi a miña pequena reflexión sobre esa magnífica noite:
Did you know that last Saturday occurred something called extreme supermoon, that is not going to happen again until November 2016? A supermoon is a full moon that coincides with the closest approach by the Moon to the Earth. As a result, we see the Moon much bigger and shinier than usually. Here, last Saturday was a precious night and we could see the Moon in all its splendor. It was absolutely impressive and marvellous. This german silver pendant is my little reflection about that gorgeous night:




sábado, 19 de marzo de 2011

Cremalleiras - Zipper


Despois de estar estas últimas semanas traballando case sempre con aceiro, os meus dedos pedían un descanso e un tempo de recuperación, así que botei man dun material máis suave e unha técnica menos "agresiva": xogar coas cremalleiras. As cremalleiras son algo verdadeiramente sorprendente, sinxelas e cotiáns, pero dunha estética definitivamente carismática. Con todo, non hai tantísimo tempo que están entre nós, pois a súa patente data do 1917 (para ver máis sobre o peculiar desenvolvemento do invento, recoméndovos o interesante blog El tamiz).
After some weeks working mainly with steel, my fingers claimed for a rest. So, I grabbed a softer stuff and  chose a less harmful technique: sewing zippers. Zippers, patented in 1917, are somehow surprising with their common and simple, yet definitely charismatic aesthetics. Earlier in the year  I had been playing around with zipper bracelets, and this week  I finished three different designs.


Xa hai tempo que viña dándolle voltas a unhas pulseiras con cremalleiras e nestes días rematei tres deseños, todos dun estilo moi definido e pouco convencional. Esta é a mesma que vedes ao comezo da entrada:


Esta é a segunda:


E esta a terceira, moito máis estreita que as anteriores:



Tamén fixen dous pares de pendentes de aire moito máis clásico. Mesmo eu me sorprendín co resultado:
I also made two pais of earrings, in a more classical style than the bracelets. Even I was surprised with the results:




jueves, 17 de marzo de 2011

Serie Metalgami

Serie Metalgami: origami ou papiroflexia en metal. Hoxe ensínovos estes pendentes realizados en folla de estaño (sen chumbo).
Metalgami collection: origami (paper folding) with metal sheets. Here, earrings in pewter foil (lead-free).

martes, 15 de marzo de 2011

Puntas novas - New horseshoe nails


Nesta semana, por fin, rematamos de preparar a nova coleción de puntas de ferrar cabalos. Eu quedei verdadeiramente satisfeita con ela. Case todos os motivos son novos e os novos acabados fan que as puntas de ferro luzan aínda máis. Ensínovos unhas pulseiras xa montadas:
Finally,we finished this week the new horseshoe nails collection and I am very pleased with the results. Almost all motifs are brand new and the new finishing coats really enhance the beauty of the bended iron nails. I am going to show you some of the already assembled horseshoe nail braceletes:

Encordadas con algodón finiño With thin cotton cord:

Con algodón máis groso - Thicker cotton cord:

Ou con cinta de raso - or satin ribbon:

Podedes reservar o voso motivo preferido mandándonos un correo, pois évos unha "edición limitada" ;). Aínda hai máis modelos diferentes para pulseira, que irei poñendo en canto poida. Por agora, déixovos un avance dos colgantes...
You can reserve your favourite motifs by sending us an e-mail. Remember that our horseshoe nail creations are "limited editions" ;). There are still more motifs left, that I will try to upload as soon as possible. For now, here is a sneak peak of the new nail  pendants...


sábado, 12 de marzo de 2011

Divertementos - Just for fun

Complementos improvisados: o broche-arañeira para unha tarde no Mercado Entre Lusco e Fusco, e os pendentes, para alguén que aquela noitiña non quería pasar inadvertida:
Improvised accessoires: spiderweb brooch for a local biosensitive market, and earrings for someone who did not want to go unnoticed that evening:


 




jueves, 10 de marzo de 2011

Pulseira de malla xaponesa - Japanese weave

Esta é unha pulseira en malla xaponesa, feita con arandelas de cobre esmaltado e mais de neopreno. Como o neopreno dá de si, non precisa pecho e resulta moi cómoda de poñer e quitar. A ver se vos gusta...

Chainmaille bracelet in Japanese weave. It is made out of enameled copper and neoprene rings. Neoprene rings are stretchy and that is why the bracelet does not need a clasp, making it very easy to put on and take off. Hope you like it...


 


martes, 8 de marzo de 2011

Medias mandalas - Half Mandala

Catro mandalas. Fonte: Wikimedia Commons
 
Mandala é unha palabra en sánscrito que significa círculo. O nome mandala aplícase a formas xeométricas concéntricas que lembran a unha flor e que posúen un profundo significado no budismo e mais no hinduísmo. 

As mandalas de metal son unha poderosa ferramenta de meditación nestas tradicións. Coas diferentes formas que a figura adopta ao movela, evócase a transformación constante do universo. 

Mandala is the sanscrit word for circle. Mandalas are concentric geometrical forms that remind a flower and that have a deep meaning in the Hindu and Buddist religious traditions. Wire Mandalas are powerful meditation tools. The different shapes that you can get out of the basic shape evoke the constant transformation of the universe.


Sempre me sentín fascinada pola súa fermosísima xeometría, pero como unicamente pretendo recrear a beleza das mandalas, decidín facer só medias mandalas, deixando o deseño orixinal para quen desexe empregalo como medio de meditación. 

As mandalas completas teñen moitas posicións (ate 35). As medias mandalas teñen menos, pero aínda así permiten xogar co movemento e variar a forma do colgante.

I have been always fascinated by their amazing geometry. But as I only intend to recreate their beauty, I decided to create only half Mandalas, leaving the original design for those who use these shapes as a tool for meditation. Full mandalas can acquire many positions (up to 35!). Half Mandalas have less possibilities, but you can still play with their movement and change the shape of your pendant.

 Este é o resultado coa mandala aberta:




E así con diferentes maneiras de as pechar:




 




lunes, 7 de marzo de 2011

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...