lunes, 30 de julio de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS XI - CLÁSICAS Earrings XI

Imos co modelo número once desta serie de pendentes. Están feitos completamente a man en fío de aceiro. As doas son antigas, de vidro, das que empregaba miña aboa no primeiro cuarto do século pasado para adornar os traxes tradicionais.










These earrings are completely handmade out of stainless steel wire and old black glass beads.

lunes, 23 de julio de 2012

Moucho - Wirework Owl Pendant

Enredando o tempo algunha tarde apareceu este moucho de cobre esmaltado. Parece un tipo simpático.







A simple wirework owl, improvised just for fun during one of the many craft shows that we attended during July.Seems like a nice guy.

miércoles, 18 de julio de 2012

Sobre dereitos, copias e outras aves - About copyrights and other items

Esta entrada é bastante aburrida. Pero para min é importante. Lédea, por favor!
Esta entrada es bastante aburrida. Pero para mí es importante. ¡Leedla, por favor! La encontraréis en castellano al final del texto original..
This post is rather boring, but also quite important for me. Please, give it a look!



Os procesos de aprendizaxe inclúen un moito de imitación. Isto tamén sucede na creación de xoiería. Comezas imitando técnicas e formas. Cando adquires unha certa habilidade, empezas a introducir algo de ti nos deseños, por exemplo adaptando ideas alleas aos teus gustos ou aos materiais dos que dispós. Despois chega un momento no que o dominio técnico che permite investigar pola túa conta e buscar vías propias. Entón é coma se comezaras a precisar comunicar algo (ou afirmarte) a través das formas que creas. E aí, aínda que admires solucións alleas, sentes que non as podes usar, que é indispensable e gozoso inventar as túas propias. Por suposto que existen influencias, inspiracións, tendencias, modas... Pero os teus pasos xa están a trazar un camiño único, distinto, teu.

Os que seguides esta páxina sabedes que cando expoño aquí unha idea que non é miña propia, sempre intento dar os créditos debidos con ligazóns, referencias, agradecementos... Sempre é posible que nalgún caso eu inventara a pólvora antes, despois ou ao mesmo tempo que outra persoa, pero podédesme crer que non lle atopo sentido nin me parece admisible facer pasar por meu o que non o é.

Á hora de decidir baixo que licenza protexía os contidos desta páxina, decidín non empregar a fórmula de todos os dereitos reservados. É que creo na colaboración entre as persoas. E eu aprendín tanto e tanto da xenerosidade doutros que, de algún xeito, é o meu deber e o meu pracer facer que continúe a transmisión de ideas, coñecementos, inspiracións. Como non me dedico ao ensino, ben podo dicir que cobro polo que fago, non polo que sei.

Moitos dos que me ledes tamén tendes unha páxina propia. Sabedes que manter un blog leva tempo e traballo. Hai que madurar as ideas, hai que querer escribir, facer as fotos, editalas, ter paciencia con blogger, coa conexión... Por iso entendedes en carne propia que, aínda que nos agrade compartir, tamén é de xustiza que o noso esforzo se recoñeza coma noso.

Lembro a primeira decepción forte que sentín froito da interacción na rede. O meu malestar viña de que certa persoa usara como imaxe promocional unha técnica e un estilo que acababa de tomar de min. O problema non era que fixera os seus intentos ao meu xeito, senón que nun evento promocional usara un estilo que eu lle ensinara a semana anterior e que en absoluto reflectía a súa produción ate o momento; e a miña si, claro. Non me importaría tanto se o fixese un completo descoñecido, pois son os riscos da exposición ao público, pero ao existir un certo trato persoal, a sensación era de falta de escrúpulos e de sentido ético, de abuso de confianza por parte de alguén a quen eu intentara axudar. Sobra dicir que, cando lle expresei a miña contrariedade, á individua lle importou unha merda. Que son demasiado puntillosa? Pode ser, pero xulgo aos demais pola vara coa que me mido a min, e eu non durmiría a gusto actuando así.

E a que vén todo isto, diredes? Pois a un caso distinto a este, pero que non podo evitar asociar. É máis heavy... aínda que me afecta menos ;). Explícovos: acabo de saber que hai máis dun ano que alguén ten publicadas en facebook fotos de pezas creadas por min coma se fosen súas. Non só se trata dos meus traballos, senón tamén das miñas fotos, coa miña marca de auga incluída. Descabellado, burdo, pois si... pero certo. Alucinei cando me enterei. Non podo dicer que me sentise moi doída (é cutre de máis para iso), pero non é algo que agrade: non é xusto, non é bonito, non contribúe a nada. E adopto este enfoque por non me cebar explicando en detalle como, porque e con que consecuencias, iso é un delicto.

