jueves, 3 de enero de 2013

Cor do ano Pantone 2013: esmeralda

2013! E un ano máis, Pantone, o líder mundial na fabricación de cor, presentou hai unhas semanas a que será a cor do ano. Xa vos contaba hai xusto un ano do moito que repercutía esta elección nas cores que viamos no noso entorno día a día. E é que esta marca é quen produce as tinturas para grande parte dos deseñadores máis reverenciados e dos imitadores destes deseñadores, co que dende a roupa que poñemos ate o enxoval do fogar (pasando por cadernos, maquillaxe, xoias, pintura de paredes, etcétera), imos ter o Emerald en moita cousa arredor de nós.

 Segundo Pantone, "é unha cor de elegancia e beleza que realza o noso sentido do benestar, do equilibrio e da harmonía". Podedes descargar aquí o seu informe completo sobre as cores escollidas para este ano.


Eu non estou segura de que me acabe de encantar, creo que se me fai algo apagado de máis. Pero buscando por entre as fotos deste ano pasado, topei pezas feitas por min que empregaban tonalidades semellantes, aínda que non viñan achegadas por esmeraldas, senón por ágatas, un cristal de praia e unha serpentina:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...