Non sei se xa volo mencionei algunha vez, pero eu son de Santiago de Compostela. E hoxe queríavos falar un pouquiño da tradición da pratería de Santiago, sobre todo para os que nunca tivestes a oportunidade de ver algunha mostra deste estilo.
Santiago, como meta dunha das rutas de peregrinación máis importantes da cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén, foi dende a Idade Media un centro de recolleita e asimilación de moitas tradicións culturais. Unha das artes que dende o século XIII floreceron na cidade foi a ourivería, ao amparo dos encargos das moitas institucións relixiosas da cidade. Xa nesta Idade Media destacaba o traballo compostelán do ouro, aínda que andando os séculos foise centrando no emprego do acibeche e a prata. Non en van, unha das rúas que levan á catedral se chama Acibechería, e unha das prazas que ten arredor, Praza da Praterías.

Neste século pasado, importantes artistas prateiros mantiveron esa tradición, consolidando o peculiar estilo santiagués do traballo da filigrana de prata, agora xa maioritariamente no eido da xoiería. Foron mestres artesáns coma Eloy Gesto, Fernando Mayer, Ramón Gonzalez, Moncho Requeixo, Ricardo Rivas e outros moitos.
Leo Gesto
Xoiería MayerO traballo destes artistas caracterízase polo emprego da filigrana de prata con formas barrocas, que se contrarresta coa sobriedade do negro profundo do acibeche. É casi xoiería en branco e negro, con poucas concesións, únicamente ás veces esa inesperada pincelada de cor do coral. Eu, persoalmente, non coñezo estilo máis elegante en xoiería.
Eloy GestoAfortunadamente, xa neste século, esa tradición continúa co traballo impecable de novos artistas, que sen perder a esencia estética da pratería compostelán, elaboran novas pezas incorporando tendencias acordes ao gusto actual.
Eloy Gesto
Susi GestoEspero que vos gusten tanto como me gustan a min!
As fotos desta entrada son propiedade dos distintos autores. Agradecementos:
Xoiería Mayer (Santiago), Susi Gesto e
Xoiería Taaroa (Sigüeiro).