Parece que finalmente remata o verán, aínda que hoxe volve haber un sol espléndido. Foi unha tempada intensa, na que participamos en moitos mercados en diferentes sitios e compartimos xornadas de sol e de choiva cunha morea de xente. Estivemos, por exemplo, no Carballiño, en Marín ou na Coruña e asistimos a festivais coma o Foundation Reggae Festival de Miño ou o Reperkusión de Allariz, que aínda foi a semana pasada, e probablemente será o último mercado desta tempada fóra de Santiago. A maior parte deles foron fantásticos, aínda que tamén houbo desastres radicais (sobre todo por cousas do clima ;).
Estas son algunhas das imaxes do noso posto en distintos sitios:A partir de agora, intentarei retomar o ritmo do blogue mentres vou acabando cos novos deseños para este outono. Espero que sigades a estar aí ;)
3 comentarios:
Genial los momentos compartidos por los mercadillos. Esperando con ansia ver las nuevas piezas
ooooooohhhhhhh que ben que volvas por aqui que ganas de ver as novas cousiñas!!! alegrome de que o pasaras ben nos mercados!!! seguro que coñeceste a moita xente e tes moitas anecdotas pa contar :D
Que ganas de verte otra vez por aquí!!! :D Veo que no has parado entre mercadillo y mercadillo!! Genial!!
Besos artista!
Publicar un comentario