Mostrando entradas con la etiqueta iron. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta iron. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de diciembre de 2011

E máis cravos de ferrar - And more horseshoe nails

Que marabilla que sexa venres! Esta semana, con tanto festivo interrupto, a min fíxoseme longuísima! Este finde tócanos mercado, o sábado no Mercado de Artesanía e Produtos Ecolóxicos de Cuntis, e o domingo, durante todo o día, na Feira de Artesanía e Antigüidades de O Carballiño. Pero vaia, segue a ser finde ;).

Pois hoxe gustaríame ensinarvos uns cantos colgantes máis feitos con cravos de ferrar cabalos. Como xa vos teño contado, trátase de cravos de ferro dobrados a man un a un, soldados e tratados con varias capas de protección para evitar que se enferruxen. Espero que vos gusten!










jueves, 16 de junio de 2011

Cravos de ferrar - Horseshoe Nails

Teño a páxina media descoidada, e pídovos desculpas por iso, sobre todo ás persoas que nos seguides de maneira tan constante e agarimosa. A verdade é que teño tantas cousas ás que atender, que se me fai imposible estar sempre en todo. Por se faltase algo, agora ando na procura de piso (teño que cambiar de casa o mes que vén), e xa vos podedes imaxinar o que iso é: a casa patas arriba, eu pateando a cidade mirando sitios... Pois ate que remate con todo ese lío e estea minimamente instalada onde sexa que vaiamos parar (é desesperante buscar casa), non poderei manter a páxina como quixera.

Pero xa que estamos aquí, aproveito para vos ensinar algunha cousiña que xa temos feita. Hoxe sonvos colgantes feitos con cravos de ferrar, dobrados e soldados a man. Pódense levar de colgantes, poñer nun chaveiro, engadir a unha pulseira... As formas son máis ou menos abstractas: unhas adoptan a forma de símbolos solares en triqueis ou lábaros, outras lembran a áncoras, a letras, a animais... En calquera dos casos, son pezas únicas que nunca pasan desapercibidas... Botádelle un ollo a algunhas das últimas que deseñamos:
















martes, 15 de marzo de 2011

Puntas novas - New horseshoe nails


Nesta semana, por fin, rematamos de preparar a nova coleción de puntas de ferrar cabalos. Eu quedei verdadeiramente satisfeita con ela. Case todos os motivos son novos e os novos acabados fan que as puntas de ferro luzan aínda máis. Ensínovos unhas pulseiras xa montadas:
Finally,we finished this week the new horseshoe nails collection and I am very pleased with the results. Almost all motifs are brand new and the new finishing coats really enhance the beauty of the bended iron nails. I am going to show you some of the already assembled horseshoe nail braceletes:

Encordadas con algodón finiño With thin cotton cord:

Con algodón máis groso - Thicker cotton cord:

Ou con cinta de raso - or satin ribbon:

Podedes reservar o voso motivo preferido mandándonos un correo, pois évos unha "edición limitada" ;). Aínda hai máis modelos diferentes para pulseira, que irei poñendo en canto poida. Por agora, déixovos un avance dos colgantes...
You can reserve your favourite motifs by sending us an e-mail. Remember that our horseshoe nail creations are "limited editions" ;). There are still more motifs left, that I will try to upload as soon as possible. For now, here is a sneak peak of the new nail  pendants...


sábado, 22 de enero de 2011

Xoieria con puntas - Horseshoe nail jewelry


Manipulando estes obxectos comúns e fascinantes e remexendo coas formas creadas, fúmonos achegando a símbolos telúricos universais, que, mesmo sen nós o saber, apelan ao noso imaxinario inconsciente e interactúan con el. Son trisqueis, tetrasqueis, lábaros, etc. O material condiciona e moldea o deseño, e estas limitacións provocan e amplifican motivos e creacións en cadea.
By manipulating and revolving this fascinating yet common objects, whe came across some telluric symbols that connect and interact with our social imaginary, even without our knowing. They are triskelions, tetraskelions, etc. The material determines and shapes the design and these limitations lead to new motifs in a chain reaction way.

As puntas de ferrar son un tipo especial de punta de ferro. Dámoslle forma manualmente e soldámolas cunha aliaxe de estaño e prata. Levan un acabado de cobreado de ferro para evitar a oxidación e mais un lacado final. Nalgunhas deixamos un toque de óxido á vista (a min personalmente gústame esa estética enferruxida, cun certo aire steampunk, ou, digamos pre-diesel-punk-rural, jajjaaaaa...), pero, non vos preocupedes, o óxido non vai a máis porque o deixamos por baixo da capa de selado. Outras ebonizámolas por completo. Con elas facemos colgantes, pulseiras, chaveiros, brincos, etc. Mirade algúns:
We shape by hand the iron horseshoe nails and weld them with a pewter-silver alloy. We neutralize the rust and give them another finishing laquer layer. Sometimes we mantain traces of rust underneath the protection layers (i love this rusty appearence, with a kind of steampunk flair, or, more accurately, pre-diesel-punk-rural style, lol!). Others are totally ebonized. With them we make pendants, bracelets, keyrings, earrings...

Nun chaveiro:
A key ring:


Nuns brincos:
Earrings:


Ou onde queirades (personalizar unha carteira, unha bolsa de paus de golf, retrovisores...):
And wherever you want (customize a wallet, golf club bags,rear-view mirrors...):

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...