Mostrando entradas con la etiqueta nomes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nomes. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant



Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, quixera falar un pouquiño sobre a orixe da súa peza máis característica, o sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
 
As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc), que tiñan en común o seren levadas á altura do peito. Algunhas delas, coma os "brocamantones", eran verdadeiramente grandes e adoitaban estar compostas por dous ou máis corpos que, en conxunto, formaban unha figura de triángulo invertido máis ou menos definido segundo os casos. 


"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.

Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.
 
O sapiño que podedes ver ao inicio desta entrada é un deseño meu, inspirado nas formas tradicionais, e realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio. 
 





jueves, 23 de febrero de 2012

Pratería de Compostela - Silver and Jetwork in Santiago de Compostela

Non sei se xa volo mencionei algunha vez, pero eu son de Santiago de Compostela. E hoxe queríavos falar un pouquiño da tradición da pratería de Santiago, sobre todo para os que nunca tivestes a oportunidade de ver algunha mostra deste estilo.

Santiago, como meta dunha das rutas de peregrinación máis importantes da cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén, foi dende a Idade Media un centro de recolleita e asimilación de moitas tradicións culturais. Unha das artes que dende o século XIII floreceron na cidade foi a ourivería, ao amparo dos encargos das moitas institucións relixiosas da cidade. Xa nesta Idade Media destacaba o traballo compostelán do ouro, aínda que andando os séculos foise centrando no emprego do acibeche e a prata. Non en van, unha das rúas que levan á catedral se chama Acibechería, e unha das prazas que ten arredor, Praza da Praterías.




Neste século pasado, importantes artistas prateiros mantiveron esa tradición, consolidando o peculiar estilo santiagués do traballo da filigrana de prata, agora xa maioritariamente no eido da xoiería. Foron mestres artesáns coma Eloy Gesto, Fernando Mayer, Ramón Gonzalez, Moncho Requeixo, Ricardo Rivas e outros moitos.


Leo Gesto



Xoiería Mayer


O traballo destes artistas caracterízase polo emprego da filigrana de prata con formas barrocas, que se contrarresta coa sobriedade do negro profundo do acibeche. É casi xoiería en branco e negro, con poucas concesións, únicamente ás veces esa inesperada pincelada de cor do coral. Eu, persoalmente, non coñezo estilo máis elegante en xoiería.

Eloy Gesto


Afortunadamente, xa neste século, esa tradición continúa co traballo impecable de novos artistas, que sen perder a esencia estética da pratería compostelán, elaboran novas pezas incorporando tendencias acordes ao gusto actual.


Eloy Gesto


Susi Gesto


Espero que vos gusten tanto como me gustan a min!

As fotos desta entrada son propiedade dos distintos autores. Agradecementos: Xoiería Mayer (Santiago), Susi Gesto e Xoiería Taaroa (Sigüeiro).














lunes, 21 de febrero de 2011

Os nomes dos colares - Necklaces names

A min gústanme os nomes das cousas. Sempre me gustaron. Recoñezo que é un pracer case retorto: se podemos complicarnos un pouco máis, por que facelo simple? Ao caso... sabiades que os colares teñen un nome segundo sexa o seu tamaño? Pois teñen, e resulta práctico á hora de escoller que colar se axeita a cada ocasión ou con que estilo levalo ou a quen lle favorece máis un tamaño de colar que outro.
I like names. I always did. I recognize that it is a little twisted pleasure: why should you make it simple when you can make it a little more difficult for yourself? To the point: do you know that necklaces have names according to their lenght? Yep, they do have and it turns out very useful when chosing the right necklace for the right occasion, the right outfit, the right figure... Let's take a look at them, from shorter to larger ones:


Ímolos ver, de máis curto a máis longo:

1. COLAR CURTO: 30-33 cm. Para levar con escotes en V, escotes barco ou cos ombreiros descubertos. 
COLLAR 30-33 cm. Perferct for V-necks, boat necks and off-the-shoulder outfits.
Retrato de Adele Bloch-Bauer, G. Klimt, 1907


2. GARGANTILLA: 35-40 cm. Apóianse na base do pescozo. Son pezas de estilo clásico, pero moi versátiles, que se poden levar practicamente con todas as prendas. 
CHOKER: 35-40 cm, lying around the base of the neck. Classical and versatile, they match any outfit.
Moza con gato, Bacchiacca, 1525


3. PRINCESA: 43-48 cm. É o tamaño máis común nos colares. Van moi ben con escotes redondos, tanto altos coma baixos. PRINCESS: 43-48 cm. The most common necklace size. They match perfectly whit round necklines, both high or low.
Retrato en miniatura dunha dama, C. Hayter, 1800



Coco Chanel (tamaño matiné as voltas centrais) (matinee: middle strands)
   
4. MATINÉ: 50-60 cm. Perfecto para todo, dende o ambiente laboral á imaxe máis informal. Queda moi ben coas blusas, tanto abotonadas coma abertas, e tende a adelgazar a silueta.

MATINEE: 50-60 cm. Perfect for any outfit, from casual to bussines dressing. Fits very well with bottoned or open blouses and it tends to make look slender.






  
5. ÓPERA: 71-86 cm. Un dos máis elegantes. Vai moi ben con escotes altos, pechados ou redondos.
 OPERA: 71-86 cm. One of the most elegant sizes. Matches perfectly with high necklines.
Infanta Maria Francisca de Portugal, V.L. Portaña, ca. 1825


6. CORDA: máis de 110 cm. Moi elegante e sensual. Pódese levar con calquera cousa, tanto polo día  coma pola noite, solto ou con nó, convertido nun colar de varias voltas ou nunha pulseira.
ROPE: more than 110 cm. Elegant and sensual. This necklace dresses up any outfit night or day, at full lenght or knotted, transformed in a multi-strand necklace or in a bracelet.
Lady Diana Cooper, 1916



E para rematar, volvemos a Coco Chanel, á que podedes ver con (case) todos os tipos de colares:
Coco Chanel with (almost) all sizes:
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...