Mostrando entradas con la etiqueta wood. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta wood. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2012

Un pequeno descanso - A Little Break

Xa vos comentei a semana pasada que me ía ir uns días de viaxe. Non sei exactamente cando volverei, pero ate daquela non estarei para atender a páxina nin os vosos correos. Para este tempo de pausa, pensei en deixarvos unhas fotos de pezas (todas feitas por min) nas máis diversas técnicas e materiais, e que só teñen unha única cousa en común: son so deseños dos que non tiven gañas de me desfacer, ou que se atoparon unha nova dona, acabei por facer unha versión para min. Noutras palabras: son algunhas das cousas que quixen conservar para min. Máis dunha vez estiven a lle dar voltas a como facer para lle preguntar ás compañeiras blogueiras que fan este tipo de cousas, cales son as pezas coas que verdadeiramente se quedaron. Como iso parece un pouco lioso de organizar, vou comezar por vos ensinar as miñas.

Con todo, teño que dicir que non son persoa de andar con moitas xoias enriba. Demasiado nerviosa para levar aneis e demasiado descoidada para levar pulseiras... Non levo pendentes porque nunca tiven burato nas orellas, e cos pendentes de clip teño o mesmo problema que con aneis e pulseiras. En consecuencia, o que mellor aguanto son os colgantes, digan o que digan as tendencias, que xa sabedes que levamos un par de anos de pescozos libres e parece que aínda nos quedan algúns máis.

Pois aquí vos deixo parte das pezas que de algún xeito máis se acomodaron a min. Querédesme dar a vosa opinión sobre cal preferides? Ou apetécevos ensinar os deseños que fixestes e dos que non vos puidestes desprender? Pois deixádeme un comentario, ou mandádeme un e-mail, e en canto estea de volta miramos de compartilo!














I have already told you that I was going to spend some days in Italy. I am leaving this week, and that means that I am not going to answer your mails or read your comments on this blog. Anyway, I promise I will be back as soon as I can! In the meantime, I would like to share with you a bunch of pics of jewelry pieces (all of them handmade by me), made with very different techniques and materials. They have only one thing in common: are some of the designs I kept for me over the years. I have to admit that I am not a jewelry-type of person: too nervous to wear rings and bracelets... I think I would be able to wear earrings, but I have never got my ears pierced... These are the reasons why you are going to see mostly pendants, although the fashion trends have been going in another direction for the past two years (oh, these naked necks, how sad they look...lol). Hope you enjoy the pics, and tell us wich one is your favourite! By the way, the pic under these lines is the only piece of jewelry that I am wearing while I write this. I think I would be ashamed, but it feels really comfortable ;) I hope you enjoy the next weeks and that I will find you here around again when I come back!


E para terminar, confésovos cal é a única cousa que levo enriba mentres escribo isto. Vergoña me debía de dar ;). Non sei como me acostumei a andar con esta tiriña de coiro con remaches, pero xa levo uns catro meses con ela, sen a sacar de enriba. Ai, que raras somos as persoas!  Espero que pasedes uns días estupendos, e que sigades aí en canto poida voltar!



miércoles, 28 de diciembre de 2011

Mouchos- Owls (e III)

TEMOS GAÑADORA!


Finalmente alguén adiviñou para que foran pensados os mouchos de madeira... E esa persoa foi:




Naranjita verde (que ten unha páxina onde presenta as cousas tan chulas que fai: http://naranjitaverde.blogspot.com/) foi a primeira en adiviñar a través de facebook a función dos mouchos, que concretamente é a de enrollar os cables dos auriculares dun mp3 ou teléfono móbil. Intentei facerlle unha foto autoexplicativa da gañadora, pero... en decembro as laranxas están case todas maduras...





Como vedes (e perdón pola calidade das fotos, Naranjita acertou estando eu sen cámara decente), nos ollos entran os auriculares e na fenda, a cravixa. Eu sempre digo que as cousas todas que fago son un vicio, pero que estes mouchos responden a unha necesidade, jajjaja! Polo menos era unha necesidade para min. Xurdiron porque necesitaba librarme dese incomodísimo embrullo de cables dentro do bolso, desas enganchadas dos auriculares co chaveiro, deses nos que se me lle facían e que acababan por estragar os auriculares en pouco tempo...

Pero creo que o mellor de todo é que grazas a todos os que participastes, Naranjita vai ter MOITO máis que un porta-auriculares... Por exemplo (e recollo só algunhas das máis, digamos, "interesantes" propostas que fixestes:

- Un emparellador de calcetíns
- Unha fibela para manter dereitos os chichos do pelo
- Un prato para almorzar dou ovos e unha salchicha (tamaño gnomo, claro)
- Un vixiante para as noites
- Un abrebotellas
- Un porta-cepillos de dentes
- Un calza-calcetíns
- Un cortador de ovos cocidos
- Etc, etc, etc.


Nos próximos días enviarémoslle o moucho a Naranjita e esperamos que lle sexa útil e mais que con el na man lle siga atopando utilidades... MIL GRAZAS a todos por participar, se resultou divertido, foi por VÓS ;)


Lémbrovos que podedes ver (e mercar) estes mouchos e as demais cousas que facemos cada martes, no Mercado Entre Lusco e Fusco de Santiago de Compostela, ou enviándonos un correo a asuntosimaxinarios@gmail.com.


