jueves, 14 de marzo de 2013

Anel de cobre e amorias - Copper Ring and Blackberries

Estes días estiven a facer unhas cantas probas. Non todas foron moi afortunadas, pero dalgunhas delas quedei moi contenta. Este é o caso do anel que vos quero ensinar hoxe. E o que vos vou contar é de onde veu a idea de facelo:


Todo comezou cando repasaba imaxes de ourivería antiga (j'adore pinterest, lol). A ourivería antiga, xa sexa a prehistórica, micénica, escandinava, castrexa,  etcétera, etcétera, é, en dúas palabras, unha pasada. Un prodixio de imaxinación, técnica e brillantez formal. Pois cando estaba a mirar unhas pezas etruscas (os etruscos viviron na actual Italia, entre os séculos VII a I a. C.), reparei que un dos elementos presentes en varias desas xoias, se me facía moi familiar.

Brincos etruscos (525-500 a. C.), ouro, Paul Getty Museum, Nova York
Brinco etrusco (530-480 a. C.), ouro, British Museum, Londres. Foto: Jastrow (Wikimedia Commons)
Máis brincos etruscos, século VI a. C., ouro, Metropolitan Museum of Art, Nova York.

Despois de rebuscar un pouco no ordenador central da memoria (que no portátil téñoo todo, pero nunca atopo nada) dei coa imaxe que buscaba. Era a dun colgante chamado aderezo ou colgante tipo sapo, que se empregaba e emprega cos traxes de gala tradicionais en Galicia.

Aderezo galego, século XIX-XX, prata sobredorada, Museo Sorolla, Madrid. Foto: Susana Vicente Galende

Aderezo do Museo Arqueolóxico de Ourense

Pois no aderezo do século XVIII que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ou no que se garda no Museo Sorolla, en Madrid, aparecen empregados eses mesmo elementos que eu vira nas pezas etruscas. Refírome ás amorias, as rosetas de arame en resorte que podedes ver no detalle da foto (editado: ver P.P.S. ao final da entrada). Imaxino que seguramente aparecerán empregadas en moitos máis sitios, pero son tan humildes, que non sempre se repara nelas. 



E claro, inmediatamente quedei prendada desa peciña capaz de navegar séculos, culturas e xeografías. Decidín probar a facela e, xa postos, quixen que fora a única protagonista. Así naceu este anel. Igual vou e o enterro nun campo por aí, por se dentro duns séculos alguén o atopa ;)




P.S.: os pendentes a xogo xa están en marcha ;)
P.P.S.: Susi Gesto (que é o entusiasmo pola creación de beleza en estado puro, e podedes ver a súa páxina facendo clic aquí) díxome algo marabilloso para min e que eu non sabía: que estes elementos (o resorte con boliña no medio) acostuman a se chamar "amorias". E iso fáiseme tan lindo...

4 comentarios:

Andaira dijo...

antes de que se me olvide.....tú lo entierras, pero le pones tu etiqueta....y de paso me nombras....coño! quién sabe allá por el año tres mil y pico quién iba a encontrar el anillo y ponernos en un pedestal, no?

Y dicha la tontería, ahora vamos a lo serio...ya hubieran querido los estruscos hacer una pieza de las que tú haces...amos! esperando me quedo a ver esos pendientes a juego, porque el anillín, está de lujo!!!! es precioso!!!!!

Besitos....

Asuntos Imaxinarios dijo...

jajajajjajaja... Oks, tá hecho, cuando lo entierre, con mi etiqueta y un link a tu web... (por certo é: http://andairadas.blogspot.com.es/ e tendes que velo, é toda unha experiencia), Gracias cielo, jajajjaj!!!

Delirio Mac´ramé dijo...

Son preciosos, asi como la historia que lo acompaña y dejan un sabor dulce de verano. Amorias son moras no ?. Delicioso el trabajo, estoy viendo entradas antiguas y no doy crédito. Lo-Fli-Po. Felicidades. Creo que pronto tendras noticias de mi parte. Gracias por compartirlo.

Asuntos Imaxinarios dijo...

Muchas gracias, Delirio Mac´ramé, me alegro de que te guste! Si tienes cualquier consulta, no dudes en escribirnos. Estamos en asuntosimaxinarios@gmail.com! Un saludo!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...