E a onde quero ir parar con todo isto?

A que se entenda que aprender esixe sacrificio, que inventar costa esforzo, que buscar os materiais leva tempo, que facer as pezas é custoso, que escribir este mesmo texto require reflexión, que para facer as fotos hai que lle botar paciencia, que compoñer unha entrada nesta páxina tamén é un traballo.

A que a licenza de Creative Commons á que se acolle esta páxina significa algo e desexo que se aplique.

A que quero seguir inspirándome na xente e, na medida do posible, inspirando. Pero fai falta ser respectuoso: as ideas non se poden copiar sen citar a fonte, os textos non se poden copiar sen citar a fonte, as fotos non se poden copiar sen citar a fonte. Se queredes mencionar no voso espazo (blog, páxina, face, etc.) algo do que aquí aparece, non o copiedes completo, poñede unha ligazón á fonte. Se o que eu presento vos dá ideas para facer as vosas cousas, estupendo, pero son para uso persoal, non para a comercialización, a promoción ou a reprodución.


Nós levamos o traballo de crear e compartímolo con vós de forma gratuíta, por favor, axudádenos a que se recoñeza o este esforzo.





Los procesos de aprendizaje incluyen un mucho de imitación. Esto también sucede en la creación de joyería. Empiezas imitando técnicas y formas. Cuando adquieres una cierta habilidad, empiezas a introducir algo de ti en los diseños, por ejemplo adaptando ideas ajenas a tus gustos o a los materiales de los que dispones. Después llega un momento en el que el dominio técnico te permite investigar por tu cuenta y buscar vías propias. En este punto, es como si necesitaras comunicar algo (o afirmarte) a través de las formas. Entonces, aunque admires soluciones ajenas, sientes que no las puedes usar, que es indispensable y gozoso inventar las tuyas propias. Por supuesto que existen influencias, inspiraciones, tendencias, modas... Pero tus pasos ya están trazando un camino único, propio, distinto.

Los que seguíis esta página sabéis que cuando una de las ideas aquí expuestas no era mía, siempre he intentado dar los créditos debidos, con enlaces, referencias, agradecimientos. Siempre es posible que en algún caso yo haya inventado la pólvora antes, al mismo tiempo o después que alguien, pero podéis creerme, yo no encuentro ningún aliciente, ni hallo sentido, ni me parece admisible hacer pasar por mío lo que no lo es.

En otro orden de cosas, a la hora de decidir bajo qué licencia protegía los contenidos de esta página, decidí no emplear la fórmula de "todos los derechos reservados". Creo firmemente en la colaboración colectiva. Además, he aprendido tanto y tanto de la generosidad de otros, que, de algún modo, creo que es mi deber y mi placer devolver a la comunidad ese regalo. Como no me dedico a la enseñanza, suelo decir que cobro por lo que hago, no por lo que sé.

Muchos de los que me leéis también tenéis una página propia. Sabéis que mantener un blog lleva trabajo. Hay que madurar las ideas, hay que querer escribir, hacer fotos, editarlas, tener paciencia con blogger, con la conexión... Por esto entendéis en carne propia que, aunque nos agrade compartir, también es de justicia que nuestro esfuerzo se reconozca como nuestro.

Recuerdo la primera decepción fuerte que sentí fruto de la interacción en la red. Mi malestar venía de que cierta persona usara como imagen promocional una técnica y un estilo que yo acababa de enseñarle. El problema no era que intentara hacer cosas a mí estilo, sino que usara esas imágenes en un evento promocional, cuando para nada estas reflejaban su producción hasta el momento; la mía, sí. Si hubiera venido de un completo desconocido, no me habría importado tanto (son los riesgos asumidos de la exposición pública), pero al existir ese contacto previo, la sensación era de falta de escrúpulos y de sentido ético, de abuso de confianza por parte de alguien a quien yo había intentado ayudar. Sobra decir que a la indivídua todo esto le importó una mierda. ¿Exceso de puntillismo por mi parte? Puede ser, pero juzgo a los demás con la misma vara con la que me mido a mí, y yo no dormiría a gusto actuando de esa manera.

