lunes, 27 de febrero de 2012

Gañadora do xogo - Contest winner

Pois a gañadora da adiviña do mes, sobre con que material estaba feito o anel en forma de rosa, Pi Anatob, que acertou a través de facebook, xa recibiu o seu premio e nos enviou unha foto do ben que lle quedaba. De novo graciñas a todos por participar, é divertido grazas a vós ;). Esta é a foto que nos enviou Pi:

The winner of our february contest, Pi, send us a pic of the ring she won playing with us. Take a look:





Pois xa estamos a pensar no próximo xogo (que vai haber que poñelo máis difícil, que sodes moi listas ;), pero agora mesmo, o que me fai máis ilusión, e que en dous días vou comezar a presentarvos a nova serie de pendentes na que estiven a traballar este inverno. É unha serie en principio pechada, formada por doce modelos de pendentes, onde cada un ten un sentido especial e un papel dentro desa serie. Para min foi coma se se estivese a establecer un diálogo entre os distintos deseños, sempre dentro do proceso de elaboración dunha liña estética moi definida, con influencias e intencións ben manifestas. Só espero que vos guste tanto como me satisfixo a min...

In a couple of days I will be presenting all of you the new earring series I have been working on during winter. The series is formed by twelve designs, each one carrying his own special meaning and his own contribution to the overall aesthetic intention of the series. I hope you will like it ;)

jueves, 23 de febrero de 2012

Pratería de Compostela - Silver and Jetwork in Santiago de Compostela

Non sei se xa volo mencionei algunha vez, pero eu son de Santiago de Compostela. E hoxe queríavos falar un pouquiño da tradición da pratería de Santiago, sobre todo para os que nunca tivestes a oportunidade de ver algunha mostra deste estilo.

Santiago, como meta dunha das rutas de peregrinación máis importantes da cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén, foi dende a Idade Media un centro de recolleita e asimilación de moitas tradicións culturais. Unha das artes que dende o século XIII floreceron na cidade foi a ourivería, ao amparo dos encargos das moitas institucións relixiosas da cidade. Xa nesta Idade Media destacaba o traballo compostelán do ouro, aínda que andando os séculos foise centrando no emprego do acibeche e a prata. Non en van, unha das rúas que levan á catedral se chama Acibechería, e unha das prazas que ten arredor, Praza da Praterías.




Neste século pasado, importantes artistas prateiros mantiveron esa tradición, consolidando o peculiar estilo santiagués do traballo da filigrana de prata, agora xa maioritariamente no eido da xoiería. Foron mestres artesáns coma Eloy Gesto, Fernando Mayer, Ramón Gonzalez, Moncho Requeixo, Ricardo Rivas e outros moitos.


Leo Gesto



Xoiería Mayer


O traballo destes artistas caracterízase polo emprego da filigrana de prata con formas barrocas, que se contrarresta coa sobriedade do negro profundo do acibeche. É casi xoiería en branco e negro, con poucas concesións, únicamente ás veces esa inesperada pincelada de cor do coral. Eu, persoalmente, non coñezo estilo máis elegante en xoiería.

Eloy Gesto


Afortunadamente, xa neste século, esa tradición continúa co traballo impecable de novos artistas, que sen perder a esencia estética da pratería compostelán, elaboran novas pezas incorporando tendencias acordes ao gusto actual.


Eloy Gesto


Susi Gesto


Espero que vos gusten tanto como me gustan a min!

As fotos desta entrada son propiedade dos distintos autores. Agradecementos: Xoiería Mayer (Santiago), Susi Gesto e Xoiería Taaroa (Sigüeiro).














lunes, 20 de febrero de 2012

Colar en malla de cobre - Chainmaille Copper Necklace

Pois aquí estamos unha semana máis, enredados en arames, facendo mil cousas ao mesmo tempo e coa cabeza en moitos asuntos, algúns imaxinarios e outros non tanto ;) Pero sexa como sexa, non pasa da próxima semana que vos presente a miña nova serie de pendentes.

