Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas
miércoles, 8 de mayo de 2013
viernes, 3 de mayo de 2013
lunes, 10 de diciembre de 2012
Brincos de cobre e alpaca - Copper and German Silver Earrings
Brincos de cobre e alpaca, conformados a man. A alpaca, tamén coñecida como prata alemana, é unha aliaxe de cobre, zinc e níquel, que non contén nada de prata. A súa composición definitiva foi fixada arredor de 1823 en Alemaña, froito dunha competición convocada para buscar unha aliaxe que imitase o brillo e a tonalidade da prata auténtica. De aí o nome german silver, que ás veces leva a confusións. Ademais, non sempre é doado distinguir a prata da alpaca, aínda que a grandes trazos, pódese dicer que a alpaca ten unha cor máis "aceirada" que a prata, e menor peso.
Por certo, se queredes ver estes e outros traballos nosos ao vivo, neste mes ides ter unha chea de ocasións. A primeira cita será este fin de semana no Mercado da Estrela, un evento interesantísimo que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (cGac). Nel teredes ocasión de ver moi diversos traballos de creadores e deseñadores galegos, ademais de poder participar en distintos obradoiros, probar cousas riquísimas de comer e escoitar música en directo. Alí estaremos se nos queredes visitar!
Today I would like to share with you a pair of simple yet elegant earrings. They are hammered by hand out of copper and german silver sheet (the name of german silver or alpaca can lead to a confussion: german silver is an alloy of copper, nickel and zinc that does not contain silver).
By the way, if you are in Santiago de Compostela this weekend, you can see these earrings and many other pieces in an amazing event that is going to take place in the cGac, the museum of contemporary art of Santiago. During the Mercado da Estrela you will see a wide exhibition of galician contemporary designers, as well as many other activities that for sure will make it worth a visit. Come and visit us there!
lunes, 2 de julio de 2012
Cousas varias - Craft show
Esta foi unha semana interesante. Estivemos varios días a preparar a súper mostra de artesanía que se celebra nun dos barrios máis vivos e activos da cidade, o de San Pedro. A gran preocupación era o tempo, porque daban choivas para o sábado. E no día en cuestión, choveu un chisco pola mañá, pero á tarde saíu o sol e o ambiente xa se animou como correspondía. Foi unha xornada do máis entretido, polo que debo agradecer tanto á organización, coma aos compañeiros dos outros postos, coma ao público, que nos dou conversa, ideas e apoio durante todo o día. Mirade que animada estaba a rúa e que chulo se ve o noso posto! Iso si, estamos a luns e eu aínda estou desfeita ;)
I have had an interesting week. We have been preparing a craft show, that takes place every year in the Rúa San Pedro, in Santiago de Compostela. The weather forecast was not very comforting, but, on Saturday , the sun shined and the craft show was truly amazing! I would like to thank the organization, the other artisans and the public for contributing to create a wonderful day! See how lively the street looked !
I have had an interesting week. We have been preparing a craft show, that takes place every year in the Rúa San Pedro, in Santiago de Compostela. The weather forecast was not very comforting, but, on Saturday , the sun shined and the craft show was truly amazing! I would like to thank the organization, the other artisans and the public for contributing to create a wonderful day! See how lively the street looked !
miércoles, 4 de abril de 2012
Lindas experiencias - Nice Moments
Este fin de semana visitamos a VII Feira de Oportunidades e Artesanía de Sigüeiro. Pasamos dous días estupendos na mellor das compañas. E sucedeunos algo curioso: coñecemos en persoa a Pi, a gañadora do segundo xogo de Asuntos Imaxinarios (o de adiviñar con que estaba feito o anel de arame de trastes)! Pois esta moza estaba a participar nun obradoiro guiado por Susi Gesto, membro dunha familia de extensa tradición na ourivería. E tendes que ver que marabilla de pulseira de prata saíu desa colaboración!
As fotos son de Eva Pérez, a sabedoría é de Susi Gesto, o entusiasmo é de Pi Anatob, e o anel que aparece aí... de Asuntos Imaxinarios ;)
As fotos son de Eva Pérez, a sabedoría é de Susi Gesto, o entusiasmo é de Pi Anatob, e o anel que aparece aí... de Asuntos Imaxinarios ;)
Last weekend we took part in a Craft Fair at Sigüeiro (amazing
moments and amazing people there!), and guess who met we there...
Pi Anatob, the winner of our second contest (the one about the fret wire
ring). She was attending a personalized workshop with Susi Gesto, an
incredible artist, follower of a rich family tradition on
silversmithing. Take a look at the wonderful silver bracelet that Pi made
that afternoon... ("Artesan" means "craftman" and "handcrafted").
Eva
Pérez made the photographs, Susi Gesto added the wise and knowledge, Pi
the enthusiasm, and the ring... well... Pi's ring is the one she won in Asuntos Imaxinarios february contest!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)
.jpg)
.jpg)