Mostrando entradas con la etiqueta conxuntos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conxuntos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de agosto de 2012

A serpentina, miña nai , etc. - Serpentine, my mother, etc.


Hoxe cumpro anos. Uns cantos xa. Non acostumo facer festa e, como eu non teño ningún recordo do día en cuestión, sempre penso que a quen habería que felicitar sería ás nais, quen si viviron a experiencia de xeito consciente.

Por isto hoxe parece bo día para vos ensinar este pequeno presente que fixen para miña nai. É un conxunto de anel, pendentes e colgante, feito en cobre, con detalles de prata e de ouro. As pedras son unhas serpentinas que ela mesma trouxo hai xa bastantes anos dunha viaxe a Irlanda. 

 

 
Este é o colgante. Leva detalles en prata de lei e mide uns seis cm. A cadea tamén está feita por min elo a elo, e é bastante longa, aproximadamente tamaño ópera (por embaixo do peito).
 


 



Creo que onde máis loce a pedra é no anel, onde parece integrarse á perfección coa trenza de cobre. É unha pedra moi branda, e de feito, quedoulle unha pequena desigualdade na esquina superior dun dos brincos. Pero non tiña máis serpentinas: ou era esa ou non era ningunha. 




Espero que vos guste (aínda que sexa a metade do que eu sei que lle gustou a ela), e graciñas a todos por vos pasar por aquí!
 
 Today is my birthday. I do not remember anuthing about that day, but my mother sure does. Mothers remember a lot of things! So maybe we should congratulate them as well. This is a set I made for her out of copper, silver, gold and some serpentine stones that my mother bought in Ireland many years ago.

domingo, 15 de mayo de 2011

Resorte de cobre - Copper coil

Parece que a entrada perdida quedou definitivamente abducida por blogger. Pois nada, a engadir máis ;). Hoxe quérovos ensinar outro conxunto en cobre esmaltado, esta vez feito con resortes dobres, é dicir, resortes feitos con resortes... Mellor védelo e decídesme que vos parece ;)
Seemengly, my lost entry was once for all abducted by blogger. Well, lets add some more ;). Today I want to share with you another enameled copper set, this time made with coiling techniques, or more precisely, with coiled coils... Please take a look...

A gargantilla, con cordón de algodón. Choker with cotton cord:








Os brincos, con gancho de aceiro inoxidable. Stainless steel earrings:






E a pulseira, tamén con algodón. Bracelet with cotton cord:


viernes, 6 de mayo de 2011

Conxunto en alpaca - Nest set

Seguimos ben atarefados preparando o evento de mañá en Redondela. Aínda que a maior parte das cousas quedaran preparadas dende o sábado pasado, sempre hai cousas que organizar, recolocar e repoñer. Alguén me dixo un día, con moita razón, que a un mercado de dous días hai que lle dedicar catro: un para empaquetar, dous para estar alí e outro para volver as cousas ao seu sitio. Menos mal que é bastante divertido tratar coa xente, que senón non compensaba o esforzo...

O caso é que mañá pola tarde e mais o domingo todo o día podédesnos vir ver á Alameda de Redondela, que nós estaremos encantados de vos coñecer ;) We are still very busy preparing tomorrow's event in Redondela. Almost everything is ready, but there are always things to reorganize or replace. Someone told me once that a two-day fair means a four-day work: one for packing things, two for being there and another one to put everything back in the right places. Luckily, dealing with people is a lot of fun for me, otherwise it would not be worth the effort... And by the way, I would be very pleased to meet you all, so, please, come and visit us on Saturday and Sunday at the Alameda in Redondela!

Seguindo a recuperar fotos de hai uns meses, hoxe tócalle a un conxunto de colgante e pendentes en forma de niño, feito con alpaca e granates. É unha desas pezas que nunca intentei repetir, porque ese aspecto de forma libre, resulta que é bastante traballoso de acadar... En realidade, o resultado paga a pena, porque o conxunto é verdadeiramente elegante e delicado. A ver se vos gusta...






