lunes, 30 de abril de 2012

Un pequeno descanso - A Little Break

Xa vos comentei a semana pasada que me ía ir uns días de viaxe. Non sei exactamente cando volverei, pero ate daquela non estarei para atender a páxina nin os vosos correos. Para este tempo de pausa, pensei en deixarvos unhas fotos de pezas (todas feitas por min) nas máis diversas técnicas e materiais, e que só teñen unha única cousa en común: son so deseños dos que non tiven gañas de me desfacer, ou que se atoparon unha nova dona, acabei por facer unha versión para min. Noutras palabras: son algunhas das cousas que quixen conservar para min. Máis dunha vez estiven a lle dar voltas a como facer para lle preguntar ás compañeiras blogueiras que fan este tipo de cousas, cales son as pezas coas que verdadeiramente se quedaron. Como iso parece un pouco lioso de organizar, vou comezar por vos ensinar as miñas.

Con todo, teño que dicir que non son persoa de andar con moitas xoias enriba. Demasiado nerviosa para levar aneis e demasiado descoidada para levar pulseiras... Non levo pendentes porque nunca tiven burato nas orellas, e cos pendentes de clip teño o mesmo problema que con aneis e pulseiras. En consecuencia, o que mellor aguanto son os colgantes, digan o que digan as tendencias, que xa sabedes que levamos un par de anos de pescozos libres e parece que aínda nos quedan algúns máis.

Pois aquí vos deixo parte das pezas que de algún xeito máis se acomodaron a min. Querédesme dar a vosa opinión sobre cal preferides? Ou apetécevos ensinar os deseños que fixestes e dos que non vos puidestes desprender? Pois deixádeme un comentario, ou mandádeme un e-mail, e en canto estea de volta miramos de compartilo!














I have already told you that I was going to spend some days in Italy. I am leaving this week, and that means that I am not going to answer your mails or read your comments on this blog. Anyway, I promise I will be back as soon as I can! In the meantime, I would like to share with you a bunch of pics of jewelry pieces (all of them handmade by me), made with very different techniques and materials. They have only one thing in common: are some of the designs I kept for me over the years. I have to admit that I am not a jewelry-type of person: too nervous to wear rings and bracelets... I think I would be able to wear earrings, but I have never got my ears pierced... These are the reasons why you are going to see mostly pendants, although the fashion trends have been going in another direction for the past two years (oh, these naked necks, how sad they look...lol). Hope you enjoy the pics, and tell us wich one is your favourite! By the way, the pic under these lines is the only piece of jewelry that I am wearing while I write this. I think I would be ashamed, but it feels really comfortable ;) I hope you enjoy the next weeks and that I will find you here around again when I come back!


E para terminar, confésovos cal é a única cousa que levo enriba mentres escribo isto. Vergoña me debía de dar ;). Non sei como me acostumei a andar con esta tiriña de coiro con remaches, pero xa levo uns catro meses con ela, sen a sacar de enriba. Ai, que raras somos as persoas!  Espero que pasedes uns días estupendos, e que sigades aí en canto poida voltar!



martes, 24 de abril de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS VII - CLÁSICAS Earrings VII

Ando tan liada estes días que non atopo momento para subir as fotos do sétimo modelo da serie CLÁSICAS. Agora coa primavera comeza a haber un montón de eventos aos que ir, e sempre hai que preparar o material, renovar "infraestruturas"... Por riba, proximamente vou ir uns días a Italia, e, queiras que non, sempre hai asuntos que organizar e cousas ás que lle dar voltas na cabeza (por non falar, claro, de que lle teño pánico aos avións, e xa hai case un mes que vivo atormentada coa perspectiva ;).

En calquera caso, estou encantada de vos ensinar estes pendentes, feitos completamente a man con fío de aceiro inoxidable. Foi un traballo minucioso, no que, coma sempre no caso dos pendentes, unha das maiores dificultades é conseguir que a segunda unidade resulte o máis parecida posible á primeira. Aínda sendo un dos modelos máis monocromos da serie, ao poñelo eu diría que é un dos máis atractivos, se non o máis. É coma se achegara unha especie de vivacidade ou alegría ao rostro, co que case estou por asegurar que é un modelo de pendentes que quita anos de enriba! Pendentes anti-idade non serían mal invento! Ademais, hai dúas posibilidades á hora de levalos postos, unha coa espiral cara ao lado interno enmarcando o rostro en forma de corazón, e outra coa espiral cara a fóra, producindo maior sensación de movemento e dinamismo. Á escolla da futura dona quedará! Que, por certo, se algunha de vós quere selo, mandádeme un e-mail e falamos ;) Polo momento, espero que vos gusten!
  