Mentres preparamos esa presentación, quérovos ensinar hoxe un colar de malla de cobre que xa fixen hai un par de meses. Emprega trama Europa 4-1 e cadeas 1-1 para compoñer un deseño de estilo moi victorián, que resultando elegantísimo, segue a ser unha peza espectacular que chama a atención. Xulgade vos mesmo e decídesme que vos parece ;)











Xa non me lembraba, este colar viuse na TVG hai unhas semanas no programa A Solaina, que nos viñeron visitar ao Mercado Entre Lusco e Fusco, e a xornalista quedou fascinada con el. A ver se nestes días busco que día concreto que viñeron e vos poño a ligazón do vídeo onde aparece o colar!








A chaqueta é de Zara, o colar, de Asuntos Imaxinarios

miércoles, 15 de febrero de 2012

Anel de trastes - Upcycled Fret Wire Ring





Adiviña resolta!


Primeiro que nada, quero agradecer a participación de todas as persoas que responderon ao reto con incrible imaxinación e entusiasmo, sobre todo a través de facebook. E en pouco máis dun día (ledes ben, pouco máis dun día), apareceu unha resposta acertada, e, polo tanto temos nova gañadora do xogo de adiviñar. Trátase de Pi, que acertou a través de facebook, respondendo que era "o metal onde se apoian as cordas dos instrumentos musicais", e a quen lle enviarei nos próximos días o seu anel correspondente. E, efectivamente, iso era o material secreto, arame de trastes. É un arame con sección en T, no que a parte con puntiños vai incrustada na madeira e a parte redondeada sobresae para que se poida premer as cordas contra ela. Mirade, é este:






Aquí podedes velo no seu uso normal. Trátase desas pequenas pezas metálicas do mastro da guitarra:



Fonte: Wikimedia Commons


Para min, a conclusión máis importante de todo isto, é que é posible crear beleza con materiais inesperados, mesmo cos máis humildes. Trátase de soltar a imaxinación, de que o valor material non teña sempre que superar ao valor estético, de que asimilemos que non debemos ter cos obxectos que nos rodean unha relación de usar e tirar, que hai máis vida útil despois da vida útil, e que sempre hai que intentar aplicar a reutilización, o upcycling e mesmo o downcycling antes da reciclaxe.





E, coma sempre, o máis chistoso destes retos, é que grazas a todos os que participastes, agora temos unha boa lista de materiais que se poderían empregar para facer aneis. Todas as incribles suxestións están recollidas nunha nota do facebook de Asuntos Imaxinarios, pero nos próximos días contareivos neste espazo o milloriño das ideas achegadas por vós ;). Pois o dito, que graciñas a todos por colaborar con tanto sentido do humor, e que vos agardo en próximos retos!!

domingo, 12 de febrero de 2012

Xogamos de novo? - Let's Play Again

Como parece que tanto a vós como a min nos divertiu o xogo de adiviñar para que servían os mouchos, propóñovos unha nova adiviña...

Esta vez trátase de dicir con que material están feitos estes aneis, e non me refiro á aliaxe nin nada polo estilo. Seguindo co principio da reciclaxe e do "upcycling", están feitos cun tipo de "arame" que normalmente se emprega para algo completamente diferente. E aí está a cuestión... Cal é o uso normal deste material?

Como premio, o gañador ou gañadora recibirá na súa casa, de xeito gratuíto a calquera parte da península Ibérica, un destes aneis, o que prefira (ou un parecido na talla axeitada).


Normas de participación:


- Non hai normas. Este non é un concurso serio, só un divertimento. Non hai condicións para participar, nin límite de propostas, nin nada de nada. Agradécese a difusión, pero non é un requisito.