Y, ¿a qué viene todo esto? Pues a un caso distinto del que os acabo de contar, pero que no puedo evitar asociarlo. Es más grave... aunque me afecta menos ;) Os explico: acabo de saber que hace más de un año que alguien publica en facebook fotos de piezas creadas por mí como si fuesen suyas. Pero es que no sólo se trata de mis piezas, sino también de mis propias fotos, con mi marca de agua incluída. Descabellado, burdo, pues sí... pero cierto. No puedo decir que me sintiese muy dolida cuando me enteré (es demasiado cutre para eso), pero tampoco es algo que agrade: no es justo, no es bonito, no contribuye a nada. Y adopto este enfoque por no cebarme explicando en detalle cómo, porqué y con qué consecuencias esto es un delito.

Y, ¿a dónde quiero ir a parar con todo esto?

A que se entienda que aprender exije sacrificio, que inventar cuesta esfuerzo, que buscar los materiales lleva tiempo, que realizar las piezas es costoso, que escribir este mismo texto requiere reflexión, que hacer las fotos exije paciencia, que componer una entrada también da trabajo.

A que la licencia de Creative Commons bajo a la que se acoje esta página significa algo y a que deseo que se aplique.

A que quiero seguir inspirándome en la gente y, en la medida de lo posible, inspirando. Pero hace falta ser respetuoso: las ideas no se pueden copiar sin citar a la fuente, las fotos no se pueden utilizar sin citar a la fuente. Si queréis mencionar en vuestro espacio (blog, página, face, etc) algo de lo que aquí aparece, por favor, no lo copiéis completo, poned un enlace a la fuente. Si lo que yo presento os da ideas para hacer vuestras cosas, estupendo, pero son para uso personal, no para la comercialización, la promoción o la reproducción.


Nosotros nos llevamos el trabajo de crear y lo compartimos con vosotros de forma gratuita, ayudadnos a que se reconozca nuestro esfuerzo.



I love to share my ideas. I think that is good to learn from others. I do believe in collective collaboration. I think that is good being inspired by another person's work, and, of course, to inspire someone.

But sharing needs effort, designing needs time, making stuff requires hard work, writing this post is also time consuming, taking photographs needs patience, uploading an entry requires effort too.

We are sharing all this with you for free. Please, do not copy our work without mentioning the designer, do not use our pics without mentioning the source, do not copy our posts in your spaces, please link to the author instead. It would be nice to give you some ideas, but they are only for personal use, not for commercialization, self-promotion or mass production. And please, do not suplantate another person's identity...

Why am I talking about this after a year and a half writing this blog? Because I have just known that someone have been publishing and selling (or trying to sell) my work in facebook as if it was his own. And not only is my work, he is sharing my own pics (with my own watermark included!) as if they were his. Unbelievable. Too crude and flimsy to be upset, but nevertheless annoying. This is not nice, nor collaborative, nor cool. And I am taking this approach in order to avoid explaining why, how and with what consequences this is a criminal offense.

We are making an effort to share with all of you our ideas and our work. Please help us to get this effort recognized!


As fotos son das pezas que esa persoa se atribúe. pero el non ten máis fotos delas, eu si ;)


martes, 10 de julio de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS X - CLÁSICAS Earrings X

Hoxe non sabía moi ben se subir esta entrada que tiña preparada, ou facer o que máis me apetecía, publicar un post sobre copias, plaxios, apropiacións indebidas e demais faltas de respecto e/ou delitos. Ao final decidín esperar uns días, para que as augas se amansen, e compartir con vós as fotos dos décimos brincos da serie CLÁSICAS. Aquí os tedes, coma todo o resto da serie feitos completamente a man con arame de aceiro inoxidable e moito cariño.




jueves, 5 de julio de 2012

Pendentes e wabi sabi - Wabi Sabi and copper earrings

Wabi-sabi é o concepto fundamental da estética xaponesa tradicional. Pero é máis que unha estética, é un modo de entender a interacción dos obxectos co entorno e con nós mesmos. En palabras do arquitecto Tadao Ando, "wabi-sabi é a arte xaponesa de atopar beleza na imperfección (...), de aceptar o ciclo natural de crecemento, decaemento e morte. É simple, repousada, non recargada e valora a autenticidade sobre todas as cousas."

