Mostrando entradas con la etiqueta téxtil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta téxtil. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de diciembre de 2012

Furoshiki

Nestas datas parece que se desbotan en España uns 52 quilómetros cadrados de papel de regalo. Dunha árbore sácanse uns 58 quilos de papel, e cada ano, unha persoa desfaise duns 100 quilos. Reciclar está ben, pero antes diso, aínda está mellor reducir, reutilizar e buscar alternativas!

Dende hai anos, a solución que eu uso para envolver os agasallos é o furoshiki, unha antiga arte xaponesa que consiste en empregar unha tea para envolver e transportar calquera cousa. O material téxtil é resistente, lavable, reutilizable...  Despois de abrir o teu regalo, podes envolver outro con el, usalo coma pano do pescozo, poñelo no cesto do pan...

Déixovos unhas fotiños de como envolvo uns presentes e mais uns gráficos do Ministerio de Medio Ambiente de Xapón para promover o emprego do furoshiki e reducir o emprego de papel de regalo e  bolsas de plástico:

Bolsiña furoshiki:









Caixiñas :










viernes, 22 de junio de 2012

Guau, fixen un sombreiro! - Omg, I have sewn a hat!

Xa vos contei mil veces que non teño nin idea de coser... Pero como son unha persoa moi contraditoria, sempre teño costume de me meter en fregados que non domino ;) A cousa foi que eu tiña uns pantalóns moi vellos, que xa non estaban para poñer, pero dos que tampouco me quería desfacer (sentimentalismos: mercáraos cando eu tiña 16 anos en Alemaña, concretamente en Colonia). Total, que non sei como se me ocorreu que tiña que facer outra cousa deles... e dixen eu, pois un pucho! E así, sen rede nin coñecementos (aisss, como é de valente a ignorancia!), púxenme a cortar e coser. Para a miña completa sorpresa... saíu algo!!! Dígovolo de verdade, quedei alucinada. De acordo que está mal feito, mal cosido, ate mal medido, que me queda bastante pequeno, pero... aí o está! Flipei tanto de que me saíra! Agora xa pasaron uns días desde que o fixen, pero sigo a mirar para el coma se fose un marciano introducido na miña casa. Miro para el, miro para as miñas mans e alucino!!

Moralexa: mellor intentalo aínda que non saia, que non saber que en realidade das feito sombreiros!











I have already told you that sewing is not my thing. But I had a pair of old trousers around, that I bought when I was sixteen (in Köln, Germany!) and I did not want to get rid of them (yes, I am a sentimental ;). Then I thought I should make something out of them, maybe a hat... And without further sewing knowledge I started cutting the fabric and sewing (yes, ignorance can be very brave!). And two hours later, there it was... A hat... Omg, I could not believe it, I made that thing!! Ok, it is far from being a perfect work, but, oh my... it is there!!! Moral: one should always try everything, maybe it does not work at first, but it is worth trying!

viernes, 13 de abril de 2012

Moedeiro de Mis Retales - Mis Retales Coin Purse

É unha delicia, segue a chover! Xa pode un andar de novo con xerseis de la, xa se pode un esconder andando embaixo dun bo paraugas, mentres observa as pedras da cidade brillando á luz das farolas. Os que algunha vez estivestes en Santiago, xa entendedes que intento transmitir, a que si?

E así andamos, a desfrutar das cousas da casa. Falando de cousas que están na casa, este fin de semana pasado, unha compañeira tróuxome ao Carballiño un encarguiño que lle fixera eu a unha estupenda creadora de pezas téxtiles e outros complementos. É Mis Retales, que ademais de visitar unha chea de lugares para vos levar as súas pezas, ten unha páxina que actualiza (!!!) todos os días. Co traballo que dá iso, aiiii! Podedes premer aquí para ver o seu blog.

Pois dende a primeira vez que vin estes moedeiros quedei absolutamente prendada: da tea, da forma, do botón... E Mis Retales foi tan amable que gardou un para min durante máis de dous meses... Agora xa o teño e estou súper encantada con el. Xa está en uso, que só o saquei do bolso para lle facer estes retratos :). Graciñas, A.!



O moedeiro de Mis Retales, está causando admiración!






Still raining. Perfect weather for wearing wool sweaters, for baking cupcakes and for walking under an umbrella seeing the lights reflected on the wet stone paving of the city. Who have ever visited Santiago will easily understand what I mean ;). Today I would like to share with you the super cute coin purse that Mis Retales (link to her blog) sent me last week. Since the first time I saw these purses I fell totally in love with them: the polka dot fabric, the shape, the button... everything. I absolutely love it, thank you A.!

viernes, 27 de enero de 2012

Cousas de tea - Some Fabric Stuff

Coser non é exactamente o meu, recoñézoo. Nin me encanta, nin o sei facer con técnicas axeitadas... Pero, para variar, sempre me atraen esas cousas que supoñen un reto para min e sempre me meto en asuntos que me quedan grandes. Como din os vellos, a ignorancia é moi atrevida! Eu dígome a min mesma que con obxectivos esixentes se impulsan os avances, así que cando me da por aí, coso. Ter medrado cunha aboa costureira debería ser unha vantaxe, pero coma sempre se ocupaba ela de coser, ninguén máis na casa precisaba ter máis noción de costura que a de enfiar agullas para ela ;)

Pero o caso é que me gusta o contacto das teas, e sempre teño algún que outro pequeno proxecto téxtil entre mans, aínda que ás veces durman durante meses. Admito e dou por supostas as moitas críticas aplicables a estas cousiñas, pero non sexades moi duras, para que non me desanime eu, jajajja....

Sewing is definetely not my "thing". I do not master the techniques and do not enjoy particularly the sewing process. I think I have already told you, but again, my grandmother was a seamstress (a very good one indeed), and althought you might think that this could give me some background on sewing issues, it was quite on the contrary, because she was the only one who dealed with sewing at home. However, I love fabrics and, of course, I do love challenges too, and that is why I always I try to carry out some small fabric projects (sometimes they sleep for months). Let me show you some... Some criticism is taken for granted, but please, try not to be too harsh!





Broche en napa




O bolsiño de Rosalía




Coleteiro




Bolsiñas para calquera cousa
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...