martes, 24 de abril de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS VII - CLÁSICAS Earrings VII

Ando tan liada estes días que non atopo momento para subir as fotos do sétimo modelo da serie CLÁSICAS. Agora coa primavera comeza a haber un montón de eventos aos que ir, e sempre hai que preparar o material, renovar "infraestruturas"... Por riba, proximamente vou ir uns días a Italia, e, queiras que non, sempre hai asuntos que organizar e cousas ás que lle dar voltas na cabeza (por non falar, claro, de que lle teño pánico aos avións, e xa hai case un mes que vivo atormentada coa perspectiva ;).

En calquera caso, estou encantada de vos ensinar estes pendentes, feitos completamente a man con fío de aceiro inoxidable. Foi un traballo minucioso, no que, coma sempre no caso dos pendentes, unha das maiores dificultades é conseguir que a segunda unidade resulte o máis parecida posible á primeira. Aínda sendo un dos modelos máis monocromos da serie, ao poñelo eu diría que é un dos máis atractivos, se non o máis. É coma se achegara unha especie de vivacidade ou alegría ao rostro, co que case estou por asegurar que é un modelo de pendentes que quita anos de enriba! Pendentes anti-idade non serían mal invento! Ademais, hai dúas posibilidades á hora de levalos postos, unha coa espiral cara ao lado interno enmarcando o rostro en forma de corazón, e outra coa espiral cara a fóra, producindo maior sensación de movemento e dinamismo. Á escolla da futura dona quedará! Que, por certo, se algunha de vós quere selo, mandádeme un e-mail e falamos ;) Polo momento, espero que vos gusten!
  








 
There are a lot of upcoming craft events in spring! And that means tons of things to prepare: stuff, structures... Besides, I am going to travel to Italy in a few days, and to tell the truth, I hate planes. Well, not planes, but flying; ok, I do not hate them, I am only terriefied of flying, and this is taking part of my sleep time away! These are some of the reasons why I could not find the time to post the seventh earrings of the CLÁSICAS Collection. I was looking forward to share them with you, because despite of their monochrome look (they are enterely handmade out of stainless steel wire), these earrings are one of the most attractive designs of the Collection. They provide a sort of liveliness or vivacity to the face, that actually functions as a kind of anti-aging system! Thanks for stopping by and I hope you like them!

3 comentarios:

The Magic's World dijo...

Pero que preciosidad que son!!!!!!!!!! Me encanta tu trabajo y estos pendientes son un ejemplo de las maravillas que haces!!!!
Miauuuuuuuubesitos!

P. dijo...

Me gustan. Son vistosos, y tienen pinta de ser muy ligeros.

NaranjitaVerde dijo...

preciosos!!! notase que teñen moito traballo!!! que envidia me das!! eu tamen quero ir a italia!! ti pensa que non hai de que preocuparse que os avions non suelen cair...pasao moi ben!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...