miércoles, 31 de agosto de 2011

Tetra orbe - Chainmaille Tetra-orb

Moita xente me leva preguntado dende hai tempo que é o que vén sendo o couso que aparece na foto do noso perfil. Como durante este mes de agosto non tiven moito tempo nin para facer moitas pezas novas, nin moito menos para lles sacar fotos, aproveito para responder a todos os que se interesaron pola figura en cuestión:




Pois trátase dun tipo de trama orbital (chámanse tramas orbitais porque algún dos elos se sostén unicamente por "orbitar" ou rodear outros e non por ir enganchado nalgún, coma sucede nas demais familias de tramas), que no canto de estar disposto en forma de cadea plana se monta en tres dimensións para acadar unha figura de base catro.

A primeira vez que fas unha tetra-orbe pode resultar un pouco desquiciante conseguir enganchar todas as arandelas... Pero cando lle colles o truco é ben fácil. No caso da que vedes na foto, leva dentro unha doa branca e estaba pensada para engadir a un chaveiro, pero a tetra-orbe concreta nunca chegou ao destino e acabou por se converter nunha especie de "mascota" que xa me leva acompañado moito, moito, e ademais acabou por ser a imaxe habitual do meu perfil.

En calquera caso, as tetra-orbes son figuras interesantes, moi axeitadas para facer pendentes ou para poñer en calquera cousa que pendure: colga-móbiles, marca-páxinas, chaveiros... Se premedes aquí lévavos a un titorial moi clariño, e aquí a un vídeo de youtube. Se vos animades a facelas encantaríame ver fotos!!

2 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

encantame!!! cada vez q vexo algubha das tuas obras danme ganas de facer algo pa min e mais agora que na tenda q vou sempre teñen arame de aluminio de cores...pero cando penso en que hai q facer tantas arandelas xa se me quitan as ganas jaja
precioso e moi moi bomnito!!!

The Magic's World dijo...

Me encantaaaaaa!!! :D Eres la reina de las anillas!!! :D
Besoooos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...