lunes, 27 de febrero de 2012

Gañadora do xogo - Contest winner

Pois a gañadora da adiviña do mes, sobre con que material estaba feito o anel en forma de rosa, Pi Anatob, que acertou a través de facebook, xa recibiu o seu premio e nos enviou unha foto do ben que lle quedaba. De novo graciñas a todos por participar, é divertido grazas a vós ;). Esta é a foto que nos enviou Pi:

The winner of our february contest, Pi, send us a pic of the ring she won playing with us. Take a look:





Pois xa estamos a pensar no próximo xogo (que vai haber que poñelo máis difícil, que sodes moi listas ;), pero agora mesmo, o que me fai máis ilusión, e que en dous días vou comezar a presentarvos a nova serie de pendentes na que estiven a traballar este inverno. É unha serie en principio pechada, formada por doce modelos de pendentes, onde cada un ten un sentido especial e un papel dentro desa serie. Para min foi coma se se estivese a establecer un diálogo entre os distintos deseños, sempre dentro do proceso de elaboración dunha liña estética moi definida, con influencias e intencións ben manifestas. Só espero que vos guste tanto como me satisfixo a min...

In a couple of days I will be presenting all of you the new earring series I have been working on during winter. The series is formed by twelve designs, each one carrying his own special meaning and his own contribution to the overall aesthetic intention of the series. I hope you will like it ;)

1 comentario:

NaranjitaVerde dijo...

eu quero outro xogo!!! que me encanta a imaxinacion que tes de sacar cousas tan bonitas de algo tan raro jejej quero ver coleccion de pendentes!! que os meus causan furor!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...