lunes, 30 de mayo de 2011

BÁSICOS DAS TRAMAS DE MALLA

I: FACER ELOS

O primeiro que se precisa para facer cadeas ou tramas de malla, son elos. Pódense mercar feitos, pero é difícil atopalos sempre no material que un quere, no grosor axeitado e nos distintos grosores que conveñan. A solución é facelos un mesmo. Para cortalos pódense usar varios métodos, pero o máis común é facelo cun alicate de corte, e como mellor quedan é cortándoos dun en un, que é o que imos explicar a continuación.

Lo primero que se necesita para hacer una cadena o trama de malla, son anillas. Se pueden comprar hechas, pero a veces es difícil encontrarlas del material, el diámetro o el grosor que buscamos. La solución es hacerlas uno mismo. Hay distintos métodos para cortarlas, pero lo más normal es hacerlo con un alicate de corte. Para que queden bien, conviene cortarlas de una en una, que es lo que explicaremos a continuación. Para empezar necesitamos: un alambre, un tubo de cualquier material sólido y unos alicates de corte.


Para comezar precisamos: arame, un tubo de calquera material sólido e uns alicates de corte.

1- O primeiro paso é enrolar o arame no obxecto cilíndrico ou tubo e facer un resorte.
Empezamos enrollando el alambre en un tubo para hacer un muelle.






2. Sácase o resorte do tubo e ábrese un pouquechiño coa man tirando dende os extremos, para conseguir que as voltas se separen aproximadamente 1mm (facemos isto para que sexa máis fácil cortar os elos e para non deixar marcas coa punta do alicate na volta de enriba ao facer o corte).
Sacamos el muelle del tubo y lo abrimos un poquito tirando de los extremos con cuidado, para conseguir que nos quede una pequeña separación entre las vueltas (aproximadamente 1 mm es suficiente). Hacemos esto por dos razones: que sea más fácil cortar las anillas y que no hagamos marcas en la vuelta siguiente del muelle.





3. Antes de cortar o primeiro elo, convén recordar que os alicates deixan unha sección diferente a cada un dos lados do corte realizado. Se cortamos á metade un arame un pouco gordo, veremos que os bordes que quedan nos dous anacos resultantes son distintos: o que se corresponde coa cara máis plana do alicate é recto, o outro, oblicuo. Hai que ter isto en conta porque nos interesa acadar os cortes máis rectos posibles e obter uns elos ben rematados. Polo tanto, faremos os cortes sempre coa cara plana do alicate cara ao que vai ser o elo.

Antes de cortar la primera anilla, conviene recordar que los alicates dejan una sección diferente a cada uno de los lados del corte: si cortamos a la mitad un alambre un poco grueso, veremos que los bordes de cada uno de los trozos resultantes son diferentes: recto, el realizado por la cara más plana del alicate, y oblicuo el otro. Es importante tener esto en cuenta porque nos interesa conseguir los bordes más rectos posibles y tener así anillas bien rematadas. Por lo tanto, haremos los cortes siempre con la cara plana del alicate hacia lo que será la anilla.




4. Seguimos a cortar os elos do mesmo xeito, tendo en conta que de cada vez vainos quedar no extremo do resorte un corte oblicuo, polo que convén facer un pequeno corte co lado recto cara ao elo (1-2mm) e eliminar o borde oblicuo. Quero insistir en que compensa cortar coidadosamente os elos, pois a calidade do corte dos elos é o que nos vai dar a calidade das cadeas que fagamos con eles.

Continuamos cortando las siguientes anillas, teniendo en cuenta que como en la punta del muelle nos va a quedar un borde oblicuo, es mejor hacer un pequeño corte (1-2 mm) para dejar siempre un extremo recto en la anilla.






Outro día máis!!!

jueves, 26 de mayo de 2011

Nó de entrelazo - Copper celtic knot

Colar de cobre, aceiro, vidro e algodón. Foi un encargo de alguén que desexaba un colar que tivese un certo estilo celta. Eu non son demasiado amiga deses tópicos, pero creo que conseguín un certo equilibrio entre a influencia dos entrelazos e un estilo moi poñible e actual. O caso é que á dona encantoulle e así estamos todos felices ;)

Copper, steel, glass and cotton necklace. It is a bespoken piece for someone that asked for a celtic style necklace. I do not rely too much on these clichés, but I think I have achieved a suitable balance between the celtic aesthetics and a an up-to-date style. And what is more important: the new owner of the necklace is very happy with it, and that could not make us happier ;)






martes, 24 de mayo de 2011

E para o día a día que? - What about everyday wear?

