Mostrando entradas con la etiqueta names. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta names. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant



Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, quixera falar un pouquiño sobre a orixe da súa peza máis característica, o sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
 
As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc), que tiñan en común o seren levadas á altura do peito. Algunhas delas, coma os "brocamantones", eran verdadeiramente grandes e adoitaban estar compostas por dous ou máis corpos que, en conxunto, formaban unha figura de triángulo invertido máis ou menos definido segundo os casos. 


"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.

Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.
 
O sapiño que podedes ver ao inicio desta entrada é un deseño meu, inspirado nas formas tradicionais, e realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio. 
 





miércoles, 2 de marzo de 2011

Europa 4-1


 Aí atrás faleivos das familias de tramas de malla. Hoxe quérovos mostrar máis en detalle unha delas, Europa. É unha das tramas máis básicas e comúns, sobre todo na elaboración de cotas de malla. Empregábase dende a Antigüidade con este fin, polo relativamente sinxelo que é converter unha cadea nunha forma de lámina ou folla que permita "confeccionar" hauberks, almófares, e outro tipo de proteccións corporais.

A máis habitual e tradicional das variantes desta trama é a chamada Europa 4-1. O nome fai referencia ao modo de construción do nodo básico da trama: introducir catro elos nun (vaia, meter catro elos pechados  nun aberto). Xa nos tempos máis recentes, comezaron a se empregar outras variantes, Europa 6-1, Europa 8-1, etc. Coma no caso anterior, os números destes nomes refírense á técnica de construción: introducir 6 arandelas nunha, oito nunha, etc.

Na rede podedes topar varias guías sobre o método exacto de construción desta trama. En inglés (as fotos falan case por si mesmas) recoméndovos a exhaustivísima páxina de M.A.I.L, onde hai tamén guías doutras moitas tramas. En castelán, a miña suxestión é a páxina de Julio del Junco, onde podedes topar dende o método básico de construción ate patróns para a confección de cotas completas. 



Some days ago I posted about chainmaille weave names. Today I would like to comment one of the most basic and common one, Europe. This weave was used for centuries in chainmaille armour. You can find many Europe variants, but the most common and traditional is the one calle Europa 4-1 (the numbers refer to the construction method of the basic node of the weave: introducing four rings in one). More recent aditions are other Europe variants: Europe 6-1, Europe 8-1, etc (the numbers refer also to the amount of rings introduced in one: six in one, eight in one). You can find online many tutorials on the construction method of Europa weave. My advice: the most comprehensive collection of chainmaille tutorials: M.A.I.L.






 
Agora póñovos uns exemplos de como temos empregado nós esta trama:
Different uses of theis weave in our work:
  
Colar de cobre esmaltado - Enameled copper necklace (vendido - sold)



Na base desta pulseira-anel - In this handflower



Para o cabuxón desta canica - For setting this big glass marble
  

lunes, 21 de febrero de 2011

Os nomes dos colares - Necklaces names

A min gústanme os nomes das cousas. Sempre me gustaron. Recoñezo que é un pracer case retorto: se podemos complicarnos un pouco máis, por que facelo simple? Ao caso... sabiades que os colares teñen un nome segundo sexa o seu tamaño? Pois teñen, e resulta práctico á hora de escoller que colar se axeita a cada ocasión ou con que estilo levalo ou a quen lle favorece máis un tamaño de colar que outro.
I like names. I always did. I recognize that it is a little twisted pleasure: why should you make it simple when you can make it a little more difficult for yourself? To the point: do you know that necklaces have names according to their lenght? Yep, they do have and it turns out very useful when chosing the right necklace for the right occasion, the right outfit, the right figure... Let's take a look at them, from shorter to larger ones:


Ímolos ver, de máis curto a máis longo:

1. COLAR CURTO: 30-33 cm. Para levar con escotes en V, escotes barco ou cos ombreiros descubertos. 
COLLAR 30-33 cm. Perferct for V-necks, boat necks and off-the-shoulder outfits.
Retrato de Adele Bloch-Bauer, G. Klimt, 1907


2. GARGANTILLA: 35-40 cm. Apóianse na base do pescozo. Son pezas de estilo clásico, pero moi versátiles, que se poden levar practicamente con todas as prendas. 
CHOKER: 35-40 cm, lying around the base of the neck. Classical and versatile, they match any outfit.
Moza con gato, Bacchiacca, 1525


3. PRINCESA: 43-48 cm. É o tamaño máis común nos colares. Van moi ben con escotes redondos, tanto altos coma baixos. PRINCESS: 43-48 cm. The most common necklace size. They match perfectly whit round necklines, both high or low.
Retrato en miniatura dunha dama, C. Hayter, 1800



Coco Chanel (tamaño matiné as voltas centrais) (matinee: middle strands)
   
4. MATINÉ: 50-60 cm. Perfecto para todo, dende o ambiente laboral á imaxe máis informal. Queda moi ben coas blusas, tanto abotonadas coma abertas, e tende a adelgazar a silueta.

MATINEE: 50-60 cm. Perfect for any outfit, from casual to bussines dressing. Fits very well with bottoned or open blouses and it tends to make look slender.






  
5. ÓPERA: 71-86 cm. Un dos máis elegantes. Vai moi ben con escotes altos, pechados ou redondos.
 OPERA: 71-86 cm. One of the most elegant sizes. Matches perfectly with high necklines.
Infanta Maria Francisca de Portugal, V.L. Portaña, ca. 1825


6. CORDA: máis de 110 cm. Moi elegante e sensual. Pódese levar con calquera cousa, tanto polo día  coma pola noite, solto ou con nó, convertido nun colar de varias voltas ou nunha pulseira.
ROPE: more than 110 cm. Elegant and sensual. This necklace dresses up any outfit night or day, at full lenght or knotted, transformed in a multi-strand necklace or in a bracelet.
Lady Diana Cooper, 1916



E para rematar, volvemos a Coco Chanel, á que podedes ver con (case) todos os tipos de colares:
Coco Chanel with (almost) all sizes:
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...