viernes, 30 de marzo de 2012

Xogando co arame - Playing with Wire

Os experimentos do fin de semana pasado non deron froito ningún, nada ensinable, polo menos! Non sempre os resultados son exitosos, pero dos fracasos tamén se saca información interesante!

E falando de experimentos, queríavos ensinar os primeiros experimentos feitos seguindo un estupendo titorial de The Angsty Artist (a ligazón é esta). Se mirades o seu paso a paso, veredes que non me quedou exactamente coma o dela, por dicilo suavemente ;) A verdade é que só quería ver se me saía, e non me molestei moito en lle deixar un acabado moi perfeccionado:










E póñovos esta foto, para que vexades de que tamaño estamos a falar... (a mazá era das pequenas):





Se vos animades a probar, recoméndovos seriamente seguir o titorial de The Angsty Artist atentamente. No meu segundo intento, como xa me sentía máis confiada, púxenme a facer o cestiño de aceiro sen mirar as instrucións, e claro, non me saiu ben. É moi importante a dirección na que se fan as espirais, senón non cadra a tapa co cesto! Isto foi o que me sucedeu a min, e agora xa non ten máis amaño que lle facer unha nova tapa e/ou un novo cesto!







Cambiando de tema, este fin de semana podedes virnos facer unha visita a Sigüeiro, onde tomaremos parte no VII Rastrillo de Oportunidades ACES. Estaremos alí todo o sábado e mais todo o domingo, co que tendes unha chea de ocasións para vir botar unha ollada a todas as cousas e actividades que se van facer aló!





Trying new techniques is always fun, and following the wonderful free tutorial from The Angsty Artist (link here) I have been making my first attempts at wire basket weaving. Yes, mine does not look exactly like hers ;) Well, the copper basket is not so terrible for a first try, right? The steel basket is the second one, and, by the way, the first failure ;) If you try the tutorial, please follow carefully the instructions, paying special attention to the direction of the spirals... otherwise you will end up like me, with unmatching lid&basket!!!

lunes, 26 de marzo de 2012

Entradiña breve sobre o titorial- Very Short Post on free tutorial

Os novos (ou antigos) seguidores que desexedes recibir por e-mail o titorial de ganchos para brinquedos, por favor, deixádeme un aviso, que Blogger anda a facer raros e non me entero de quen son os novos seguidores! Graciñas e desculpade a molestia!

Por favor, los nuevos seguidores (o antiguos) que deseéis recibir por e-mail el tutorial de ganchos para pendientes, dejadme un comentario avisándome, que Blogger me está haciendo cosas raras y no puedo ver cuáles son los nuevos suscritores! Gracias y perdonad la molestia!




New and old followers wanting to receive in their e-mail the tutorial on how to make earring wires (it is written in spanish, but it has a lot of pictures!), please leave me a comment. I am having troubles with Blogger and I can not figure out who the new followers are! Thank you!

sábado, 24 de marzo de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS V - CLÁSICAS Earrings V

Fin de semana unha vez máis... Ultimamente sempre ando a adicar algún tempo do finde a facer, digamos, "manualidades", non sempre relacionadas coa creación de bixutería. Para esta tarde teño unhas tarefas que envolven metacrilato, máquina de coser, torniquetas... Se sae algo de aí, xa volo ensinarei, senón, calarei cal bricolaxeira fracasada ;). Aiii... a culpa tena a rede, que hai demasiadas ideas fantásticas por aí, e eu non podo evitar intentar algunhas!


Volvendo ao tema do "adorno persoal", hoxe tráiovos é o quinto modelo da serie CLÁSICAS. Asegúrovos que son tan favorecedores, que simplemente, estás máis guapa con eles que sen eles! Están realizados en aceiro inoxidable, rocalla negra e doas de vidro das que se empregan no adorno do traxe tradicional. Coma sempre, espero que vos gusten!











