Mostrando entradas con la etiqueta clasical. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clasical. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant



Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, quixera falar un pouquiño sobre a orixe da súa peza máis característica, o sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
 
As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc), que tiñan en común o seren levadas á altura do peito. Algunhas delas, coma os "brocamantones", eran verdadeiramente grandes e adoitaban estar compostas por dous ou máis corpos que, en conxunto, formaban unha figura de triángulo invertido máis ou menos definido segundo os casos. 


"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.

Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.
 
O sapiño que podedes ver ao inicio desta entrada é un deseño meu, inspirado nas formas tradicionais, e realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio. 
 





martes, 10 de julio de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS X - CLÁSICAS Earrings X

Hoxe non sabía moi ben se subir esta entrada que tiña preparada, ou facer o que máis me apetecía, publicar un post sobre copias, plaxios, apropiacións indebidas e demais faltas de respecto e/ou delitos. Ao final decidín esperar uns días, para que as augas se amansen, e compartir con vós as fotos dos décimos brincos da serie CLÁSICAS. Aquí os tedes, coma todo o resto da serie feitos completamente a man con arame de aceiro inoxidable e moito cariño.




martes, 5 de junio de 2012

Pendentes Serie CLÁSICAS VIII - CLÁSICAS Earrings VIII

Unha vez máis tráiovos uns pendentes da serie CLÁSICAS, que tiveron tan magnífica acollida e xa practicamente todos teñen novos donos. Como se trataba de pezas únicas, a maior parte non están dispoñibles. Aínda así, gustaríame moito seguir ensinándovolos, ate completar a serie de doce modelos. Hoxe é un pendente de aspecto máis lixeiro que outros modelos, realizado en arame de aceiro inoxidable, con amatistas e rocalla negra. Espero que vos guste e que sigades deixando algún comentario de vez en cando!

I would like to go on showing you the CLÁSICAS Earrings, although most of them have already new owners and are not available anymore. Here are some pics of the number VIII of the collection. They are much lighter than other earrings of the series and are completely handmade by my out of stainless steel wire, amethyst and black seed beads. Thank you all for stopping by and, of course, for your always too kind comments!










domingo, 27 de febrero de 2011

Proceso rematado - Work in progress: finished

Hai unhas tres semanas ensineivos a peza na que estaba a traballar, un colar de fío de aceiro tecido. A peza central foi montada en cordóns de coiro negro e xa vos podo mostrar o resultado final. Agora creo que debería pensar en deseñarlle uns pendentes a xogo, pero nestes momentos teño a cabeza noutros proxectos...

Three weeks ago I showed you the necklace I was working in, a woven steel wire necklace. The central piece hangs now from two thick black leather cords and it is ready for the new owner. Maybe I should think in designing a pair of matching earrings, but right now my head is somewhere else...

viernes, 21 de enero de 2011

Máis elos - More chainmail

Faltábanme por subir unhas fotos do traballo da semana pasada. Seguimos enredados na malla.
I still have some photos from last week's work. We are still hoked on maille!

Aquí, un colgante cunha variante da unidade Aura (non me invento eu os nomes das tramas, que conste; un día falaremos deles). Está feito con cobre esmaltado, aceiro, doas de vidro, e cordón de algodón. Posto está máis lindo que na foto...
Here, a necklace with an Aura-variant pendant, made in enameled copper, stainless steel, glass beads and cotton cord. The photo does not make justice to it, it looks much more amazing when you wear it..




Agora, unha pulseiriña ben sinxela, pero que queda espectacular posta. Son unidades Moebius en cadea de cobre e aceiro. O peche está tamén feito a man.



Now, a quite simple yet striking when worn bracelet. Enameled copper Moebius rosettes and stainless steel rings. Handmade clasp.








E, finalmente, outra pulseira, esta vez en cobre esmaltado e algo que lle chaman arame artístico (ven sendo cobre chapado). A trama é unha cadea bizantina, unha das mallas máis clásicas e elegantes. 
Another bracelet (Byzantine weave) out of enameled copper and artistic wire jump rings. Byzantine weave is one of the most clasical and elegant weaves.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...