Volvendo do mercado do festival Reperkusión en Allariz a semana pasada, aproveitamos para facer un pouco de turismo pola provincia de Ourense, co que unha viaxe que leva pouco máis de dúas horas, a nós levounos dous días! Asegúrovos que pagou a pena e teríame gustado poder alongar o percorrido aínda un pouco máis. Déixovos unhas mostras de cousas grandes e pequenas que me emocionaron.
O entrelazo na colexiata de Xunqueira de Ambía:
Os lobos e aves devora-homes de Allariz:
Os canóns do Sil:
A pedra e o mármore galego de San Estevo de Ribas de Miño:
E, como non, a chamada "viticultura heroica" das ribeiras do Sil (o que hai plantado son vides e para que vos fagades unha idea do tamaño, a "cinta" gris da parte superior da foto, é a estrada):