domingo, 12 de febrero de 2012

Xogamos de novo? - Let's Play Again

Como parece que tanto a vós como a min nos divertiu o xogo de adiviñar para que servían os mouchos, propóñovos unha nova adiviña...

Esta vez trátase de dicir con que material están feitos estes aneis, e non me refiro á aliaxe nin nada polo estilo. Seguindo co principio da reciclaxe e do "upcycling", están feitos cun tipo de "arame" que normalmente se emprega para algo completamente diferente. E aí está a cuestión... Cal é o uso normal deste material?

Como premio, o gañador ou gañadora recibirá na súa casa, de xeito gratuíto a calquera parte da península Ibérica, un destes aneis, o que prefira (ou un parecido na talla axeitada).


Normas de participación:


- Non hai normas. Este non é un concurso serio, só un divertimento. Non hai condicións para participar, nin límite de propostas, nin nada de nada. Agradécese a difusión, pero non é un requisito.

- Podedes tomar parte a través desta páxina, ou no noso facebook. Se comentades aquí sen ter unha conta en Google, por favor, deixade un enderezo de correo electrónico para poñernos en contacto con vós, porque o premio si que é serio, e si que volo enviaremos por correo en canto teñamos gañador.

- Imos poñer unha semana para resolver o enigma, ate o próximo domingo.

- O primeiro que acerte, leva o premio. Se nunha semana ninguén adiviña concretamente (ten que ser moi concretamente) que é este material, eu á miña bola decidirei a proposta que me resulte máis simpática ou descabellada, e esa será a premiada.

- Aos que eu en persoa xa lle teña dito con que están feitos, quedades excluídos do xogo. E téñovos controlados, amigos ;)

Let's play again. This time you have to guess what kind of material was used to make this rings. If your guess is right, you will win one of these rings, the one you like the best, and I will send you for free (Spain and Portugal only). You can make as many guesses as you want, and if no one finds the right answer, in a week I will pick up the (for me) funniest answer, and this will be the winner. If you do not have a Google account, please leave an email adress.


Participades? Pois estes son os aneis:



A adiviña vai polo metal prateado groso, o finiño é cobre ;)










4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

ooohh ooohh que bonitos!!! jejje o que mais me gusa e o ultimo ;D Eu creo que o arame de cor cobre e dos que veen dentro dos cables da electricidade jejej meu mozo ten moitos de esos jujuujuj e o ultimo faime pensar nas latas de melocoton en almibar jajaj tiras cortadas de esa lata jajaj nu se nin idea....

su dijo...

Son braquets para cavalos

Asuntos Imaxinarios dijo...

Graciñas aos dous por participar... pero non, nin é dunha lata nin son braquets para cabalos (sexa o que sexa que sexa iso;). Podedes facer máis intentos se queredes, será un pracer lervos!

Ah, no meu facebook hai unha nota sobre que NON é ese arame!

The Magic's World dijo...

Son los tres preciosos!! Y la verdad no se con que pueden estar hechos, talvez por las marcas que se ven en el segundo y tercero apostaría por las anillas de algunas botellas de vidrio que llevan el tapón metálico. A ver si al menos me acerco XD
Miauuuubesitos!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...