Mostrando entradas con la etiqueta collares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta collares. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de noviembre de 2012

Gargantilla de cobre - Copper necklace

Xuntas diferentes calibres de fío de cobre, tratados cada un por separado con pátina de lume para buscar o contraste entre as liñas, e fas unha gargantilla. E, case sen querer, aló vai outra tarde da túa vida... nunha gargantilla... 
 
Que cousas ten a vida...






viernes, 28 de octubre de 2011

Colar de no Pipa - Pipa Knot Necklace

Hoxe quérovos ensinar un colar que fixen xa hai algún tempo, pero que creo que aínda non o publicara. Sei que algúns de vós xa coñecedes, pero seguro que non todos... Este colar foi un deseño bastante complexo, con moito traballo previo sobre papel, e, aínda así, con moitos cambios sobre a marcha. É dicir, que foi un traballo laborioso, deses que é durante o proceso de elaboración requiriron quedar en repouso días ou semanas mentres a imaxinación e o lapis acababan de axustar a súa forma imprescindible.

Forma imprescindible? Si, ás veces as cousas teñen forma imprescindibles, que só recoñeces cando as atopas. Nese momento, sábelo: si, iso era o que buscaba sen saber que buscaba. É unha especie de revelación ;)... Ou quizais non sexa mérito do creador, senón que acaso se trate da súpeta manifestación da vontade estética dos materiais... Ups, como se me vai a pinza ;)

Esta é a peza. Está realizada en cobre esmaltado, cobre natural, doas de vidro e perlas. É un deseño de inspiración victoriana no tocante á forma, e que emprega como filigrana central unha roseta de nós chineses, os nós Pipa. Asegúrovos que posto é absolutamente espectacular...

This necklace, made out of enameledd copper, copper, freshwater pearls and glass beads, went under a long journey of paper sketchs and changes of mind before achieving the final shape. It a design inspired in victorian style necklaces, with a rosette of four chinese Pipa knots as a center piece. Hope you like it!









jueves, 14 de julio de 2011

Colar de malla - Chainmaille choker

Hoxe quería deixar aquí anotadas unhas cousas.

O primeiro, e moi importante para min, é agradecer a constancia de todos os que seguides esta páxina, os vosos ánimos, as palabras de apoio nos comentarios e nas mensaxes privadas, e tamén eses piropos esaxerados que me botades ás veces (serán esaxerados, pero para que enganarnos, animar, animan ;). Creo que teñen especial mérito aquelas persoas non galegas que se esforzan a diario por me ler e me entender. Sacar adiante unha páxina nunha lingua minoritaria é complicadísimo, e facéndoo, sei que renuncio a gran parte dos posibles lectores. Por iso agradezo especialmente a compañía dos que non entendedes galego. Por riba, nestes momentos non teño tempo para a tradución ao inglés... Claro que, por outra parte e como xa vos puidestes dar conta, era completely made by me, co que non sei se non era peor o remedio que a enfermidade....

Tamén quero mencionar ás persoas que me vou atopando en distintas mostras e feiras. Sen o apoio de uns, as palabras eloxiosas doutros e as compras e encargos doutros tantos, todo isto non sería posible. En consecuencia, a miña vida sería máis triste (pero por outro lado tería algo de tempo libre algunha vez, jajjaja)...

E finalmente, queríavos pedir desculpas por non ter actualizado o blogue tanto como me gustaría e mais por non poder devolver a visita ás páxinas tan alucinantes que teñen moitos dos seguidores desta. Espero que en breve todo volva á normalidade ;).

Resumindo: grazas por estar aí, por participar e por compartir.


Como tampouco teño tempo para facer fotos das cousas novas, déixovos unhas imaxes dunha peza do ano pasado e que xa hai meses que foi adquirida (ía para os EE.UU). É un colar realizado en cobre esmaltado e aluminio negro. Está construído con seccións da trama Europa 4-1 en forma de diamante e mais unidades Moebius. Posto, tiña un aspecto máis clásico que nas fotos e resultaba un complemento moi consistente, que non requiría máis que unha blusa branca para atraer todas as miradas.







Onte olvideime, pero completo hoxe a entrada... É que o colar levaba uns pendentes a xogo... Aí os van:








martes, 19 de abril de 2011

Gargantillas - Traditional trimming chokers

A miña aboa era costureira, unha moi boa costureira. Sempre estaba rodeada de multitude de caixas, bolsas e paquetes, que, cando eu era pequena (e non tan pequena) me parecía que gardaban os tesouros máis sorprendentes: botóns grandes e pequenos, cremalleiras de todas as cores, cintas, apliques, corchetes... E por suposto, todo tipo de telas. Lamentablemente, non herdei dela a súa habilidade para a costura, aínda que quizais si me regalara a paciencia para facer cousas coas mans.

