miércoles, 15 de febrero de 2012

Anel de trastes - Upcycled Fret Wire Ring





Adiviña resolta!


Primeiro que nada, quero agradecer a participación de todas as persoas que responderon ao reto con incrible imaxinación e entusiasmo, sobre todo a través de facebook. E en pouco máis dun día (ledes ben, pouco máis dun día), apareceu unha resposta acertada, e, polo tanto temos nova gañadora do xogo de adiviñar. Trátase de Pi, que acertou a través de facebook, respondendo que era "o metal onde se apoian as cordas dos instrumentos musicais", e a quen lle enviarei nos próximos días o seu anel correspondente. E, efectivamente, iso era o material secreto, arame de trastes. É un arame con sección en T, no que a parte con puntiños vai incrustada na madeira e a parte redondeada sobresae para que se poida premer as cordas contra ela. Mirade, é este:






Aquí podedes velo no seu uso normal. Trátase desas pequenas pezas metálicas do mastro da guitarra:



Fonte: Wikimedia Commons


Para min, a conclusión máis importante de todo isto, é que é posible crear beleza con materiais inesperados, mesmo cos máis humildes. Trátase de soltar a imaxinación, de que o valor material non teña sempre que superar ao valor estético, de que asimilemos que non debemos ter cos obxectos que nos rodean unha relación de usar e tirar, que hai máis vida útil despois da vida útil, e que sempre hai que intentar aplicar a reutilización, o upcycling e mesmo o downcycling antes da reciclaxe.





E, coma sempre, o máis chistoso destes retos, é que grazas a todos os que participastes, agora temos unha boa lista de materiais que se poderían empregar para facer aneis. Todas as incribles suxestións están recollidas nunha nota do facebook de Asuntos Imaxinarios, pero nos próximos días contareivos neste espazo o milloriño das ideas achegadas por vós ;). Pois o dito, que graciñas a todos por colaborar con tanto sentido do humor, e que vos agardo en próximos retos!!

4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

ves eu nin sabia que os instrumentos levaran eso jajjaj Oissshh teño que enseñarche o meu vestido con cachiños de lata de cocacola jjej (ainda que non sei moi ben donde esta jajaj) e tamen fixen un cuello con bolsas do super ;D Estou desexando ver mais creacions recicladas :D Biquiños!!!

The Magic's World dijo...

ostraaaaaaaaas claro!!! Ahora que lo dices es muy fácil de verlo! XD Me encanta este upcycling :D
Miauuuubesitos!

Asuntos Imaxinarios dijo...

;) Graciñas ás dúas polos comentarios!

Naranjita, tesme alucinada co do vestido con cachos de lata de cocacola... pero cómo, en plan lentejuelas?? jajajaj... iso teño que velo eu! Biquiños!!!

Karen dijo...

Que original ! Me encanta.......guau !

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...