lunes, 30 de abril de 2012

Un pequeno descanso - A Little Break

Xa vos comentei a semana pasada que me ía ir uns días de viaxe. Non sei exactamente cando volverei, pero ate daquela non estarei para atender a páxina nin os vosos correos. Para este tempo de pausa, pensei en deixarvos unhas fotos de pezas (todas feitas por min) nas máis diversas técnicas e materiais, e que só teñen unha única cousa en común: son so deseños dos que non tiven gañas de me desfacer, ou que se atoparon unha nova dona, acabei por facer unha versión para min. Noutras palabras: son algunhas das cousas que quixen conservar para min. Máis dunha vez estiven a lle dar voltas a como facer para lle preguntar ás compañeiras blogueiras que fan este tipo de cousas, cales son as pezas coas que verdadeiramente se quedaron. Como iso parece un pouco lioso de organizar, vou comezar por vos ensinar as miñas.

Con todo, teño que dicir que non son persoa de andar con moitas xoias enriba. Demasiado nerviosa para levar aneis e demasiado descoidada para levar pulseiras... Non levo pendentes porque nunca tiven burato nas orellas, e cos pendentes de clip teño o mesmo problema que con aneis e pulseiras. En consecuencia, o que mellor aguanto son os colgantes, digan o que digan as tendencias, que xa sabedes que levamos un par de anos de pescozos libres e parece que aínda nos quedan algúns máis.

Pois aquí vos deixo parte das pezas que de algún xeito máis se acomodaron a min. Querédesme dar a vosa opinión sobre cal preferides? Ou apetécevos ensinar os deseños que fixestes e dos que non vos puidestes desprender? Pois deixádeme un comentario, ou mandádeme un e-mail, e en canto estea de volta miramos de compartilo!














I have already told you that I was going to spend some days in Italy. I am leaving this week, and that means that I am not going to answer your mails or read your comments on this blog. Anyway, I promise I will be back as soon as I can! In the meantime, I would like to share with you a bunch of pics of jewelry pieces (all of them handmade by me), made with very different techniques and materials. They have only one thing in common: are some of the designs I kept for me over the years. I have to admit that I am not a jewelry-type of person: too nervous to wear rings and bracelets... I think I would be able to wear earrings, but I have never got my ears pierced... These are the reasons why you are going to see mostly pendants, although the fashion trends have been going in another direction for the past two years (oh, these naked necks, how sad they look...lol). Hope you enjoy the pics, and tell us wich one is your favourite! By the way, the pic under these lines is the only piece of jewelry that I am wearing while I write this. I think I would be ashamed, but it feels really comfortable ;) I hope you enjoy the next weeks and that I will find you here around again when I come back!


E para terminar, confésovos cal é a única cousa que levo enriba mentres escribo isto. Vergoña me debía de dar ;). Non sei como me acostumei a andar con esta tiriña de coiro con remaches, pero xa levo uns catro meses con ela, sen a sacar de enriba. Ai, que raras somos as persoas!  Espero que pasedes uns días estupendos, e que sigades aí en canto poida voltar!



2 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

que bonito todo co que te quedaste!!! eu poucas veces me quedo co que fago...se non o vendo utilizo para regalar os meus amigos...o que mais utilizo ultimamente son os alfileres de muñequiñas e a pulsera que fixen con tupis basandome nos cuadros de mondrian...que me parece que pouca xente a pode apreciar...ainda que tendo en conta que eu fago poucos complementos...o que mais utilizo son pulseiras supoño que por eso e o que mais fago ajajj Ah o que si me quedei para min do que fixen foi unha funda para netbook :)

The Magic's World dijo...

Menudo mosaico de imagenes!!! Que maravilla de creaciones que son todas!!!!!!!!!!! Disfruta del descanso preciosa! ;)
Miauuuuuubesitos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...