jueves, 3 de enero de 2013

Cor do ano Pantone 2013: esmeralda

Benvidos sexamos todos a este novo número, 2013! Súmome aos bos desexos expresados en todas partes e só espero que sexamos capaces de unir accións construtivas ás boas intencións!

E un ano máis, Pantone, o líder mundial na fabricación de cor, presentou hai unhas semanas a que será a cor do ano. Xa vos contaba hai doce meses, cando tamén inauguraba o ano coa cor de Pantone, que non hai que menospreciar a visibilidade desta elección no noso día a día. E é que esta marca é quen produce as tinturas para grande parte dos deseñadores máis reverenciados e, claro está, dos seus imitadores, co que dende a roupa que poñemos ate o enxoval do fogar, pasando por cadernos, maquillaxe, xoias, pintura de paredes, etcétera, etcétera, neste ano imos ver o Emerald en moita cousa arredor de nós.


 Segundo Pantone, este esmeralda "é unha cor de elegancia e beleza que realza o noso sentido do benestar, do equilibrio e da harmonía". Podedes descargar o seu informe completo sobre as cores escollidas para este ano e os seus efectos na moda, aquí.


Eu non estou segura de que me acabe de encantar a min esta cor... Aínda que lle chamen esmeralda, non ten nada da brillantez da cor desta xema, senón que é moito máis apagada, cunha especie de palidez que creo que me produce máis desánimo que outra cousa... Pero buscando por entre as fotos deste ano pasado, topei algunha que empregaba, senón esta cor exacta, unhas tonalidades semellantes (máis bonitas, diría eu ;). Nestes exemplos, o verde provén dunhas ágatas tinxidas, un cristal de praia e unha serpentina:


En calquera caso, creo que me resultan máis interesantes as cores que acompañan á cor principal na proposta de Pantone, aínda que verdadeiramente seguen a ser cores moi apagadas:


Non é difícil atopar pedras ou cristais destas tonalidades. Póñovos uns exemplos: o Linen nestes cuarzos framboesa, o Poppy Red nos cristais checos, o African Violet nas amatistas, ou o Dusk Blue e mais o Monaco Blue nas sodalitas:



Pois con estas e mil cores máis, agardo vervos por aquí sempre que vós queirades. Agradezo cada unha das vosas visitas, e sobre todo, os comentarios, que nunca deixan de alegrarme o día!!

P.S.: Todas as fotos son miñas agás a segunda e a cuarta, que son propiedade de PANTONE®.

6 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

Esta cor non me recorda moito as esmeraldas...pero gustame :) Ainda que o que mais me gustou foi o azul ese Que estou na miña etapa azul.....a ti non che pasa que tes unha tempada que so te tiras por unha cor????? pois alegrome que veña o verde que o ano pasado co laranxa non estaba nada contenta ainda que me gusta quedabame fatal jejjeje

Andaira dijo...

Hola cariño....FELIZ AÑO para ti también.....

Ami no me disgusta el verde esmeralda....aunque sí tal vez es muy sobrio...apagado?no sé.....lo encuentro muy elegante...claro que la vida que tienen otros colores más vivos.....como los que muestras en la última imagen...pues sí que es más llamativa.....

Por otra parte.....doy por hecho de que aparte de que las imágenes que mencionas sean tuyas.....eso...doy por hecho que también son trabajos tuyos.....a tus pies!!!!! pero no me doblo mucho que después ya no me puedo levantar....pero que me pongo a tus pies....que maravilla.....eso sí que es tocarse las bolas adecuadamente.....
un besito reina.....

Asuntos Imaxinarios dijo...

Muchísimas gracias a las dos! Además de ser unos cielos sois... súper rápidas ;)

Naranjita: de certo, polas fotos que teño visto de ti, o laranxa non creo que fose a túa cor, pero con este verde vas estar de infarto como mínimo, guapa!!! Y si, eu tamén teño fases, ultimamente ando prendida nos vermellos intensos ;)

Andaira: mil gracias, reina, por comentar y por los piropazos, jejej... A ver si algún día estamos a esa altura, y sino... pues nada, a seguir tocando bolas y bolitas, que es entretenido, jajaja ;)

Y si, los trabajos son míos y sobre diseños propios (menos los pendientitos azules de la última foto y los verdes de la anterior, que son un diseño lindo-lindísimo de Donna Spadafore, de los que hay un tutorial en pdf en algún sitio de la red que ya recuerdo... Pero así ya aprovecho el comentario para darle a la autora sus merecimientos ;)

Un beso a todos y taaaantas gracias por estar ahí!!!

Isideral Crocosmicomico dijo...

A coor do ano pasado sigue a ser a mais bonita do mundo sideral, magoa quen siga as modas. O laranxa combina absolutamente cos vagares de pensamento. Gracias pola info, asi levo menos susto sideral.

molina cuccuio dijo...

Meralda pantone mi piacce

Singoalla dijo...

Comprobado! El verde es el color del año, me lo has confirmado! Y me encantan tus fotos, da ganas de ver más.
Tambien quiero aprovechar de desearte un muy feliz año nuevo y que todos tus propositos se cumplan!
Un abrazo fuerte.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...