Wabi vén da raíz "wa", a harmonía, a simplicidade. É aquilo que é humilde por elección e que permanece en sintonía coa natureza. Sabi significa "o florecemento do tempo" e fai referencia aos procesos naturais de envellecemento, á serenidade que os ciclos do tempo outorgan ás cousas, á beleza do perecedoiro. Daquela, o wabi-sabi coma aproximación estética fala da fermosura das cousas sinxelas, da aceptación da súa imperfección e da súa calidade non pretenciosa e mutable: a sabedoría da simplicidade natural. É unha beleza que Leonard Koren, describe coma "imperfecta, non permanente e incompleta" (Koren, Leonard: Wabi-Sabi for Artists, Designers, Poets and Philosophers, Stone Bridge Press, 1994).


 



 Os pendentes que vos ensino hoxe, de cobre forxado a man e doas de cristal, non comezaron "querendo ser" wabi-sabi... Fixéronse así no transcurso do traballo. A través de forxas e pátinas fóronse transformando para quedar cada vez máis espidos, máis netos, con máis claridade de liñas. E de súpeto, sucedeu algo que ás veces sucede cando traballas nunha peza: nun momento, percibes que aquilo que tes entre mans colleu unha esencia de seu. Non sabes como chegou a iso, non estás seguro de cal das decisións que tomaches entorno a esa peza foi a que lle conferiu o seu carácter definitivo, pero nun instante aí a está, enteira, con entidade propia... sen querer de ti xa máis nada. E así me sucedeu con estes pendentes; para min, perfectos na súa simplicidade, na súa irregularidade, na súa imperfección. Eles seguirán o seu camiño, pois a imaxe que hoxe vedes non se volverá repetir: o tempo creará neles novos matices e transformará o conxunto, igual que mudará a mirada dos ollos que hoxe os mirades. E por isto todo que vos conto, creo que é abondo axeitado dicer que estes pendentes son moi "wabi-sabi" ;)

 


 
Quoting the architect Tadeo Ando, "wabi-sabi is the Japanese art of finding beauty in imperfection (...), of accepting the natural cycle of growth, decay, and death. It's simple, slow, and uncluttered-and it reveres authenticity above all". Wabi-sabi, the most important feature in traditional japanese sense of beauty, is more than an aesthetic approach, is a world view and a way of understanding our relationships with the objects, centered on the acceptance of transience and imperfection. Wabi stems from the root wa, meaning harmony and balance. Sabi means "the bloom of time.", referring to the natural progression of time, decay and gloss extinguishing. Therefore, wabi-sabi connotes the beauty of simplicity, the aceptance of its unpretentious and mutable essence: the wisdom underlying in natural simplicity. As Leonard Koren says, wabi-sabi's beauty is "imperfect, impermanent and incomplete."

These earrings (handforged copper and glass beads) were not wabi-sabi from the beginning. They only turned out that way in the process of creation. They went through multiple transformations, each one leading to a more unpretentious and simple shape. Sometimes, when you are working in a piece, you suddendly realize that the thing you are holding in your hands has acquired an essence of its own. You do not know how it happened, or when, you can not say wich one of the decissions you made is responsible of its deffinite character, but there it is, something completely different from you, that stands by its own means and.. that does not need you anymore. This is what happened to me with these earrings. For me, they are perfect in their simplicity, their irregularity, their imperfection. And they will go on following their own way, as time will make copper evolve colour producing new shades. These are the reasons why I dare calling these earrings "wabi-sabi" ;)

lunes, 2 de julio de 2012

Cousas varias - Craft show

Esta foi unha semana interesante. Estivemos varios días a preparar a súper mostra de artesanía que se celebra nun dos barrios máis vivos e activos da cidade, o de San Pedro. A gran preocupación era o tempo, porque daban choivas para o sábado. E no día en cuestión, choveu un chisco pola mañá, pero á tarde saíu o sol e o ambiente xa se animou como correspondía. Foi unha xornada do máis entretido, polo que debo agradecer tanto á organización, coma aos compañeiros dos outros postos, coma ao público, que nos dou conversa, ideas e apoio durante todo o día. Mirade que animada estaba a rúa e que chulo se ve o noso posto! Iso si, estamos a luns e eu aínda estou desfeita ;)


 

 


I have had an interesting week. We have been preparing a craft show, that takes place every year in the Rúa San Pedro, in Santiago de Compostela. The weather forecast was not very comforting, but, on Saturday , the sun shined and the craft show  was truly amazing! I would like to thank the organization, the other artisans and the public for contributing to create a wonderful day! See how lively the street looked !
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...