This earrings and pendant set was made some months ago. The nest shape in german silver surrounds some nice garnets. I have never tried to make this piece again, because the seemingly easy free form out of german silver strips is actually pretty difficult to achive ... Anyway, the set is very elegant and delicate and maybe would be worth another try on it...




E este é o anel de aceiro que completa o conxunto: and here, the steel ring that completes the set:


jueves, 21 de abril de 2011

Colar e pendentes de cobre - Copper set

Conxunto de colar e pendentes en cobre esmaltado. Sempre menciono o cobre esmaltado e nunca explico o que é... Pois évos un cobre de entorno ao 99% de pureza (segundo a norma UNE 20 003) recuberto dunha capa de verniz sintético que protexe o cobre facendo que non mude a súa cor, conserve o brillo sen precisar limpeza e non manche a pel.

Necklace and earrings set made out of enameled copper wire. Enameled copper wire is a round 99% purity copper wire, covered with a thin coat of synthetic varnish, that protects copper avoiding rust and preserving its shine.











domingo, 27 de marzo de 2011

Conxunto de cobre - Copper set


Conxunto de colgante e pendentes feito en cobre esmaltado e aluminio. A piques estivo de quedar só en colgante, porque aínda que non o pareza, os pendentes fóronme moito máis difíciles de facer que o colgante. Aiiii... cantos proxectos de pendentes acaban sendo só colgantes por non ter que facer o segundo igual.... ;)
Pendant and earrings set, enameled copper and aluminium. It almost turned to to be only a pendant, because the earrings were extraordinarily difficult to make, much more complicated than the pendant. Do you know how many earring projects end up being only pendants? ;)









sábado, 26 de marzo de 2011

Envolvendo arame - It is a wrap

Este é un conxunto de pendentes e gargantilla en aceiro, cordón de algodón e mais pequenos granates, que vos aseguro que están moito máis lindos na realidade. Non sei por que, pero a cámara négase a retratar decentemente todo o que é de cor granate ou berenxena (vale, poida que non sexa cousa da máquina, senón da "maquinista"... Admito e agradezo todo tipo de suxestións sobre como fotografar os tons escarlatas, jajajaa). Pero vaia, espero que vos sirva para vos facer unha idea e mais para facer ganas de vir ver este conxunto en vivo e moitas máis cousas o próximo martes no Mercado entre Lusco e Fusco de Santiago de Compostela.

Set of steel choker and earrings with little garnets (they look much nicier in person). I do not know why, but my camera refuses absolutely to photograph deep red tonalities properly (ok, maybe it is not machine's fault, maybe it is mine... I would love to hear any suggestion or comment about how to photograph deep reds and maroons!!). Anyway, next Tuesday you can see this set and many other things by yourselves in the Mercado entre Lusco e Fusco en Santiago de Compostela.



martes, 15 de febrero de 2011

Colar azul, colar rosa - Pink necklace, blue necklace


Estes dous colares están realizados en fío de cobre esmaltado (1,3mm). Cada elo da cadea está feito e cortado a man. As diáfanas doas de vidro rosa e azul resaltan poderosamente dentro da espiral de cobre escuro que as rodea. Os dous colares son bastante longos (49 e 55 cm), pero pódeselle axustar o tamaño simplemente pechándoos nun elo anterior, converténdoos en medida princesa ou en gargantilla. O xogo complétase cuns pendentes sinxelos, pensados para iluminar o rostro sen roubar a atención. O resultado das pezas foi moi satisfactorio (as fotos non lle fan toda a xustiza), pois acadaron perfectamente a nosa intención: pezas moi espectaculares pero versátiles e con un toque informal.

These necklaces are made out of enameled copper wire (1.3mm). Each ring is coiled and cut by hand. The brightness of the blue and pink glass beads is enhanced by the dark copper spiral that encages them. Both necklaces are quite long (49 and 55cm), but they can be adjusted in lenght just by inserting the clasp through a preceding jump ring, transforming the matinee necklace in a princess size necklace or in a choker. The set is completed by a pair of simple earrings, designed to illuminate the face without stealing the attention from it. I am pretty happy with the result (the pics do not make justice to them), because they achieved perfectly our goal: spectacular, but casual and versatile necklaces.


