Mostrando entradas con la etiqueta steampunk. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta steampunk. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant



Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, quixera falar un pouquiño sobre a orixe da súa peza máis característica, o sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
 
As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc), que tiñan en común o seren levadas á altura do peito. Algunhas delas, coma os "brocamantones", eran verdadeiramente grandes e adoitaban estar compostas por dous ou máis corpos que, en conxunto, formaban unha figura de triángulo invertido máis ou menos definido segundo os casos. 


"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.

Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.
 
O sapiño que podedes ver ao inicio desta entrada é un deseño meu, inspirado nas formas tradicionais, e realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio. 
 





sábado, 22 de enero de 2011

Xoieria con puntas - Horseshoe nail jewelry


Manipulando estes obxectos comúns e fascinantes e remexendo coas formas creadas, fúmonos achegando a símbolos telúricos universais, que, mesmo sen nós o saber, apelan ao noso imaxinario inconsciente e interactúan con el. Son trisqueis, tetrasqueis, lábaros, etc. O material condiciona e moldea o deseño, e estas limitacións provocan e amplifican motivos e creacións en cadea.
By manipulating and revolving this fascinating yet common objects, whe came across some telluric symbols that connect and interact with our social imaginary, even without our knowing. They are triskelions, tetraskelions, etc. The material determines and shapes the design and these limitations lead to new motifs in a chain reaction way.

As puntas de ferrar son un tipo especial de punta de ferro. Dámoslle forma manualmente e soldámolas cunha aliaxe de estaño e prata. Levan un acabado de cobreado de ferro para evitar a oxidación e mais un lacado final. Nalgunhas deixamos un toque de óxido á vista (a min personalmente gústame esa estética enferruxida, cun certo aire steampunk, ou, digamos pre-diesel-punk-rural, jajjaaaaa...), pero, non vos preocupedes, o óxido non vai a máis porque o deixamos por baixo da capa de selado. Outras ebonizámolas por completo. Con elas facemos colgantes, pulseiras, chaveiros, brincos, etc. Mirade algúns:
We shape by hand the iron horseshoe nails and weld them with a pewter-silver alloy. We neutralize the rust and give them another finishing laquer layer. Sometimes we mantain traces of rust underneath the protection layers (i love this rusty appearence, with a kind of steampunk flair, or, more accurately, pre-diesel-punk-rural style, lol!). Others are totally ebonized. With them we make pendants, bracelets, keyrings, earrings...

Nun chaveiro:
A key ring:


Nuns brincos:
Earrings:


Ou onde queirades (personalizar unha carteira, unha bolsa de paus de golf, retrovisores...):
And wherever you want (customize a wallet, golf club bags,rear-view mirrors...):

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...