Mostrando entradas con la etiqueta bixutería. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bixutería. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de julio de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS XI - CLÁSICAS Earrings XI

Imos co modelo número once desta serie de pendentes. Están feitos completamente a man en fío de aceiro. As doas son antigas, de vidro, das que empregaba miña aboa no primeiro cuarto do século pasado para adornar os traxes tradicionais.










These earrings are completely handmade out of stainless steel wire and old black glass beads.

lunes, 30 de abril de 2012

Un pequeno descanso - A Little Break

Xa vos comentei a semana pasada que me ía ir uns días de viaxe. Non sei exactamente cando volverei, pero ate daquela non estarei para atender a páxina nin os vosos correos. Para este tempo de pausa, pensei en deixarvos unhas fotos de pezas (todas feitas por min) nas máis diversas técnicas e materiais, e que só teñen unha única cousa en común: son so deseños dos que non tiven gañas de me desfacer, ou que se atoparon unha nova dona, acabei por facer unha versión para min. Noutras palabras: son algunhas das cousas que quixen conservar para min. Máis dunha vez estiven a lle dar voltas a como facer para lle preguntar ás compañeiras blogueiras que fan este tipo de cousas, cales son as pezas coas que verdadeiramente se quedaron. Como iso parece un pouco lioso de organizar, vou comezar por vos ensinar as miñas.

Con todo, teño que dicir que non son persoa de andar con moitas xoias enriba. Demasiado nerviosa para levar aneis e demasiado descoidada para levar pulseiras... Non levo pendentes porque nunca tiven burato nas orellas, e cos pendentes de clip teño o mesmo problema que con aneis e pulseiras. En consecuencia, o que mellor aguanto son os colgantes, digan o que digan as tendencias, que xa sabedes que levamos un par de anos de pescozos libres e parece que aínda nos quedan algúns máis.

Pois aquí vos deixo parte das pezas que de algún xeito máis se acomodaron a min. Querédesme dar a vosa opinión sobre cal preferides? Ou apetécevos ensinar os deseños que fixestes e dos que non vos puidestes desprender? Pois deixádeme un comentario, ou mandádeme un e-mail, e en canto estea de volta miramos de compartilo!














I have already told you that I was going to spend some days in Italy. I am leaving this week, and that means that I am not going to answer your mails or read your comments on this blog. Anyway, I promise I will be back as soon as I can! In the meantime, I would like to share with you a bunch of pics of jewelry pieces (all of them handmade by me), made with very different techniques and materials. They have only one thing in common: are some of the designs I kept for me over the years. I have to admit that I am not a jewelry-type of person: too nervous to wear rings and bracelets... I think I would be able to wear earrings, but I have never got my ears pierced... These are the reasons why you are going to see mostly pendants, although the fashion trends have been going in another direction for the past two years (oh, these naked necks, how sad they look...lol). Hope you enjoy the pics, and tell us wich one is your favourite! By the way, the pic under these lines is the only piece of jewelry that I am wearing while I write this. I think I would be ashamed, but it feels really comfortable ;) I hope you enjoy the next weeks and that I will find you here around again when I come back!


E para terminar, confésovos cal é a única cousa que levo enriba mentres escribo isto. Vergoña me debía de dar ;). Non sei como me acostumei a andar con esta tiriña de coiro con remaches, pero xa levo uns catro meses con ela, sen a sacar de enriba. Ai, que raras somos as persoas!  Espero que pasedes uns días estupendos, e que sigades aí en canto poida voltar!



miércoles, 15 de febrero de 2012

Anel de trastes - Upcycled Fret Wire Ring





Adiviña resolta!


Primeiro que nada, quero agradecer a participación de todas as persoas que responderon ao reto con incrible imaxinación e entusiasmo, sobre todo a través de facebook. E en pouco máis dun día (ledes ben, pouco máis dun día), apareceu unha resposta acertada, e, polo tanto temos nova gañadora do xogo de adiviñar. Trátase de Pi, que acertou a través de facebook, respondendo que era "o metal onde se apoian as cordas dos instrumentos musicais", e a quen lle enviarei nos próximos días o seu anel correspondente. E, efectivamente, iso era o material secreto, arame de trastes. É un arame con sección en T, no que a parte con puntiños vai incrustada na madeira e a parte redondeada sobresae para que se poida premer as cordas contra ela. Mirade, é este:






Aquí podedes velo no seu uso normal. Trátase desas pequenas pezas metálicas do mastro da guitarra:



Fonte: Wikimedia Commons


Para min, a conclusión máis importante de todo isto, é que é posible crear beleza con materiais inesperados, mesmo cos máis humildes. Trátase de soltar a imaxinación, de que o valor material non teña sempre que superar ao valor estético, de que asimilemos que non debemos ter cos obxectos que nos rodean unha relación de usar e tirar, que hai máis vida útil despois da vida útil, e que sempre hai que intentar aplicar a reutilización, o upcycling e mesmo o downcycling antes da reciclaxe.