Pois para o día a día propoñémosvos unhas pulseiras máis lixeiras, con motivos centrais en cobre e aceiro e montadas en fío groso de algodón, que lle achega ás pulseiras comodidade e naturalidade, e ao tempo que fai resaltar aínda a beleza das tramas metálicas. Estes son algúns dos modelos:

Maybe the look of some intrincate wirework designs is somehow too elaborate for everyday wear. Therefore, I would like to show you today some lighter designs, thaught for providing comfort and easyness to the beauty of the copper and steel weaves. These are some examples:






viernes, 20 de mayo de 2011

Colar de cobre - Copper necklace



Dende hai un par de días ando un pouco decepcionada con certos asuntos, asique vou pasar directamente ás fotos deste colar de cobre, así non falo demais...Este tamén é deses que leva moitas horas facer, pero que ao final, cando o tes entre as mans, paga moito a pena ;). Due to some disappointing issues that happened recently, I'd better go directly with the pics of this nice copper necklace, in order to do not let it slip out...














martes, 17 de mayo de 2011

Pulseira de malla - Chainmaille bracelet

Esta é unha pulseira de trama Chícharo que fixemos por encargo. Está realizada en cobre esmaltado e aluminio para non aumentar o peso da peza, porque coma un se descoide, estas cousas acaban pesando bastante...

Aproveito para vos lembrar que podemos facer pezas por encargo en calquera trama que queirades e cos materiais que prefirades: en cobre esmaltado, cómodo e sorprendente, en cobre chapado, elegante e delicado, en aluminio, lixeiro e informal, en aceiro inoxidable, unha xoia para toda a vida, en prata, clásico e elegante...

This a bespoken bracelet, made out of enameled copper and aluminium in Sweet Pea weave. I would like to take the opportunity to rememeber you that we also make our pieces to order, so you can choose your favourite weave, size and materials: enameled copper, amazing and comfortable, artistic wire, elegant and refined, aluminium, light and casual, stainless steel, an everlasting jewel, silver, classical and elegant...









domingo, 15 de mayo de 2011

Resorte de cobre - Copper coil

Parece que a entrada perdida quedou definitivamente abducida por blogger. Pois nada, a engadir máis ;). Hoxe quérovos ensinar outro conxunto en cobre esmaltado, esta vez feito con resortes dobres, é dicir, resortes feitos con resortes... Mellor védelo e decídesme que vos parece ;)
Seemengly, my lost entry was once for all abducted by blogger. Well, lets add some more ;). Today I want to share with you another enameled copper set, this time made with coiling techniques, or more precisely, with coiled coils... Please take a look...

A gargantilla, con cordón de algodón. Choker with cotton cord:








Os brincos, con gancho de aceiro inoxidable. Stainless steel earrings:






E a pulseira, tamén con algodón. Bracelet with cotton cord:


sábado, 14 de mayo de 2011

Coma en Fringe - Like in Fringe

Pois nada, o tempo circular de blogspot fixo desaparecer a miña última entrada. Entendo que pechen por mantemento e todo iso, pero agora xa se pode acceder e aínda así os cambios dos tres últimos días están desaparecidos...


Cito de memoria e T.S.Elliot: "Time present and time past / are perhaps both present in time future, / and time future contained in time past." Vaia, que chegado o caso, sempre pode ser que a entrada pasada reapareza no futuro e que noutro hipotético futuro posterior eu borre esta entrada... ou non. Claro, que tendo en conta que a entrada se titulaba "Pajaritos preñados", trataríase agora de sumar un paradoxo físico ao xa comentado paradoxo temporal...

Ía seguir cos delirios verbais, pero non ten caso. Perdoade por favor estas boutades todas e a ver se isto volve á normalidade axiña...

