jueves, 24 de enero de 2013

Brincos de cobre e latón: procesos - Brass and Copper Earrings: Techniques Involved

Invernía total... Aínda que hoxe está unha luz interesante, fría e penetrante. Imos pois cuns pendentes de tons cálidos, para que fagan un pouco de compañía :). E por se alguén ten curiosidade, hoxe vouvos contar os procesos envolvidos na elaboración destes brinquiños:

Comézase cortando dous círculos nunha lámina de cobre e facéndolle un burato no medio cun taladro. Neste burato, introducimos a segueta (é semellante a unha serra de marquetería) para cortar o círculo interno e limamos todo un pouco para non nos mancar. Á parte, preparamos as espirais ou "eses", neste caso en arame de latón, e cortamos uns anaquiños de cobre para fundilos co soprete e facer as boliñas pequenas.

Con estes elementos xa listos, aplicamos flux (unha substancia que impide que o metal oxide ao aplicar calor) sobre os círculos de cobre, colocamos as espirais e as boliñas no seu sitio e engadimos anacos moi pequeniños de soldadura (eu emprego estaño-prata). Soldamos todo co soprete e facemos unhas cantas pregarias para que todo quede pegado, cousa que non sempre sucede á primeira ;). Para comprobar se todo está firmemente suxeito, eu doulle unhas pasadas coa grata (un cepillo de pugas metálicas), e volvo soldar todo o que non se quixera soldar de primeiras. É bo momento tamén para facer dous buratos pequeniños co taladro na parte superior e inferior das pezas, o de enriba para meter o gancho do pendente e o de embaixo para poñer a pedra, neste caso unha amatista. Repetimos coa grata e se todo está en orde, comezamos a lle dar a forma curva á peza baténdoa cun martelo sobre o bloque de embutir (un bloque metálico con formas cóncavas de distintos tamaños).

A partir de aquí, á parte de moitas pequenas operacións de limpeza con ácidos e cousas así, xa só (!!) queda limar, patinar e pulir as pezas de cobre e latón, facer os enganches dos pendentes e unir as amatistas. En total, estes pendentes poden levar unhas cinco horas de traballo, pero como non se pode facer todo seguido e sempre hai tempos que agardar, a cousa pódese alongar bastante máis. 

Ao final, normalmente merece a pena o esforzo. Acabas tendo entre as mans unha cousiña ben bonita onde antes non había máis que chapa e arame. Podédesme crer, iso é moi satisfactorio. Con esta idea vos deixo e desexo que todos teñades un estupendo e creativo fin de semana!





It is really cold and rainy here... Although today we have an interesting light, cold and penetrating. Lets us go then with a pair of warm colour earrings. Today, I am going to tell you about the processes involved in the creation of these little earrings.

It begins by cutting two circles out of a copper sheet, and then making a hole in the middle with a drill in order to cut the inner circle with a handsaw. At this moment is a good idea to file the pieces to avoid injuries. It is also time to make the spirals or S-shapes (here, out of brass wire), and to melt some copper with the torch for making the little copper balls.
 

When all the elements are ready, we apply flux (a substance that prevents the rusting of metals when applying heat) on the copper circles, set in place the spirals and the small balls, add tiny welding pieces (I use tin-silver) and sold it alltogether. It is a good idea to check the soldering by brushing the pieces with a metallic brush. It is as well a good moment to make two little holes, one for the hook and one for hanging the stone. If everything worked well (and it does not usually happen at the first try ;) we start doming the pieces with a hammer and a dapping block. Now only rest many small cleaning operations (involving acids and the like), filing, sanding, tarnishing and polishing. Then we have to make the earring hooks (I made them out of brass wire) and attach the amethysts with some brass wire. Alltogether, the process of making a pair of earrings like these can take about five hours, but usually it takes longer because you always have something to redo or something to wait for... However,  it usually deserves the effort. You end up with a cute little thing in your hands where before only were wire and metal sheet. And this is amazing! Please have a wonderful and creative weekend!



4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

buffffff que compricado....e o resultado non pode ser mais bonito :) Encantame!!!

Andaira dijo...

uf....y después de toda la explicación, vas y nos deseas un buen fin de semana...qué? te parece bonito?...casi me da un parraque de la cantidad de faena que lleva hacer los pendientes, y tú te quedas tan fresca?...tú tienes seguro de peligrosidad en regla? porque lo de las plegarias no se yo si funciona.....hacer dos agujeros en una hoja de cobre? pero tú viste que por poco pierdo un dedo-:)- por intentar agujerear un plástico.....por dios....si parece que hagas una operación de alto riesgo....a ti hay alguna aseguradora que te quiera tener con ella?....

Por dios reina......desde luego que es un trabajazo en toda regla....y me imagino la satisfacción que debes de tener al ver el resultado que obtienes.....
Son preciosos...y más sabiendo que han sido labrados con tanta paciencia y sobretodo mucha maña....

Madre mía....descansa nena, descansa.....que tengas un largo y hermoso fin de semana....pero descansa.....
Besitossss

ACBeads dijo...

Os brincos são lindos e gostei muito de ficar a conhecer o longo processo para os fazer (eu tinha que escrever algo quando li "E por se alguén ten curiosidade...").

Aurelia Alegre dijo...

Son preciosos, tanto cuidado y elaboracion.tantos procesos en unos objetos asi de diminutos...es fascinante, gracias por contarlo tan bien.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...