Hoxe non sabía moi ben se subir esta entrada que tiña preparada, ou facer o que máis me apetecía, publicar un post sobre copias, plaxios, apropiacións indebidas e demais faltas de respecto e/ou delitos. Ao final decidín esperar uns días, para que as augas se amansen, e compartir con vós as fotos dos décimos brincos da serie CLÁSICAS. Aquí os tedes, coma todo o resto da serie feitos completamente a man con arame de aceiro inoxidable e moito cariño.
2 comentarios:
Que bonitos!!! Eu tamen estou indignadisima..a quen se lle conte...A verdade e que ese tipo e do mais estupido...A el si que habia que darlle uns puntos na cabeza haber si se arreglaba jjajaja
Jajjajaa... graciñas polo apoio, en momentos así agradécese máis ca nunca!
Publicar un comentario