 
There are a lot of upcoming craft events in spring! And that means tons of things to prepare: stuff, structures... Besides, I am going to travel to Italy in a few days, and to tell the truth, I hate planes. Well, not planes, but flying; ok, I do not hate them, I am only terriefied of flying, and this is taking part of my sleep time away! These are some of the reasons why I could not find the time to post the seventh earrings of the CLÁSICAS Collection. I was looking forward to share them with you, because despite of their monochrome look (they are enterely handmade out of stainless steel wire), these earrings are one of the most attractive designs of the Collection. They provide a sort of liveliness or vivacity to the face, that actually functions as a kind of anti-aging system! Thanks for stopping by and I hope you like them!

viernes, 20 de abril de 2012

Pendentes de cremalleira - Zipper Earrings

Para ter algo que poñer a xogo coas pulseiras de cremalleira, fixemos estes pendentes. Son bastante grandes, pero postos resultan verdadeiramente interesantes e favorecedores. Son sinxelos de facer, pero un chisquiño laboriosos, porque é bastante complicado facer que queden moi ben. Eu estou moi contenta co resultado e espero que a vós vos gusten tamén.






E mentres eu ando coas mans metidas en téxtiles, cremalleiras e outros experimentos, a outra metade de Asuntos Imaxinarios está tendo a fantástica oportunidade de ver de cerca as técnicas da ourivería máis clásica, grazas ao entusiasmo e á xenerosidade da familia Gesto, que no seu obradoiro da Xoiería Taaroa de Sigüeiro están a lle mostrar os misterios da fundición, soldadura, etc. da prata. E claro, cando Asuntos chega á casa, explícalle en detalle a Imaxinarios todas esas marabillas ;) Trae fotos fantásticas, e eu miro con ollos de asombro eses obxectos, ferramentas e utensilios, que ás veces parecen sacados dunha peli estraña, de paisaxes postnucleares ou exoplanetarias, e, na maior parte dos casos, evocan, como non, a parafernalia dun alquímico laboratorio onde a maxia da transformación dos elementos se dobrega en obediencia das ordes sabias da persoa que ten a mestría, rendendo pleitesía aos desexos do fabbro, para, finalmente, provocar a maxia.


Delirios meus á parte, voulle tomar prestada unha foto a Susi Gesto, para que vos deades unha pequena idea do que estou a falar, e en canto teña algo máis de tempo xa vos contarei algo máis en detalle.




 Gracias por me aturar, por pasarvos por aquí, e, moi especialmente, polos vosos comentarios ;)

I have been making some zipper earrings matching the zipper bracelets I have shown in the previous post. They are not so difficult to sew, but, believe, it is quite complicate to take them to the exact shape you are loking for, and, what is more, make it twice! However, they turned out very nice, and that always make worth the effort! Thanks for stopping by!

viernes, 13 de abril de 2012

Moedeiro de Mis Retales - Mis Retales Coin Purse

É unha delicia, segue a chover! Xa pode un andar de novo con xerseis de la, xa se pode un esconder andando embaixo dun bo paraugas, mentres observa as pedras da cidade brillando á luz das farolas. Os que algunha vez estivestes en Santiago, xa entendedes que intento transmitir, a que si?

E así andamos, a desfrutar das cousas da casa. Falando de cousas que están na casa, este fin de semana pasado, unha compañeira tróuxome ao Carballiño un encarguiño que lle fixera eu a unha estupenda creadora de pezas téxtiles e outros complementos. É Mis Retales, que ademais de visitar unha chea de lugares para vos levar as súas pezas, ten unha páxina que actualiza (!!!) todos os días. Co traballo que dá iso, aiiii! Podedes premer aquí para ver o seu blog.

Pois dende a primeira vez que vin estes moedeiros quedei absolutamente prendada: da tea, da forma, do botón... E Mis Retales foi tan amable que gardou un para min durante máis de dous meses... Agora xa o teño e estou súper encantada con el. Xa está en uso, que só o saquei do bolso para lle facer estes retratos :). Graciñas, A.!



O moedeiro de Mis Retales, está causando admiración!