- Podedes tomar parte a través desta páxina, ou no noso facebook. Se comentades aquí sen ter unha conta en Google, por favor, deixade un enderezo de correo electrónico para poñernos en contacto con vós, porque o premio si que é serio, e si que volo enviaremos por correo en canto teñamos gañador.

- Imos poñer unha semana para resolver o enigma, ate o próximo domingo.

- O primeiro que acerte, leva o premio. Se nunha semana ninguén adiviña concretamente (ten que ser moi concretamente) que é este material, eu á miña bola decidirei a proposta que me resulte máis simpática ou descabellada, e esa será a premiada.

- Aos que eu en persoa xa lle teña dito con que están feitos, quedades excluídos do xogo. E téñovos controlados, amigos ;)

Let's play again. This time you have to guess what kind of material was used to make this rings. If your guess is right, you will win one of these rings, the one you like the best, and I will send you for free (Spain and Portugal only). You can make as many guesses as you want, and if no one finds the right answer, in a week I will pick up the (for me) funniest answer, and this will be the winner. If you do not have a Google account, please leave an email adress.


Participades? Pois estes son os aneis:



A adiviña vai polo metal prateado groso, o finiño é cobre ;)










viernes, 10 de febrero de 2012

Brazalete con ollo - Eyed Bangle

Xa hai tempo que tiña gañas de compartir con vós este brazalete. É unha desas pezas para as ocasións, porque resulta moi espectacular. Está realizado con cobre esmaltado, arame recuberto en negro, unha doa negra de vidro e... unha arandela das de ferretería de toda a vida, neste caso esmaltada en azul. Leva un traballo minucioso, pero o resultado compensou as horas que botei nel. Poucas veces o expoño, (creo que é porque en realidade o quero para min;), pero algunha vez que o fixen parecía que pedise quitar todo o que houbera arredor, porque o brazalete é verdadeiramente cativador.

E contaríavos máis cousas, pero Chomsky (aka Panchita), non está disposta a renunciar ao meu colo, e así évos moi complicado escribir. As da foto somos nós as dúas intentando redactar esta entrada;).

Ah, graciñas a S., que me trouxo este ollo turco dunha das súas viaxes e que hoxe empreguei para facer estas fotos tan "picassianas". E nada, que espero que vos guste o brazalete e que teñades un fin de semana estupendo!




















Chomsky e D.

lunes, 6 de febrero de 2012

Pulseira en malla de aceiro - Chainmaille Steel Bracelet


Hoxe tráiovos esta pulseira elaborada en aceiro inoxidable (con máis de cen elos cortados e acabados a man por min), cunha base de trama de malla Europa 4-1-. É unha variación do modelo de portada do volume 3, número 4 da revista americana Step by Step Wire Jewelry, publicación que non vos podedes perder se vos interesan os traballos de xoiaría ou bixutaría con fíos metálicos.

Nesta pulseira foi a primeira vez que empreguei un peche en T, e, aínda que o facía con pouca confianza, quedei bastante contenta do resultado. Pois nada, espero que vos guste (poida que non o pareza, per o doume un traballiño bárbaro fotografar esta pulseira) e agradezo de antemán os vosos comentarios, sempre amables de máis ;)


Stainless steel bracelet, with over one hundred rings (cut and finished by hand by me) in a Europe 4-1 chain. It is a variation of the model cover of volume 3, number 4 of the magazine Step by Step Wire Jewelry. I hope you like it (it was particularly difficult to photograph) and I thank you all beforehand for your always too kind comments!














viernes, 3 de febrero de 2012

Unha bolboreta para Leonore - Eine Schmetterling für Leonore

Leonore vive lonxe ao norte, con W. e os seus animais. A Leonore gústanlle as bolboretas. Ate alí mándolle un abrazo con bolboreta!

Leonore lebt weit im Norden mit W. und ihren Tieren. Leonore mag Schmetterlingen. Möge diese Reissverschluss Schmetterling meine herzliche Grüsse an Sie mittragen!









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...