Mostrando entradas con la etiqueta cremalleiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cremalleiras. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de junio de 2012

Broche de cremalleiras - Zipper Brooch

Este broche xa hai un tempo que o fixen, pero non sei por que, as fotos quedaron traspapeladas. E como sei que vos gustan as cousas feitas con cremalleiras (as estatísticas da páxina é o que suxiren, polo menos ;), pois aquí volo deixo. A cremalleira vai completamente cosida a man con fío de nylon transparente e na parte traseira leva outra peza de feltro negro para cubrir todas as puntadas. A verdade é que a última vez que o vin en mans da súa dona, quedáballe espectacular na solapa dunha chaqueta negra. Espero que a vós tamén vos guste!








I made this zipper brooch a while ago, but I have seemed to have mislaid the pics, by storing them in the wrong folder, I guess. I know you like zipper-stuff (or, at least, that is what the statistics suggest!), so here it is another zipper brooch. It is completely handsewn by me with nylon thread. The last time I saw it, it was been worn by its new owner on a black blazer... just amazing!! Hope you like it as well!

viernes, 20 de abril de 2012

Pendentes de cremalleira - Zipper Earrings

Para ter algo que poñer a xogo coas pulseiras de cremalleira, fixemos estes pendentes. Son bastante grandes, pero postos resultan verdadeiramente interesantes e favorecedores. Son sinxelos de facer, pero un chisquiño laboriosos, porque é bastante complicado facer que queden moi ben. Eu estou moi contenta co resultado e espero que a vós vos gusten tamén.






E mentres eu ando coas mans metidas en téxtiles, cremalleiras e outros experimentos, a outra metade de Asuntos Imaxinarios está tendo a fantástica oportunidade de ver de cerca as técnicas da ourivería máis clásica, grazas ao entusiasmo e á xenerosidade da familia Gesto, que no seu obradoiro da Xoiería Taaroa de Sigüeiro están a lle mostrar os misterios da fundición, soldadura, etc. da prata. E claro, cando Asuntos chega á casa, explícalle en detalle a Imaxinarios todas esas marabillas ;) Trae fotos fantásticas, e eu miro con ollos de asombro eses obxectos, ferramentas e utensilios, que ás veces parecen sacados dunha peli estraña, de paisaxes postnucleares ou exoplanetarias, e, na maior parte dos casos, evocan, como non, a parafernalia dun alquímico laboratorio onde a maxia da transformación dos elementos se dobrega en obediencia das ordes sabias da persoa que ten a mestría, rendendo pleitesía aos desexos do fabbro, para, finalmente, provocar a maxia.


Delirios meus á parte, voulle tomar prestada unha foto a Susi Gesto, para que vos deades unha pequena idea do que estou a falar, e en canto teña algo máis de tempo xa vos contarei algo máis en detalle.




 Gracias por me aturar, por pasarvos por aquí, e, moi especialmente, polos vosos comentarios ;)

I have been making some zipper earrings matching the zipper bracelets I have shown in the previous post. They are not so difficult to sew, but, believe, it is quite complicate to take them to the exact shape you are loking for, and, what is more, make it twice! However, they turned out very nice, and that always make worth the effort! Thanks for stopping by!

viernes, 3 de febrero de 2012

Unha bolboreta para Leonore - Eine Schmetterling für Leonore

Leonore vive lonxe ao norte, con W. e os seus animais. A Leonore gústanlle as bolboretas. Ate alí mándolle un abrazo con bolboreta!

Leonore lebt weit im Norden mit W. und ihren Tieren. Leonore mag Schmetterlingen. Möge diese Reissverschluss Schmetterling meine herzliche Grüsse an Sie mittragen!









sábado, 22 de octubre de 2011

Diadema de cremalleira - Zipper Headband

Aínda sigo aínda coa fase de recuperación de sensibilidade nos dedos ;) e coser cremalleiras non é mala ocupación. Estou moi contenta co resultado desta diadema, feita con cremalleiras negra e marrón, perlas e chifón de seda. Espero que vos guste!

Still recovering my finger sensibility... Sewing zippers is another good option for staying away from wires for a while. I am very pleased with the results of this headband, made out of black and brown zippers, freshwater pearls and chiffon silk. Hope you like it!







viernes, 10 de junio de 2011

Xogando coas ilusións da cor (e II)- Colour Illusion (II)

Velaí vai a foto orixinal:


Graciñas aos que participastes ;). Iades bastante ben encamiñados, por certo... O lila e mais o verde do fondo distinguíanse bastante ben, pero o vermello non se vía nada, jajjaaa.

Póñovos outro exemplo, porque se me ocorreu que a falta de rollover, podía facer un vídeo. A ver se esta vez funciona mellor (é recomendable poñer o vídeo a pantalla completa):






Para conseguir estes efectos, seguín un titorial (está en inglés), nesta páxina. Ah, e espero que vos gustasen os broches, jjajajaj!


E hoxe xa vos subo a solución:


Adquirido -Sold

miércoles, 8 de junio de 2011

Xogando coas ilusións da cor - Colour Illusion

Hoxe queríavos propoñer un experimento... Lamentablemente, despois de estar a intentar toda a mañá inserir aquí un rollover, non o conseguín, co que vai haber que facer a proba un pouco polas bravas... Se alguén sabe como poñer rollovers en entradas de blogger, eu acepto agradecida toda caste de suxestións...

Isto consiste simplemente en que miredes durante uns trinta segundos para o puntiño negro no centro da primeira foto (por certo, é un broche feito con cremalleiras, feltro, lan e diferentes doas) sen pestanexar. Despois, tendes que cambiar inmediatamente a vista para a segunda foto. Seguro que os resultados non van ser óptimos, peor ao mellor sodes capaces de me decir algunhas das cores do broche orixinal e mais do fondo... Mañá, a resposta ;)

Does anyone know how to insert a rollover in a blogger entry? If so, please tell me how ;) However, I propose you a little experiment. This are two pics of a zipper brooch. Please stare al the black dot in the first image for 30 seconds. Then, look at the second picture. Maybe now you can say some of the original colours of the brooch and the background... If not, wait until tomorrow and I will show you the true colours of the brooch ;)





sábado, 19 de marzo de 2011

Cremalleiras - Zipper


Despois de estar estas últimas semanas traballando case sempre con aceiro, os meus dedos pedían un descanso e un tempo de recuperación, así que botei man dun material máis suave e unha técnica menos "agresiva": xogar coas cremalleiras. As cremalleiras son algo verdadeiramente sorprendente, sinxelas e cotiáns, pero dunha estética definitivamente carismática. Con todo, non hai tantísimo tempo que están entre nós, pois a súa patente data do 1917 (para ver máis sobre o peculiar desenvolvemento do invento, recoméndovos o interesante blog El tamiz).
After some weeks working mainly with steel, my fingers claimed for a rest. So, I grabbed a softer stuff and  chose a less harmful technique: sewing zippers. Zippers, patented in 1917, are somehow surprising with their common and simple, yet definitely charismatic aesthetics. Earlier in the year  I had been playing around with zipper bracelets, and this week  I finished three different designs.


Xa hai tempo que viña dándolle voltas a unhas pulseiras con cremalleiras e nestes días rematei tres deseños, todos dun estilo moi definido e pouco convencional. Esta é a mesma que vedes ao comezo da entrada:


Esta é a segunda:


E esta a terceira, moito máis estreita que as anteriores:



Tamén fixen dous pares de pendentes de aire moito máis clásico. Mesmo eu me sorprendín co resultado:
I also made two pais of earrings, in a more classical style than the bracelets. Even I was surprised with the results:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...