Still raining. Perfect weather for wearing wool sweaters, for baking cupcakes and for walking under an umbrella seeing the lights reflected on the wet stone paving of the city. Who have ever visited Santiago will easily understand what I mean ;). Today I would like to share with you the super cute coin purse that Mis Retales (link to her blog) sent me last week. Since the first time I saw these purses I fell totally in love with them: the polka dot fabric, the shape, the button... everything. I absolutely love it, thank you A.!

martes, 10 de abril de 2012

Aneis con calceta viquinga - Viking Knit Rings

Aquí estamos un día máis... Pero non é un día calquera, que, por fin, chove!!! Non é que iso sexa o mellor para montar o mercado ao que asistimos todos os martes (Entre Lusco e Fusco, de seis a nove, nas terrazas do Parque de Belvís en Santiago de Compostela), pero se é bo para a terra, é bo para nós ;)

Pois precisamente esta mañá estiven a preparar un encarguiño que me fixeron en Carnota o outro día e que han vir buscar a Entre Lusco e Fusco esta tarde. É un anel, que Rosa quería un pouco máis pequeno. E foi grazas a iso que me dei conta de que aínda nunca vos ensinara este modelo de aneis, que xa levo tempo facendo. Déixovos fotos de varios modelos, feitos con diferentes materiais (cobre, aluminio, etc) pero todos realizados coa mesma técnica, que, basicamente, consiste en crear un aro e unha base para a doa de vidro cun arame algo groso, e despois engarzar a doa cunha trama de calceta viquinga nun arame moito máis fino.

 Coma sempre, mil grazas polas visitas e polos comentarios. É por iso que continuo ;)















Finally, it is raining! It is not so convenient for us today (we are showing our stuff every Tuesday in a little openair market in Santiago de Compostela), but it was very, very necessary. And this morning, as I was finishing a customized ring for Rosa --who is going to pick it up this afternoon at the market--, I realized that I have never shown hiere this type of rings, although I have been making them for several years. I have made them in different materials (copper, aluminum, stainless steel ...) but always with the same technique: a glass bead laying on a thick wire frame, and some thin wire viking knit cabochoning the bead. Thank you all for stoping by!

sábado, 7 de abril de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS VI - CLÁSICAS Earrings VI

Despois dun par de intensos e interesantes días de mercado en Carnota (coas mellores compañas, reencontros inesperados, risas, moitos cafés con leite e ese monte Pindo sempre a mirar por nós) e preparándonos para a edición deste mes da Feira-Mostra de Artesanía e Antigüidades do Carballiño (que é mañá, durante todo o día, na Praza do Concello), tráiovos hoxe a sexta peza da serie CLÁSICAS. Neste caso trátase duns pendentes algo máis grandes que o resto da colección (contando o gancho, 7cm), realizados en aceiro inoxidable, cobre recuberto e amatistas. Coma sempre, o deseño é meu, son unha peza única e están feitos completamente a man con todo o cariño e a paixón do mundo. Espero que vos gusten, aínda que só sexa a metade do que a min me gustou facelos!















 

These have been busy days! Yesterdey we took part in a fair at Carnota (Costa da Morte, not far from Fisterra, the end of the famous pilgrimage route that crosses Europe, the Camiño de Santiago - The Way of St. James) and tomorrow we are attending another event at O Carballiño. Carnota was a lot of fun, and I am sure that tomorrow is going to be an interesting experience too! Inbetween, I would like to show you one more pair of earrings from the CLÁSICAS collection. This time, the earring are made out of stainless steel and cooper wire, with an amethyst as a colour accent. They are slightly bigger that the other earrings in the series (7cm, including earwires), and, as usually, they are my own design and completely handcrafted by me with love and care. I hope you like them!

miércoles, 4 de abril de 2012

Lindas experiencias - Nice Moments

Este fin de semana visitamos a VII Feira de Oportunidades e Artesanía de Sigüeiro. Pasamos dous días estupendos na mellor das compañas. E sucedeunos algo curioso: coñecemos en persoa a Pi, a gañadora do segundo xogo de Asuntos Imaxinarios (o de adiviñar con que estaba feito o anel de arame de trastes)! Pois esta moza estaba a participar nun obradoiro guiado por Susi Gesto, membro dunha familia de extensa tradición na ourivería. E tendes que ver que marabilla de pulseira de prata saíu desa colaboración!

As fotos son de Eva Pérez, a sabedoría é de Susi Gesto, o entusiasmo é de Pi Anatob, e o anel que aparece aí... de Asuntos Imaxinarios ;) 









Last weekend we took part in a Craft Fair at Sigüeiro (amazing moments and amazing people there!), and guess who met we there... Pi Anatob, the winner of our second contest (the one about the fret wire ring). She was attending a personalized workshop with Susi Gesto, an incredible artist, follower of a rich  family tradition on silversmithing. Take a look at the wonderful silver bracelet that Pi made that afternoon... ("Artesan" means "craftman" and "handcrafted").

Eva Pérez made the photographs, Susi Gesto added the wise and knowledge, Pi the enthusiasm, and the ring... well... Pi's ring is the one she won in Asuntos Imaxinarios february contest!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...