Mostrando entradas con la etiqueta copper. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta copper. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

Sapo en cobre - Not-so-Traditional Copper Pendant



Para os que non coñezades a ourivería tradicional de Galicia, quixera falar un pouquiño sobre a orixe da súa peza máis característica, o sapo, que forma parte do aderezo do traxe de gala tradicional e que se elaboran con formas moi semellantes dende os séculos XVII-XVIII.

Non se sabe con certeza a razón dese nome tan curioso, sapo. Probablemente aluda á semellanza da textura coa pel do animal, ou mesmo poida que faga referencia ás formas acorazonadas dos sapoconchos. Sábese que tamén foi denominado "pelícano", seica nun intento de esquivar á Inquisición poñéndolle á xoia un nome co que habitualmente se aludía á paixón de Cristo.
 
As características formais dos sapos derivan dos petos, a peza máis distintiva das xoias empregadas pola nobreza dos séculos XVII e XVIII. "Peto" pódese tomar como denominación xenérica de distintas xoias (joyeles, brocamantones, alamares, rosas de pecho, etc), que tiñan en común o seren levadas á altura do peito. Algunhas delas, coma os "brocamantones", eran verdadeiramente grandes e adoitaban estar compostas por dous ou máis corpos que, en conxunto, formaban unha figura de triángulo invertido máis ou menos definido segundo os casos. 


"Joya de pecho" da colección do Victorian and Albert Museum de Londres, datada en España, arredor de 1750

Andando o tempo, esta xoia culta e cortesá foise popularizando e calou fondamente no imaxinario de distintas zonas da Península Ibérica, adoptando en cada lugar unhas peculiarides específicas. En Portugal son as "laças", en Castela-León e Extremadura, os "galápagos" e "tembladeras". Mesmo a "cruz" ou "joya" dos aderezos das falleras de Valencia, comparten orixe co sapo galego.

Os sapos tradicionais galegos son pezas formadas por varios corpos de filigrana, realizados en ouro ou prata ou cobre sobredourados. Consérvanse numerosos exemplares dos séculos XVIII e XIX en museos (Museo de Ourense, Museo do pobo Galego, Museo del Traje, Museo Sorolla, Colección da Spanish Society of America...) e máis en mans privadas, normalmente como resultado de herdanzas familiares. O que podedes ver na foto é o que se garda no Museo Arqueolóxico de Ourense.


Sapo galego, século XIX, prata sobredourada.

Na actualidade, numerosos ourives seguen a crear en Galicia estas pezas, algúns respectando completamente as súas formas máis tradicionais, e outros usando o concepto do sapo como base para novas creacións. Non podo deixar de vos recomendar que visitedes a páxina de Susi Gesto, quen, xunto coa súa irmá Leo, continúan coa tradición familiar elaborando marabillosas creacións coma as que ilustra a foto. 


Susi Gesto, prata e acibeche.
 
O sapiño que podedes ver ao inicio desta entrada é un deseño meu, inspirado nas formas tradicionais, e realizado segundo as técnicas máis artesanais do oficio. 
 





domingo, 21 de abril de 2013

Azul e rosa: os contrastes - Blue and Pink: the Contrast

Dicía Dickens: "Hai sombras na terra, pero, co contraste, as súas luces fanse máis fortes". Os contrastes, iso que nos permite apreciar tanto mellor as nosas realidades. Nestes pendentes o claro e o escuro, o cóncavo e o convexo, o rosa e o azul... Cobre e perla cultivada. Pátina natural.
 
Dickens wrote: "There are dark shadows on the earth, but its lights are stronger in the contrast.". Contrast, that's what make us perceive our realities so much better... In these earrings, light and dark,  concave and convex, pink and blue...






 

lunes, 15 de abril de 2013

Recompoñendo corazóns - Mended Hearts

Conexión en frío: reberetes que unen. E quen non tivo a necesidade de recompoñer un corazón algunha vez? 
 
Nos pendentes, medio corazón de cobre, medio de prata, reberetes de aluminio.

Cold connection with rivets. Bringing parts together. And who has not ever been in the need to fix a broken heart? In these earrings, half a heart of copper and half of silver, mended with aluminum rivets.





miércoles, 27 de marzo de 2013

Brincos: un toque de azul - Earrings: A Little Touch of Blue

4,5cm de brinco. Cobre traballado a man, aceiro, ágatas azuis. Nostalxia do verán.

The earrings measure 4,5cm and are hand worked out of copper sheet, copper wire, stainless steel and blue agates.Longing for summer.










martes, 19 de febrero de 2013

Colgante de cobre en foldforming - Foldforming Copper Pendant

Pequeno colgante en lámina de cobre conformado a man con técnicas de foldforming.

Hand crafted foldforming pendant. Copper.
 
 






miércoles, 13 de febrero de 2013

Brincos de lúa - Half Moon Earrings

Medias lúas de cobre, con pátina azul e pequenos reberetes prateados.

A copper half moon, with blue patina and little alluminium rivets.






martes, 18 de diciembre de 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...