Os experimentos do fin de semana pasado non deron froito ningún, nada ensinable, polo menos! Non sempre os resultados son exitosos, pero dos fracasos tamén se saca información interesante!
E falando de experimentos, queríavos ensinar os primeiros experimentos feitos seguindo un estupendo titorial de The Angsty Artist (a ligazón é esta). Se mirades o seu paso a paso, veredes que non me quedou exactamente coma o dela, por dicilo suavemente ;) A verdade é que só quería ver se me saía, e non me molestei moito en lle deixar un acabado moi perfeccionado:
E póñovos esta foto, para que vexades de que tamaño estamos a falar... (a mazá era das pequenas):
Se vos animades a probar, recoméndovos seriamente seguir o titorial de The Angsty Artist atentamente. No meu segundo intento, como xa me sentía máis confiada, púxenme a facer o cestiño de aceiro sen mirar as instrucións, e claro, non me saiu ben. É moi importante a dirección na que se fan as espirais, senón non cadra a tapa co cesto! Isto foi o que me sucedeu a min, e agora xa non ten máis amaño que lle facer unha nova tapa e/ou un novo cesto!
Cambiando de tema, este fin de semana podedes virnos facer unha visita a Sigüeiro, onde tomaremos parte no VII Rastrillo de Oportunidades ACES. Estaremos alí todo o sábado e mais todo o domingo, co que tendes unha chea de ocasións para vir botar unha ollada a todas as cousas e actividades que se van facer aló!
Trying new techniques is always fun, and following the wonderful free tutorial from The Angsty Artist (link here) I have been making my first attempts at wire basket weaving. Yes, mine does not look exactly like hers ;) Well, the copper basket is not so terrible for a first try, right? The steel basket is the second one, and, by the way, the first failure ;) If you try the tutorial, please follow carefully the instructions, paying special attention to the direction of the spirals... otherwise you will end up like me, with unmatching lid&basket!!!
2 comentarios:
ooooooohhhh que pena que non che saira o segundo...porque o primeiro quedouche xenial!!! Vou ver o tutorial jejej
Ostras que bonita que te ha quedadooooo! es una monada!!!! :D
Miauuuuubesitos guapa!
Publicar un comentario