Un deses tesouros que sempre me fascinaron é a pasamanería e os abelorios que se empregan na confección do traxe tradicional galego. Por iso un día me puxen a buscarlle outra aplicación a todos eses metros de marabillosa pasamanería que ela deixou. Esta é a historia detrás das gargantillas e pendentes que vos quería ensinar hoxe.


My grandmother was a seamstress, and a very good one indeed. She was always sorrounded by a plenty of boxes and bags containing what, as I was a child (ok, I admit, not only when I was a child) semmed to me the most amazing collection of surprisingly treasuries: buttons, zippers, ribbons, appliques, clasps... And of course, all kind of fabrics. Unfortunately I did not inherit her mastery of sewing but maybe she thaught me the patience needed for making things with my own hands. One of these treasuries was the trimmings used in the galician tradicional costume. These are very characteristic trimmings, often with jet stone inlays and wonderful designs always in black. Therefore, one day, I decided that maybe they could deserve another use. This is the history behind the choker and earrings that I am showing you today.








miércoles, 2 de marzo de 2011

Europa 4-1


 Aí atrás faleivos das familias de tramas de malla. Hoxe quérovos mostrar máis en detalle unha delas, Europa. É unha das tramas máis básicas e comúns, sobre todo na elaboración de cotas de malla. Empregábase dende a Antigüidade con este fin, polo relativamente sinxelo que é converter unha cadea nunha forma de lámina ou folla que permita "confeccionar" hauberks, almófares, e outro tipo de proteccións corporais.

A máis habitual e tradicional das variantes desta trama é a chamada Europa 4-1. O nome fai referencia ao modo de construción do nodo básico da trama: introducir catro elos nun (vaia, meter catro elos pechados  nun aberto). Xa nos tempos máis recentes, comezaron a se empregar outras variantes, Europa 6-1, Europa 8-1, etc. Coma no caso anterior, os números destes nomes refírense á técnica de construción: introducir 6 arandelas nunha, oito nunha, etc.

Na rede podedes topar varias guías sobre o método exacto de construción desta trama. En inglés (as fotos falan case por si mesmas) recoméndovos a exhaustivísima páxina de M.A.I.L, onde hai tamén guías doutras moitas tramas. En castelán, a miña suxestión é a páxina de Julio del Junco, onde podedes topar dende o método básico de construción ate patróns para a confección de cotas completas. 



Some days ago I posted about chainmaille weave names. Today I would like to comment one of the most basic and common one, Europe. This weave was used for centuries in chainmaille armour. You can find many Europe variants, but the most common and traditional is the one calle Europa 4-1 (the numbers refer to the construction method of the basic node of the weave: introducing four rings in one). More recent aditions are other Europe variants: Europe 6-1, Europe 8-1, etc (the numbers refer also to the amount of rings introduced in one: six in one, eight in one). You can find online many tutorials on the construction method of Europa weave. My advice: the most comprehensive collection of chainmaille tutorials: M.A.I.L.






 
Agora póñovos uns exemplos de como temos empregado nós esta trama:
Different uses of theis weave in our work:
  
Colar de cobre esmaltado - Enameled copper necklace (vendido - sold)



Na base desta pulseira-anel - In this handflower



Para o cabuxón desta canica - For setting this big glass marble
  

domingo, 27 de febrero de 2011

Proceso rematado - Work in progress: finished

Hai unhas tres semanas ensineivos a peza na que estaba a traballar, un colar de fío de aceiro tecido. A peza central foi montada en cordóns de coiro negro e xa vos podo mostrar o resultado final. Agora creo que debería pensar en deseñarlle uns pendentes a xogo, pero nestes momentos teño a cabeza noutros proxectos...

Three weeks ago I showed you the necklace I was working in, a woven steel wire necklace. The central piece hangs now from two thick black leather cords and it is ready for the new owner. Maybe I should think in designing a pair of matching earrings, but right now my head is somewhere else...

lunes, 7 de febrero de 2011

Creación en proceso - Work in progress

O que vedes a continuación é a peza na que estou a traballar. Trátase dun colar realizado en aceiro tecido. Comeceino hai un par de semanas e resultou bastante complicado plasmar exactamente o que eu quería. Partín de dous metros de fío de aceiro de 8 mm e funo tecendo ate darlle a forma buscada. Crédeme que o máis complicado non é tecer de xeito uniforme, o difícil é acadar as curvas e as "irregularidades". Agora finalmente dei por rematada esta peza central. Só me queda encordar. Ao mellor, este martes, xa o podedes ver no mercado Entre Lusco e Fusco.
I have been working in this necklace for two weeks. It is a woven stainless steel necklace, and it was hard to get the form that I was looking for. It is made out of 2 meters of stainless steel 8mm wire. Believe me, the difficulty is not weaving the wire in an uniform way, but getting the right curves and "irregularities".

 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...