E, coma sempre, o máis chistoso destes retos, é que grazas a todos os que participastes, agora temos unha boa lista de materiais que se poderían empregar para facer aneis. Todas as incribles suxestións están recollidas nunha nota do facebook de Asuntos Imaxinarios, pero nos próximos días contareivos neste espazo o milloriño das ideas achegadas por vós ;). Pois o dito, que graciñas a todos por colaborar con tanto sentido do humor, e que vos agardo en próximos retos!!

martes, 24 de enero de 2012

Pulseira e pendentes de la II - Wool bracelet and earrings II

Máis cousiñas de la para dar cor á friaxe que vai nestes días! Aínda que a verdade, paréceme que a primavera xa comeza a comezar... Hoxe vin por primeira vez gromiños novos nunha das plantas en maceta que teño na casa! Nas estradas, as mimosas están xa case a punto! Aínda é día ás seis e media da tarde! Hai ou non hai motivos para se alegrar? Caerá Manuel, caerá Megaupload e vaia saber vostede cantas cousas máis... pero os ciclos da vida continúan e iso só pode ser motivo de alegría!

Hoxe toca outro conxunto de pendentes e pulseira (podedes adquirilos por separado) con la fucsia e branca. A peza da pulseira vai montada sobre coiro negro groso e posta resulta extremadamente confortable e cálida. Espero que vos guste!

















martes, 8 de noviembre de 2011

Coiro para home - Leather bracelet

Hoxe quérovos ensinar unha pulseira un pouco diferente do que acostumo a facer. Trátase dunha pulseira feita por encargo: pedíronme unha pulseira de coiro para home, pero que non fose a típica pulseira de coiro, que tivese algo orixinal. Decidinme por lle introducir un no e unha plaquiña de alpaca e voilá... Á regaladora gustoulle moitísimo e espero que tamén lle gustara ao regalado!

Offtopic: Por certo, ten a súa gracia a coincidencia de estilo desta entrada (tíñaa dende a semana pasada) coa da compi Magic's World. Espero que a ela non lle moleste e eu recoméndovos moito visitar a súa páxina.





jueves, 17 de marzo de 2011

Serie Metalgami

Serie Metalgami: origami ou papiroflexia en metal. Hoxe ensínovos estes pendentes realizados en folla de estaño (sen chumbo).
Metalgami collection: origami (paper folding) with metal sheets. Here, earrings in pewter foil (lead-free).

martes, 22 de febrero de 2011

Pulseira de cobre - Copper wire bracelet

Pulseira realizada en fío de cobre esmaltado. Gústame moito este material, sobre todo pola súa cor e porque non precisa de limpeza (se acaso, unha pasada por auga cun xabrón suave para lle quitar o po, pero máis nada). Porén, resulta máis complicado de traballar que outras clases de fío metálico, porque é moi, moi fácil estragalo ao facer as curvas.

Unha vez rematada a peza, tendes unha pulseira fermosa e resistente, que non perde brillo nin cor, e que poden levar persoas con alerxias aos metais porque o verniz que cubre o metal evita o contacto directo coa pel.

Enameled copper wire bracelet. I love this material, mainly because of the beauty of its colour and because it does not require cleaning (well, ocassionally some water and soft soap in order to take dust particles away). On the other hand, it is more difficult to work with than other wires, because it is very very easy to damage the varnish coat at the time of shaping. When the piece is finished, you have a resistant and very nice looking bracelet, that does not lose shine or colour, and that can be worn by people with metal allergies, because the vernish coating prevents the direct contact of copper with the skin.




jueves, 17 de febrero de 2011

Xogando coa malla de neopreno - Playing with neoprene maille


Con elos de neopreno tamén se poden facer moitos tipos de cadeas. Xa vos ensinara aí atrás os colgantes feitos con unidades Nova. Se unicamente queremos empregar elos deste material, só podemos facer tramas que empreguen elos pechados. A alternativa é conxugalos con elos abertos de calquera outro material, co que se nos abre todo outro mundo de posibilidades.

Remexer cos elos de neopreno a ver que sae é moi entretido, sobre todo por dúas razóns: porque se pode facer e desfacer sen estragar o material e, moi a ter en consideración, porque non acaban doendo os dedos como adoita suceder ao traballar con metais.

O que vedes a continuación é unha pulseira moi sinxeliña feita con neopreno, cobre e aceiro. A malla chámase Cola de raposo e emprega só elos pechados, aínda que eu engadinlle uns elos de cobre e de aceiro para facer un pouquechiño de contraste.
Trama Cola de raposo - Foxtail weave

You can also make a lot of chainmaille weaves with neoprene rings. In past entries you can see some Nova unit pendants by me. If we only want to use neoprene rings we can only make closed rings based weaves. But if we mix neoprene rings with open jump rings, a world of possibilities opens up for us.
Playing with neoprene rings with no other goal than seeing what comes out turns out to be very funny, mainly because of two reasons: we can keep redoing as long as we wish without damaging the material, and, even more interesting, without getting our fingertips hurt.