Well, the round sense for timeline that blogspot shows, made my last entry in this blog disappear. I can understand than they close temporarily due to maintenance issues, but now blogger is functioning again and the changes I have made during the last three days are gone. I quote T.S.Elliot from memory: "Time present and time past / are perhaps both present in time future, / and time future contained in time past.". That is to say, maybe the lost entry reappears in the future and maybe in another hypothetical future I will be deleting this entry... or not. And taking into account that the lost post was entitled "Little Pregnant Birds" we will be adding a physical paradox to a temporal one... I hope that everything returns to normal asap and I would like to apologize for beeing so touchy...

viernes, 6 de mayo de 2011

Conxunto en alpaca - Nest set

Seguimos ben atarefados preparando o evento de mañá en Redondela. Aínda que a maior parte das cousas quedaran preparadas dende o sábado pasado, sempre hai cousas que organizar, recolocar e repoñer. Alguén me dixo un día, con moita razón, que a un mercado de dous días hai que lle dedicar catro: un para empaquetar, dous para estar alí e outro para volver as cousas ao seu sitio. Menos mal que é bastante divertido tratar coa xente, que senón non compensaba o esforzo...

O caso é que mañá pola tarde e mais o domingo todo o día podédesnos vir ver á Alameda de Redondela, que nós estaremos encantados de vos coñecer ;) We are still very busy preparing tomorrow's event in Redondela. Almost everything is ready, but there are always things to reorganize or replace. Someone told me once that a two-day fair means a four-day work: one for packing things, two for being there and another one to put everything back in the right places. Luckily, dealing with people is a lot of fun for me, otherwise it would not be worth the effort... And by the way, I would be very pleased to meet you all, so, please, come and visit us on Saturday and Sunday at the Alameda in Redondela!

Seguindo a recuperar fotos de hai uns meses, hoxe tócalle a un conxunto de colgante e pendentes en forma de niño, feito con alpaca e granates. É unha desas pezas que nunca intentei repetir, porque ese aspecto de forma libre, resulta que é bastante traballoso de acadar... En realidade, o resultado paga a pena, porque o conxunto é verdadeiramente elegante e delicado. A ver se vos gusta...






This earrings and pendant set was made some months ago. The nest shape in german silver surrounds some nice garnets. I have never tried to make this piece again, because the seemingly easy free form out of german silver strips is actually pretty difficult to achive ... Anyway, the set is very elegant and delicate and maybe would be worth another try on it...




E este é o anel de aceiro que completa o conxunto: and here, the steel ring that completes the set:


miércoles, 4 de mayo de 2011

Espiña de peixe - Herringbone technique

Ultimamente non tiven moito tempo para lle dedicar á páxina, entre a Semana Santa, a gripe e a feira de San Pedro, que por certo foi unha xornada estupenda. Mirade como era o ambiente na rúa (antes de que comezara a tronar...) nunha foto tirada polos amigos de Coso Botafumeiro:


Á parte disto, en realidade fixen bastantes cousiñas nesta semana, pero non topei momento a xeito para facer fotos en condicións. Ademais, agora xa andamos a preparar o próximo mercado, que vai ser este fin de semana en Redondela. Celebran a moi sonada Festa do Choco, que xa vai na súa edición número XXIII, e como parte do programa organízase un mercado de artesanía na Alameda. Alí estaremos pois o sábado día 7 pola tarde, e o domingo 8 todo o día.

Dende O Viso, que está case ao lado de Redondela, así estaba o verán pasado a ría de Vigo, coa Illa de San Simón en primeiro plano, e o Atlántico e as Illas Cíes ao fondo.
I just have not had enough time lately to work on the site. First I had the flu and then we had San Pedro's Fair (it was a wonderful day). Actually I have been working on many things, but I could not find time to take some good pics of the pieces. Moreover, we are already preparing things for our next fair, that is going to take place on Saturday 7th and Sunday 8th May in Redondela.This pic was taken last Summer from O Viso, a hill near Redondela. In the foreground you can see San Simon Island, and in the background the Atlantic Ocean and the Cíes Islands.


Á parte vos recomendar unha visita ás terras de Redondela, vou aproveitar para vos ensinar algunhas fotos de pezas de hai algún tempo. As máis delas xa as publiquei nalgún outro sitio, polo que poida que a algunha de vós xa vos resulten familiares. Trátase dun par de brincos e mais un colgante realizados en aceiro inoxidable e con distintos tipos de doas. O que teñen en común é o engarce, que está feito cunha técnica chamada "espiña de peixe". Esta curiosa técnica pode producir efectos verdadeiramente delicados e sorprendentes.

Besides recommending you a visit to Redondela, I am going to take this opportunity to show you some past pieces. They are two earrings and a pendant, and what they have in common is the technique involved: the herringbone weave. This is a pretty easy technique, but it can produce very delicate and surprising effects.

Vendidos - Sold




Vendido -Sold
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...