It was very pleasant (and I am really grateful) reading yesterday Michele's comment on the last post. I thaught no one was reading my english translations! Well, actually thit is not true, but since it's kinda complicated for me to write in english I told myself no one was interested on it! So, if you forgive my mistakes, I promise I will try, at least, to sum up the posts in english. Thank you all for spending some time here around!

I am having very "crafty" weekends lately. It is Internet's fault: there are too many amazing ideas out there, and I can help out trying some of them! For today I have a project that includes
methacrylate, sewing machine, C clamps... I'll show you, if anything comes out of there... Returning to "personal adornment" issues, today I am showing you the fifth earrings of the CLÁSICAS collection, the series of twelve earrings that I have prepared this winter. They are really flattering! They are made of stainless steel, and glass beads. Hope you like it!

miércoles, 21 de marzo de 2012

Serie CLÁSICAS IV - CLÁSICAS Earrings IV

Pendentes para estar guapa

Comezou a primavera, e comeza a tempada de mercados... Na cabeza ando cun baile de datas, lugares, contactos... Cando xa estás metido nesa voráxine, xa parece que vai todo un pouco rodado, pero cando ves a de preparativos que hai que facer para a tempada... uf, a min sempre me da un pouco de vertixe. Ademais, este ano estreamos mesa nova para o posto e aínda hai unha chea de cousas por decidir... O caso é que entre unha cousa e outra, ando xa toda estresada e, coma sempre, éntranme as dúbidas todas sobre se paga a pena meterse nestas complicacións... E isto, cando aínda non temos motivos reais de apuro...

Pero vaia, por outro lado, faime ilusión participar nas mostras e mercados, porque me dá a oportunidade de expoñer en vivo os traballos preparados durante o inverno, e este ano sinto unha ilusión especial por presentar a serie de pendentes CLÁSICAS, da que hoxe vos quero mostrar un novo modelo. A verdade é que todos os pendentes desta serie, ademais de que se consideren bonitos e elegantes ou non, todos teñen algo en común: sentan ben. Quedan tan ben, que sinxelamente estás máis guapa con eles! E esta é a razón de que me apeteza tanto ensinalos ao vivo!

Neste caso, coma no modelo SALI, tamén hai dúas versións dun concepto moi semellante. A primeira, é unha filigrana realizada en aceiro inoxidable e rocalla:












E agora a segunda versión, que é dun tamaño un pouco máis pequeno que os anteriores, e está feita en cobre chapado (se ampliades a foto, podedes ver nas cabezas de corte dos arames a cor rosada do cobre) e mais rocalla negra. Espero que vos gusten, e lembrade que podedes adquirir estes pendentes mandándome un e-mail a asuntosimaxinarios@gmail.com






domingo, 18 de marzo de 2012

Broche de botóns - Button Brooch

Estou a ter un fin de semana un pouco "crafty", en parte, porque, por fin CHOVE! E cando chove, dá gusto quedar na casa e sentir a auga a bater nos cristais...

Pois este sábado, estaba a buscar un xeito de facer un broche sinxelo, porque para esta semana quería ter algo de cor vermella para poñer nunha chaqueta, e de súpeto, lembreime dun titorial de Craftypod que vira tempo atrás na rede (está aquí). E víñame perfecto, porque quería algo simple e ademais non me quería complicar buscando materiais. Como este era un broche de botóns, estaba completamente segura de que debía ter varios botóns colorados no meu bote de botóns (que xa debe pesar un quilo como mínimo)! E así era. O broche é facilísimo de facer e tardase moi pouquiño.

Aínda que non seguín o titorial da creadora para facelo, si busquei un efecto estético parecido e creo que me quedou bastante simpático. A ver se vos gusta o resultado!





jueves, 15 de marzo de 2012

Serie CLÁSICAS III, modelo Sali - CLÁSICAS Series III, Sali Earrings

Hai tanto que facer e tan pouco tempo! A verdade é que nestes días, entre unha cousa e outra, non teño moito tempo para lle adicar ao blog. estamos a preparar novidades interesantes, pero aínda vai haber que agardar un pouquiño.

