viernes, 24 de julio de 2020
martes, 17 de marzo de 2015
miércoles, 12 de junio de 2013
viernes, 17 de mayo de 2013
Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant
Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
![]() |
| "Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750 |
Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.
Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.
![]() |
| Sapo galego, século XIX, prata sobredourada. |
Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto.
![]() |
| Susi Gesto, prata e acibeche. |
martes, 14 de mayo de 2013
jueves, 4 de abril de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
Colgante de cobre en foldforming - Foldforming Copper Pendant
jueves, 8 de noviembre de 2012
Colgante "bordado" - Let's Pretend We Are Sewing
Eu teño algo coa costura. Evócame sensacións familiares, dáme tenrura. E paréceme unha cousa moi sensata para facer coas mans... Pero por sumar unha contradición máis, nin sei coser ben, nin atopo momento para desfrutar de facelo.
Pero o metal sei e podo. Entón estiven ultimamente a facer nunhas pezas que recollesen estes afáns... Algo de cobre, algo de latón, limas, soldadura e unhas cantas cousas máis e "cosín"
You know I have a thing about sewing. But, unfortunately, I can not sew very well and can not find a way of enjoying this activity. However, it brings to my mind some very pleasant sensations and, somehow, I find sewing a very sensible activity ;) Having these thaughts in mind I have been working lately in some pieces that evoke sewing and embroidering. I hope you like this fake embroidery copper pendant and thank you all for stopping by!
lunes, 24 de septiembre de 2012
Amatistas, cobre e aceiro - Herringbone pendant
Cobre chapado, aceiro e amatistas. Cada elemento vai "tecido" a man. É laborioso e delicado, pero o resultado creo que paga a pena.
Herringbone pendant, made out of plated copper wire, stainles steel and amethysts.
miércoles, 15 de agosto de 2012
A serpentina, miña nai , etc. - Serpentine, my mother, etc.
Hoxe cumpro anos. Uns cantos xa. Non acostumo facer festa e, como eu non teño ningún recordo do día en cuestión, sempre penso que a quen habería que felicitar sería ás nais, quen si viviron a experiencia de xeito consciente.
Por isto hoxe parece bo día para vos ensinar este pequeno presente que fixen para miña nai. É un conxunto de anel, pendentes e colgante, feito en cobre, con detalles de prata e de ouro. As pedras son unhas serpentinas que ela mesma trouxo hai xa bastantes anos dunha viaxe a Irlanda.
Este é o colgante. Leva detalles en prata de lei e mide uns seis cm. A cadea tamén está feita por min elo a elo, e é bastante longa, aproximadamente tamaño ópera (por embaixo do peito).
Creo que onde máis loce a pedra é no anel, onde parece integrarse á perfección coa trenza de cobre. É unha pedra moi branda, e de feito, quedoulle unha pequena desigualdade na esquina superior dun dos brincos. Pero non tiña máis serpentinas: ou era esa ou non era ningunha.
lunes, 23 de julio de 2012
Moucho - Wirework Owl Pendant
lunes, 30 de abril de 2012
Un pequeno descanso - A Little Break
Con todo, teño que dicir que non son persoa de andar con moitas xoias enriba. Demasiado nerviosa para levar aneis e demasiado descoidada para levar pulseiras... Non levo pendentes porque nunca tiven burato nas orellas, e cos pendentes de clip teño o mesmo problema que con aneis e pulseiras. En consecuencia, o que mellor aguanto son os colgantes, digan o que digan as tendencias, que xa sabedes que levamos un par de anos de pescozos libres e parece que aínda nos quedan algúns máis.
Pois aquí vos deixo parte das pezas que de algún xeito máis se acomodaron a min. Querédesme dar a vosa opinión sobre cal preferides? Ou apetécevos ensinar os deseños que fixestes e dos que non vos puidestes desprender? Pois deixádeme un comentario, ou mandádeme un e-mail, e en canto estea de volta miramos de compartilo!
I have already told you that I was going to spend some days in Italy. I am leaving this week, and that means that I am not going to answer your mails or read your comments on this blog. Anyway, I promise I will be back as soon as I can! In the meantime, I would like to share with you a bunch of pics of jewelry pieces (all of them handmade by me), made with very different techniques and materials. They have only one thing in common: are some of the designs I kept for me over the years. I have to admit that I am not a jewelry-type of person: too nervous to wear rings and bracelets... I think I would be able to wear earrings, but I have never got my ears pierced... These are the reasons why you are going to see mostly pendants, although the fashion trends have been going in another direction for the past two years (oh, these naked necks, how sad they look...lol). Hope you enjoy the pics, and tell us wich one is your favourite! By the way, the pic under these lines is the only piece of jewelry that I am wearing while I write this. I think I would be ashamed, but it feels really comfortable ;) I hope you enjoy the next weeks and that I will find you here around again when I come back!
E para terminar, confésovos cal é a única cousa que levo enriba mentres escribo isto. Vergoña me debía de dar ;). Non sei como me acostumei a andar con esta tiriña de coiro con remaches, pero xa levo uns catro meses con ela, sen a sacar de enriba. Ai, que raras somos as persoas! Espero que pasedes uns días estupendos, e que sigades aí en canto poida voltar!
lunes, 5 de diciembre de 2011
Variacións celtas - Variations on Celtic Visions


jueves, 1 de diciembre de 2011
Colgante de cobre e estaño - Copper and Pewter Pendant


jueves, 17 de noviembre de 2011
Colgante sin concesións - No Concessions Pendant
No colour, no risky shapes: plain recurrent curves in silver wire.

sábado, 8 de octubre de 2011
Colgantes do verán- Summer Pendants
As modas, ás veces, tardan en chegar aos Fisterras, pero chegar chegan, e vanse metendo no noso inconsciente, a miúdo sen nós nos dar conta nin desexalo. E o caso é que ademais, despois tardan máis en se diluír que nos centros verdadeiros da creación de tendencias. Con todo iso, o máis probable é que que nos agarden aínda un par de tempadas moi pouco dadas aos colgantes. E eu síntovolo ben, que o pescozo é o único lugar onde soporto levar algo colgando...
All of us know that it is not a good time for necklaces or pendants. Do you remember all those nacked necks in Oscar ceremony, for example? My guess is that we are still going to have a couple of "necklace-free" seasons... However, there were some brave girls during summer who dared to swim against the tide and bought from me some necklaces and pendants. I would like to dedicate this post to them ;)
Pequena estrela de malla en cobre esmaltado. Enameled copper chainmaille star.

Colgante en espiral de cobre esmaltado e esmalte. Enameled copper and nail polish pendant.

E unha das poucas pezas que quedaban da serie Metal-gami, que xa coñecedes os que me seguides: origami (papiroflexia) en metal. And a pendant from my Metal-gami Collection, already known by my followers: origami whith metal sheets.
martes, 23 de agosto de 2011
Colgante Stepping Stones - Stepping Stones chainmaille pendant






