viernes, 21 de diciembre de 2012

Furoshiki

Nestas datas parece ser que se desbotan en España uns 52 quilómetros cadrados de papel de regalo: unha barbaridade. Dunha árbore sácanse uns 58 quilos de papel, e cada ano, unha persoa desfaise duns 100 quilos. Reciclar está ben, pero aínda está mellor reducir, reutilizar e antes diso... buscar alternativas!

E con esta idea, quería falarvos hoxe da solución que uso dende hai anos para os envoltorios dos regalos: o furoshiki, unha antiga arte xaponesa que consiste en empregar unha tea cadrada para envolver e transportar todo tipo de obxectos. O material téxtil é resistente, lavable, reutilizable...  Unha vez aberto o teu regalo, podes envolver outro con el, usalo coma pano do pescozo, poñelo no cestiño do pan... Se buscades furoshiki na rede veredes a incrible cantidade de variantes que pode adoptar (botádelle un ollo aos bolsos, son fantásticos!). 

Vouvos poñer unhas fotiños do proceso de envolver uns presentes (o broche fíxeno para mo regalar a min mesma por fin de ano ;) e mais uns gráficos editados polo Ministerio de Medio Ambiente de Xapón para promover o emprego do furoshiki e reducir o de papel de regalo e mais o de bolsas de plástico:

Bolsiña furoshiki:









Caixiñas envoltas (non vos digo o que hai dentro que son sorpresas):










Animádevos a probar! Eu empreguei teas sacadas de prendas estragadas, e é bonito que agora vaian comezar un novo ciclo de vida, primeiro coma envoltorios, despois, quen sabe... Graciñas por visitar a páxina, e espero que pasedes unhas estupendas festas!

Furoshiki is an ancient japanese art that gives us an eco-friendly alternative to plastic and paper wrapping materials. It has been for years my first choice for wrapping presents. Tons of waste are generated over the Christmas gift-giving period. Furoshiki, on the contrary, offers us a very nice and environmentally supportive way to wrap and transport objects. With a simple square of fabric you can create amazing wraps. In the pictures you can see how I made a little bag for holding a brooch (I made the brooch as a gift for myself ;) and how to fold fabric for wrapping little boxes. I used fabrics from ruined skirts and I am very happy that they are beginning a new life-cycle, now as gift wraps, afterwards maybe as handkerchiefs, maybe as table decoration, who knows..  Some years ago the japanese government provided these wonderful furoshiki folding guides to encourage people to use cloth instead of paper for wrapping gifts and as a substitute for plastic bags.  Check ou the net for further options and do not miss the bags, they are absolutely cool! Thanks you all for stopping by and have a nice week!



4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

Que interesante!!!!!!! E que boa idea!!!!! O malo e que hai que rematar os bordes para que non se desfaga Pero estaxenial e quedaronche moi bonitos asi envoltos Eu tamen estoua favor das 3R O brochemoi bonito e orixinal

NaranjitaVerde dijo...

Aaaaaaaaaaahhhhhh BO NADAL e feliz ano novo

Andaira dijo...

Que interesante!!!!!!
Primero de todo que me gusta el broche que te has regalado....lo encuentro muy fino...y bueno, el envoltorio ni que decir tiene que me gusta...queda la mar de bonito.
Las cajitas? vale! son sorpresas, pero siguen quedando en un envoltorio muy original....
Y tercero...la verdad, que este tipo de envoltorio lo conocía, por el Pinterest, lo que más había viesto era el envolver las botellas, y la verdad, no me llamaba demasiado....pero bien pensado...y ahora viendo los diagramas estos que has puesto que han publicado los del ministerio de medio ambiente del Japón....pues oye...me gusta! y creo que es una buena idea.....yo el año pasado envolví todos mis regalos de navidad con papel reciclado, la mayoría de la propaganda del media mark y papel de publicidad grande.....este, ya no me ha dado tiempo y la verdad, lo he hecho con papel de regalo (el que tenía que no había utilizado el año pasado jajaja,.....pero no sé...puede ser una buena idea para el año que viene....y así utilizar telillas pasadas de moda que tengo por casa...no sé...me gusta la idea....

Bueno corazón....lo mismo te digo...que pase una estupendas navidades y un mejor año....y gracias por estas ideas furoshikianas (joder! menudo palabro).....

Un beso grande cielo....FELICES FIESTAS!!!!

Mara C.G dijo...

Tu siempre tan artista guapa, feliz Navidad y un besazo.

http://comounaprincesa.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...