Para ter algo que poñer a xogo coas pulseiras de cremalleira, fixemos estes pendentes. Son bastante grandes, pero postos resultan verdadeiramente interesantes e favorecedores. Son sinxelos de facer, pero un chisquiño laboriosos, porque é bastante complicado facer que queden moi ben. Eu estou moi contenta co resultado e espero que a vós vos gusten tamén.
E mentres eu ando coas mans metidas en téxtiles, cremalleiras e outros experimentos, a outra metade de Asuntos Imaxinarios está tendo a fantástica oportunidade de ver de cerca as técnicas da ourivería máis clásica, grazas ao entusiasmo e á xenerosidade da familia Gesto, que no seu obradoiro da Xoiería Taaroa de Sigüeiro están a lle mostrar os misterios da fundición, soldadura, etc. da prata. E claro, cando Asuntos chega á casa, explícalle en detalle a Imaxinarios todas esas marabillas ;) Trae fotos fantásticas, e eu miro con ollos de asombro eses obxectos, ferramentas e utensilios, que ás veces parecen sacados dunha peli estraña, de paisaxes postnucleares ou exoplanetarias, e, na maior parte dos casos, evocan, como non, a parafernalia dun alquímico laboratorio onde a maxia da transformación dos elementos se dobrega en obediencia das ordes sabias da persoa que ten a mestría, rendendo pleitesía aos desexos do fabbro, para, finalmente, provocar a maxia.
Delirios meus á parte, voulle tomar prestada unha foto a Susi Gesto, para que vos deades unha pequena idea do que estou a falar, e en canto teña algo máis de tempo xa vos contarei algo máis en detalle.
Gracias por me aturar, por pasarvos por aquí, e, moi especialmente, polos vosos comentarios ;)
I have been making some zipper earrings matching the zipper bracelets I have shown in the previous post. They are not so difficult to sew, but, believe, it is quite complicate to take them to the exact shape you are loking for, and, what is more, make it twice! However, they turned out very nice, and that always make worth the effort! Thanks for stopping by!
3 comentarios:
Preciosos y muy originales.
besos
uuuuuoooooohhhhhh que interesante!!! estan fundindo prata?? Os pendientes preciosos ainda que na foto non parecen grandes...pero son moi bonitos ;D
Son super bonitos!! Me encantan las cosas hechas con cremalleras, pero este modelo en concreto me ha encantado, son unos pendientes de lo más original!
Miauuuuuubesitos!
Publicar un comentario