Bicos


And finally, we have a winner: Naranjita Verde was the first in making the right guess. Yes, the wooden owls are mp3 cable organizers!! I want to thank you all for participating and giving so funny answers ;). In the next days Naranjita will rceive one of theese wooden owls, and anyone interested in them or in any other item shown in our page can send us an email to asuntosimaxinarios@gmail.com or visit us every Thursday at the Mercado Entre Lusco e Fusco in Santiago de Compostela.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Mouchos II - Owls II

Quérovos dar moitas, moitas grazas a todos os que participastes (e seguides a participar) no noso pequeno xogo de adiviñar para que serven estes mouchos, tanto a través desta páxina como a través de facebook. Conseguistes sacarme máis dunha gargallada, e non deixa de admirarme a imaxinación que tendes. Pero... aínda ninguén topou a solución e ímoslle dar un par de días máis. Como se me pedían pistas, vouvos dar a recolleita das cousas que non son:

- Non son noveladores de fitas nin de fíos
- Non son medidores de cantidades de espaguetis
- Non son aros para pareos
- Non son fibelas para cintos
- Non son plantillas para círculos perfectos
- Non son abridores de botellas
- Non son servilleteiros
- Non son emparelladores de calcetíns
- Non son plantillas para facer facer colgantes de arame
- Non son apliques para panos do pescozo
- Non son vixiantes da noite

(A ver como traduzo eu esta listaxe ao inglés, mi má...)

Pois nada, podedes seguir intentándoo, válense varios intentos por persoa ;). Iso si, se deixades un comentario e non tendes conta propia en google, estaría ben que puxésedes o voso enderezo de correo electrónico, por se decido (arbitrariamente, claro está) que a vosa resposta é a máis acertada ou a máis descabellada. Bicos e seguide a gozar das festas!





Many, many thanks for playing with us! Nobody has found the solution yet, and therefore we are still going to carry on with our little contest for a couple of days. I was asked to give some clues, so, I have collected all the wrong guesses -until the moment- for you.

The owls were not intended for: winding threads or ribbons, measuring out spaghetti amounts, holding beach wraps, serving as belt buckles, opening beer bottles, serving as napkin rings, pairing up socks, acting as templates for wire pendants, holding neckerchiefs, or keeping watch in the dark nights... You can keep trying (more than one answer per person is allowed and welcomed;) and if you do not have a google account, please leave your e-mail adress in your comments.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Mouchos - Owls

Este fin de semana imos participar no Mercado de Artesanía de Redondela, que tradicionalmente se celebra todos os anos polo Nadal na praza da Constitución.
 
Déixovos para estes días cunhas imaxes de algo que aínda non vos ensinara nunca e que hai moito tempo que facemos. Están tallados a man en madeiras nobres (castiñeiro, nogueira, pau santo, bubinga...) e todos son un pouco diferentes entre si.. Algúns teñen moita cara de malos, outros parecen super boíños...





A cousa é a seguinte: non vos vou dicir que son. Se queredes, esa é a tarefa que vos queda para estes días. Pódovos dicir que houbo quen os levou para colgante, pero non foron pensados para colgantes; tamén houbo quen os levou para marcapáxinas, pero tampouco foron imaxinados para iso. Xurdiron como resposta a unha necesidade concreta que eu tiña, e que, como puidemos comprobar nestes últimos tres anos, moita xente compartía comigo. E abonda de pistas. Ocórreseme que ao primeiro que adiviñe para que foron pensados, se quere, enviámoslle un de regalo. E se ninguén adiviña, ao mellor pódese enviar un de regalo tamén a quen dea a resposta máis imaxinativa... Que vos parece? Participades?







Guess what are they for... The wood owls are not pendants nor bookmarks... Maybe I could send one as a gift for the first person who guess what were they intended for, or maybe to the most imaginative answer ;) Please, do have happy holidays!

sábado, 13 de agosto de 2011

Máis madeira! - More wood!

Como vedes os que me seguides, ando a medio gas co blog por cousas do verán, das vacacións e todo iso. Por iso agradezo aínda máis aos que seguides aí...

Vou continuar coa madeira, e así aproveito para o título a clásica frase dos irmáns Marx. Estes son uns colgantes que xa fixen hai un tempo. Están tallados a man por min en madeira de buxo (Buxus Sempervirens), que é unha madeira bastante dura, pero cando está ben lixada ten de seu un acabado sedoso que enamora ao tacto.

De: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé, 1885, Gera, Alemaña. Fonte: Wikimedia Commons


Os motivos das tallas están inspirados na imaxinería maorí, e os colgantes que vedes a continuación, evocan concretamentea forma de anzois de pesca, que na cultura maorí tradicional eran importantes amuletos de prosperidade e abundancia. Espero que vos gusten!









lunes, 1 de agosto de 2011

Pirogravando - Pyrography work

Este fin de semana estiven a pirogravar. Xa mencionei nalgunha outra ocasión que traballar con madeira me producía unha sensación especialmente relaxante. O pirogravado é unha técnica que consiste en queimar superficialmente a madeira cun pirogravador para trazar un debuxo. Non son demasiado experta no seu manexo, a verdade, pero o labor resulta moi entretido, faise bastante rápido e é fácil deixar voar a imaxinación cos motivos. A ver se vos gustan estes colgantiños, e outro día ensínovos máis pezas...








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...