Pendentes para estar guapa
Comezou a primavera, e comeza a tempada de mercados... Na cabeza ando cun baile de datas, lugares, contactos... Cando xa estás metido nesa voráxine, xa parece que vai todo un pouco rodado, pero cando ves a de preparativos que hai que facer para a tempada... uf, a min sempre me da un pouco de vertixe. Ademais, este ano estreamos mesa nova para o posto e aínda hai unha chea de cousas por decidir... O caso é que entre unha cousa e outra, ando xa toda estresada e, coma sempre, éntranme as dúbidas todas sobre se paga a pena meterse nestas complicacións... E isto, cando aínda non temos motivos reais de apuro...
Pero vaia, por outro lado, faime ilusión participar nas mostras e mercados, porque me dá a oportunidade de expoñer en vivo os traballos preparados durante o inverno, e este ano sinto unha ilusión especial por presentar a serie de pendentes CLÁSICAS, da que hoxe vos quero mostrar un novo modelo. A verdade é que todos os pendentes desta serie, ademais de que se consideren bonitos e elegantes ou non, todos teñen algo en común: sentan ben. Quedan tan ben, que sinxelamente estás máis guapa con eles! E esta é a razón de que me apeteza tanto ensinalos ao vivo!
Neste caso, coma no modelo SALI, tamén hai dúas versións dun concepto moi semellante. A primeira, é unha filigrana realizada en aceiro inoxidable e rocalla:
E agora a segunda versión, que é dun tamaño un pouco máis pequeno que os anteriores, e está feita en cobre chapado (se ampliades a foto, podedes ver nas cabezas de corte dos arames a cor rosada do cobre) e mais rocalla negra. Espero que vos gusten, e lembrade que podedes adquirir estes pendentes mandándome un e-mail a asuntosimaxinarios@gmail.com
5 comentarios:
son preciosisisimos!!! os 2!!! que mans!!! Non te estreses que seguro que te divirtes moito nas feiras :D Tes que ir poñendo datas e lugares para poder acercarnos a ver todas as tuas marabillas jejej
Son preciosisisisisisimos!! a mí me gustan más los grandes, pero eso ya va en gustos, los dos te han quedado maravillosos ¡eres una artista!
Que maravillosos pendientes!!! son una delicia!!
Miauuuubesitos artista!
I so enjoy seeing your creative and inventive pieces. But, no more English? :(
I loved that you included a bit of English so those of us who have never been able to master a second language could enjoy your work too.
Mil gracias a todos! Me gusta que os gusten!
And Michele, thanks for stopping by and also for your kind words! I promise I'll try to add some words in english (even if that means exposing my poor language skills and destroying the english grammar ;)
Publicar un comentario