What you see here is a very simple bracelet made out of neoprene. The weave is called Foxtail and it requires only solid (closed)  rings, although I have added copper and steel rings in order to provide some contrast. 



Cola de raposo dende arriba - Foxtail weave, upper view


E aquí xa podedes ver a pulseira rematada cuns cordóns de algodón e un peche de aceiro. The finished bracelet with cotton cord and stainless steel clasp.


martes, 15 de febrero de 2011

Colar azul, colar rosa - Pink necklace, blue necklace


Estes dous colares están realizados en fío de cobre esmaltado (1,3mm). Cada elo da cadea está feito e cortado a man. As diáfanas doas de vidro rosa e azul resaltan poderosamente dentro da espiral de cobre escuro que as rodea. Os dous colares son bastante longos (49 e 55 cm), pero pódeselle axustar o tamaño simplemente pechándoos nun elo anterior, converténdoos en medida princesa ou en gargantilla. O xogo complétase cuns pendentes sinxelos, pensados para iluminar o rostro sen roubar a atención. O resultado das pezas foi moi satisfactorio (as fotos non lle fan toda a xustiza), pois acadaron perfectamente a nosa intención: pezas moi espectaculares pero versátiles e con un toque informal.

These necklaces are made out of enameled copper wire (1.3mm). Each ring is coiled and cut by hand. The brightness of the blue and pink glass beads is enhanced by the dark copper spiral that encages them. Both necklaces are quite long (49 and 55cm), but they can be adjusted in lenght just by inserting the clasp through a preceding jump ring, transforming the matinee necklace in a princess size necklace or in a choker. The set is completed by a pair of simple earrings, designed to illuminate the face without stealing the attention from it. I am pretty happy with the result (the pics do not make justice to them), because they achieved perfectly our goal: spectacular, but casual and versatile necklaces.


O colar azul - The blue necklace (vendido -sold)



O colar rosa - The pink one (vendido - sold)


Pendentes rosa - Pink earrings (vendido -sold)

Pendentes azuis - Blue earrings (vendido - sold)

viernes, 4 de febrero de 2011

Formas sin complicacións - Keep it simple

Aceiro e rocalla - Stainless steel and glass beads

Ás veces, para min, a maior dificultade ao deseñar unha peza é a de non abusar: non abusar nos materias, nas formas, nas técnicas. En consecuencia, téñome que impor procesos depurativos que controlen os excesos causados polo entusiasmo e que vaian eliminando o superfluo. Fago, por así dicilo, viaxes de ida e volta, para, ao final, quedarme só con aquilo que resiste estas probas, e que, curiosamente, adoita coincidir co que buscaba dende un principio: a esencia. 
Sometimes, the most difficult issue regarding the design of jewelry is avoiding the risk of overdoing: overdoing materials, shapes and techniques. Therefore, refining processes must be adopted in order to keep under control my creative enthusiasm ;-) . It constitutes, so to say, a back and forth journey. And at the end of these journeys, when we are lucky, only remains what we were looking for from the very beginning: the essence.


Pendentes de unidade Moebius en cobre esmaltado: Moebius unit earrings, enameled copper wire:


Colgante en aceiro inoxidable e laca: Stainless steel and lacquer pendant:



Colgante con espirais, cobre esmaltado e laca: Spiral pendant, enameled copper and lacquer: (Vendido; sold)


Colgante de flor, cobre esmaltado: Flower pendant, enameled copper:

viernes, 21 de enero de 2011

Máis elos - More chainmail

Faltábanme por subir unhas fotos do traballo da semana pasada. Seguimos enredados na malla.
I still have some photos from last week's work. We are still hoked on maille!

Aquí, un colgante cunha variante da unidade Aura (non me invento eu os nomes das tramas, que conste; un día falaremos deles). Está feito con cobre esmaltado, aceiro, doas de vidro, e cordón de algodón. Posto está máis lindo que na foto...
Here, a necklace with an Aura-variant pendant, made in enameled copper, stainless steel, glass beads and cotton cord. The photo does not make justice to it, it looks much more amazing when you wear it..




Agora, unha pulseiriña ben sinxela, pero que queda espectacular posta. Son unidades Moebius en cadea de cobre e aceiro. O peche está tamén feito a man.



Now, a quite simple yet striking when worn bracelet. Enameled copper Moebius rosettes and stainless steel rings. Handmade clasp.








E, finalmente, outra pulseira, esta vez en cobre esmaltado e algo que lle chaman arame artístico (ven sendo cobre chapado). A trama é unha cadea bizantina, unha das mallas máis clásicas e elegantes. 
Another bracelet (Byzantine weave) out of enameled copper and artistic wire jump rings. Byzantine weave is one of the most clasical and elegant weaves.

domingo, 16 de enero de 2011

Ola

Comezamos este espazo para compartir con todos as nosas creacións. Espero que gostedes delas e da nosa compañía.

Hi everyone! We have made this space to share with you our creations. I hope you enjoy with us...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...