O colar azul - The blue necklace (vendido -sold)



O colar rosa - The pink one (vendido - sold)


Pendentes rosa - Pink earrings (vendido -sold)

Pendentes azuis - Blue earrings (vendido - sold)

miércoles, 9 de febrero de 2011

Mellorando o presente: facer xoias con materiais inesperados - Upcycling: jewelry out of unexpected materials


Para crear obxectos fermosos non é imprescindible empregar materiais caros. O fundamental é a imaxinación. E nesta época na que todo parece de usar e tirar, non estaría de máis tomarnos un momento para reflexionar sobre a nosa relación coas cousas.

Non son demasiado amiga de etiquetas coma xoiería amigable co medio ambiente e cousas polo estilo, pero encántame o concepto do "upcycling" (ten difícil tradución, literalmente sería algo así coma supraciclaxe):  reaproveitar as cousas converténdoas en algo diferente e, se pode ser, en algo mellor. Pois eu estou definitivamente polo upcycling,  e non só no relacionado coa xoiería, senón en todos os aspectos do consumo (e mesmo da vida). Ademáis, gosto moito de buscar beleza en materiais e texturas que a miúdo nos pasan desapercibidos, e sobre todo, fascínanme as ilimitadas posibilidades de transformación das cousas e o reto que iso supón.

Déixovos uns exemplos de como empreguei eu materiais pouco convencionais en pendentes, pulseiras ou colgantes, por se vos serve de suxestión:  

Creating beautiful objects it is not only about using expensive materials, but using your imagination. Nowadays everything seems to be single-use, and maybe we should take our time to think about our relationship with  objects. I do no rely too much on labels like eco-freindly jewelry, but I like the idea of "upcycling", meaning reusing things and transforming them into something different, and if possible, into something better (and not only in jewelry related issues). I love looking for beauty in unusual textures and materials, and I am definitely fascinated about the transformation posibilities of things and the challenge that this implies. Now, some examples of how I have used less conventional materials in jewelry:


- Pulseira con puntas de ferrar cabalos: Horseshoe nails bracelet:

(vendido - sold)


- Pendentes de cristal de praia lacado e aceiro: Lacquered sea glass and steel earrings:


- Colgantes con decoupage sobre vellos cds: Decoupage on old cds:


Diante - Front side
Traseira - Back













- Pendentes de arandelas comúns (de ferretería) lacadas con esmalte de uñas: Ordinary washers (from the hardware store) covered with nail polish:


- E a última suxestión por hoxe: conxunto de pendentes, colgante e pulseira feito con entorchado de corda de harpa, aceiro e pequenos granates: Today's last suggestion: set of earrings, pendant and bracelet made out of harp strings, steel and little garnets:

lunes, 31 de enero de 2011

Simple elegancia - Simple elegance


Hoxe quero que vexades un conxunto de colar e pendentes que enviamos recentemente a Barcelona. A súa simplicidade realza a elegancia do aceiro. Foi realizada por encargo, pero na listaxe de deberes para as próximas semanas teño anotado facer outro modelo semellante, pero, esta vez, con pequenos granates no canto de rocalla negra.
Today I would like to share with you a set of choker and earrings that we have just sent to Barcelona. Their simplicity enhances the elegance of the materials. It was a custom order, but on my to-do list I have making another similar piece, but this time with garnets instead of black glass seed beads.




O divertido dos pendentes que van a xogo co colar é que, en realidade, pódense converter (como mínimo) en tres modelos diferentes:
What is funny about the matching earrings is that they easily turn into three different models :
Forma básica: longos - Basic shape: long


Segunda opción, medio recollidos: Second option:


E terceira posibilidade, curtiños: Third shape, gathered:
















Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...