Despois dun pouco de descanso do traballo con cadeas, un encargo volveume traer ao mundo das arandelas... Neste caso, trátase dun colgante realizado en cobre esmaltado de 0.7 e 1.4 mm. A trama chámase Stepping Stones, (que nin a inventei eu, nin lle puxen eu o nome ;) e é da familia das tramas xaponesas. Como todas as desta familia é bastante fácil ver como hai que armalas, pero un titorial sempre axuda!! Premendo aquí veredes un paso a paso en inglés desta trama de malla. Espero que vos guste e, sobre todo, espero que lle guste á futura dona!
E cambiando de asunto, cóntovos que este fin de semana volvo ter mercado, desta vez na Festa da Istoria de Ribadavia. É unha celebración declarada de interese turístico nacional e é unha oportunidade tan estupenda coma outra calquera de ir visitar esta vila e a súa contorna. En serio que merece a pena. E vaia, se vos achegades por aló, podedes aproveitar para virme ver a min, que sempre se agradecen as visitas...
4 comentarios:
ooooooooohhhhhh pero que bonito!!! encantame!!! e preciosisimo!! ten que gustarlle a forza co bonito que é!!!
eu fun o ano pasada a festa da istoria gustoume moito pero pareceme mellor a pontevedra ;D si vamos este ano dareiche unha visita jejej
Me encanta!!! :D Como todo lo que haces! Que artista!! ;)
Besitoooos!
Hola, ¡¡¡Que cosas más lindas haces!!!
Gracias por tus comentarios en mi blog
Un besazo
Artista!! pasate por mi blog que tienes un regalito! ;)
http://themagicsworld.blogspot.com/2011/08/romantic-spirit-avance-de-la-nueva.html
Muchos besos guapa!
Publicar un comentario