Xa tiña ganas de vos ensinar o terceiro modelo da serie CLÁSICAS. Neste caso, son uns pendentes un pouco máis desenfadados, pero igualmente elegantes e moi favorecedores. Están feitos en aceiro inoxidable e cobre, e son moi lixeiros. Espero que os gusten!







viernes, 9 de marzo de 2012

Regalo de benvida! - Welcome Gift

Si, regalo de bienvenida!!!! He preparado un regalito de bienvenida durante el mes de marzo, para los nuevos suscritores de mi blog (y los antiguos que lo quieran, por supuesto). Consiste en un tutorial en castellano, súper detallado, con un montón de fotos y con todos mis trucos para hacer ganchos para pendientes con alambre. Ya sé que muchos de vosotros sabéis hacerlos, pero siempre puede ser curioso ver cómo los hace otra persona ;). Es un archivo PDF (se abre con Acrobat Reader) y os lo enviaré de mil amores a vuestro correo electrónico si sois suscritores del blog y me dejáis un comentario de que os gustaría recibirlo. Si lo queréis y tenéis blog o web, no hace falta que me anotéis vuestro e-mail, que ya lo buscaré yo en vuestra página y así, de paso, os hago una visitilla. Pero si no tenéis cuenta en google, acordáos de decirme a qué dirección de e-mail queréis que lo envíe ;) Lo he preparado con todo mi cariño y espero que os resulte muy útil!!!




Nestas semanas pasadas, unha das cousas que estiven preparando foi un titorial sobre como facer ganchos de pendentes con arame de aceiro, prata, cobre... Ao final saíume un texto moi amplo e con un montón de fotos, polo que pensei que máis que subilo ao blog, podía ser unha boa idea preparalo en pdf e... ofrecelo como regalo aos novos subscritores, e, por suposto, aos máis antigos que así o desexen!!! En conclusión, durante o mes de marzo enviareille un PDF (en castelán) a novos e vellos subscritores do blog, con un paso a paso súper detallado de como facer ganchos para pendentes, con todos os meus trucos, suxestións, etc. Xa sei que moitos de vós sabedes de sobra como facelos, pero mesmo así, pode ser interesante ver como os fai outra persoa ;) Pois se sodes subscritores e queredes recibilo no voso correo electrónico, deixádeme un comentario aquí... Se tendes páxina ou blog, non fai falta que anotedes o voso mail, xa o busco eu na vosa páxina e así fágovos de paso unha visitiña. Se non tendes conta en google e queredes recibilo ides ter que me deixar un enderezo para que volo envíe ;) Apurade, que só o enviarei durante o mes de marzo! Pois espero que o desfrutedes e vos resulte moi útil!

lunes, 5 de marzo de 2012

Serie CLÁSICAS II - CLÁSICAS Earrings II

Ante todo, moitísimas grazas a todos polas vosas palabras, foi unha auténtica alegría a fantástica acollida que lle destes ao primeiro modelo da serie CLÁSICAS. Non é broma, traballei neles con moito cariño e que vos gustase significa moito para min, é a mellor recompensa!

E xa que vos gustou, aproveito para vos presentar o modelo II da serie. Aceiro, rocalla e amatistas. Para que máis?

Mil bicos e mil grazas por estar aí!








viernes, 2 de marzo de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS - CLÁSICAS Earrings

Hoxe quero presentarvos os primeiros pendentes da serie na que estiven a traballar este inverno. Titulei a serie CLÁSICAS, porque as pezas son a miña reelaboración das estéticas máis clásicas que influíron no deseño delas: a ourivería compostelá, a xoiería art decó e as xoias victorianas.

Case todos os modelos son pezas únicas e caracterízanse pola predominancia do prateado do aceiro e o negro da rocalla e o acibeche. Unicamente nalgúns modelos fixen unha concesión á cor co uso do violeta das amatistas, pero xa os iredes vendo. Espero que vos gusten tanto como a min me gustou deseñalos e facelos.









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...