jueves, 31 de mayo de 2012

Pátinas do cobre I - Copper Patinas I

A miña amiga B. sempre di que, por sorte, o espírito do mal está moi repartido. Podemos entender por "espírito do mal" calquera cousa, pero no meu caso pódese tranquilamente aplicar a unha perigosa tendencia á "experimentación doméstica" que me acompañou toda a vida: queimar cousas, mesturar líquidos raros, meter no forno obxectos inesperados, etc... Cando era pequena era un verdadeiro perigo. Agora teño mito coidado, e, que conste, sempre me informo previamente de se as cousas poden estoupar, arder ou botar fumes tóxicos ;). En calquera caso, o meu traxe de "laboratorio" é espectacular, maruja incendiaria total: avental con estampado de vacas, guantes de fregar, turbante de floripondios que non sei de onde saquei e gafas de seguridade.

Despois desta introdución, podedes esperar calquera cousa, me temo ;) Pero non, hoxe trátase de algo moi simple e sen perigo ningún. Ultimamente ando a facer moitas probas relacionadas coas pátinas dos metais, principalmente coas de cobre, que se presta moi ben ás "intervencións". E unha das formas máis simples de patinar cobre sen recorrer a pátinas comerciais, caras e contaminantes, é a pátina con lume. Para ensinárvolo, fixen unha roseta sinxela cuns dez centímetros de arame. Como vedes, o efecto é bastante plano e algo soso.

 


My friend B. always says that luckily, the spirit of evil is does not usually appear concentrated. In my case, this "spirit of evil" applies to a tendency towards some kind of "domestic experimentation" that accompanied me throughout my life: burning things, mixing strange liquids, melting, or trying to melt unexpected objects... As a child, I was kinda dangerous ;) Nowadays, I try to act more consciously and always inform me beforehand of the potential dangers. However, my lab is my kitchen, and my lab suit would scare anyone: kitchen apron, dishwashing gloves, and old turbant covering my hair and safety glasses! Anyway, do not expect big evil things going on here today ;) I am only going to show you the results of one of the most inespensive and eco-friendly copper patinas: the fire patina. For this this explanation, I have made a simple copper wire rosette. As you can see, it looks rather uninteresting and dull.


Pero aquí intervén o espírito do mal e lle pon lume. Quentei a peza ate poñela ao roxo cun mini soprete, intentando non mover demasiado a fonte de calor, porque senón conseguiriamos uns tons anodizados, que non nos interesan hoxe, pero dos que podemos falar outro día, que tamén son curiosos. Con todo, se non dispoñedes dun soprete, un arame de cobre coma este, de 1,2mm de grosor, pódese poñer ao roxo sobre o fogón dunha cociña de gas en menos de dous minutos. Despois de poñelo ao roxo, métese en auga uns segundos (xa se lle desprende boa parte da carbonilla) e obtemos unha roseta negra. Hai que ter en conta que cando o metal chega ao roxo, queda moi brando (chámase recocer os metais). Isto poida que nos conveña se queremos seguir traballando na peza, pero se xa a imos utilizar con esa forma teremos que lle dar uns golpes suaves co martelo para endurecela de novo.

Recén recocida - Just annealed
 
Despois de metela na auga - After washing

But then the evils' spirit comes into action and fire the rosette. I applied hot with a mini torch, trying not to move it. If we move the heat source, we will get anodized tones, that are not our goal today. Anyway, if you do not have a torch, a 1,2mm copper wire like the one I am using, reaches the red-hot temperature point in about a minute lying it upon the flame from a gas stove top. Once the piece achieves a reddish tone, we introduce it in cold water. Now we have a rather black rosette. However, it must be taken into account that once the wire reaches the red-hot temperature point, you will be annealing the wire. Annealing makes metals soft and malleable again; this can be very interesting if we are going to go on working on the piece, but if we already have the shape we were looking for, we should harden it again by hammering it gently. Then, I file or sand the piece slightly to get some bright accents and.. we are done! We have an atractive copper wire rosette, with much more deep and interest than before. You can also tumble it, and the results will be amazing! This kind of patina is very stabil, and does not need further coverings with vernish or wax.

Agora só queda darlle algúns acentos brillantes pasándolle unha lixa ou unha lima para que apareza a cor orixinal do cobre por baixo do ennegrecido. E xa está, agora ten moitísima máis profundidade, e claro, máis interese e atractivo. Ademais, as pátinas de lume mantéñense moi ben sen necesidade de aplicar máis cobertura de protección (vernices ou ceras).


Limada e lixada - Filed and sanded

E xa que teño feita esta roseta, douvos algún exemplo de que facer ela. Podemos sinxelamente engadirlle algunha doa interesante e un gancho, e xa temos un pendente único. Ou podemos facer unhas rosetas máis e usalas coma charms nunha pulseira, ou unilas entre si e armar un colgante ben lindo ou sinxelamente, montar unha pulseira de aire súper romántico e delicado!


 
Uns pendentes? - Earrings?
Un colgante? - A pendant?


Unha pulseira? - A bracelet?

And since we have now our nice rosette, let's use it for something ;) Only some suggestions: you can add a nice bead and make an earring, or use it as a charm in bracelet, or... you can make some more rosettes, join them and make a stunning pendant or a delicate and soooo romantic bracelet! Have fun with your experiments, and if I can be of any help, do not hesitate to leave a question ;)

Gustaríame que esta crónica vos dese algunhas ideas e se podo axudarvos en algo, só tendes que deixar unha pregunta ou comentario. Espero que este "espírito do mal" tamén vos visite a vós de cando en vez, e, sobre todo, que vos divirtades tanto coma min cos vosos experimentos!










3 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

oooohhhh que imaxinacion!!! a min non se me ocorria na de na mi9rando esos arames retorcidos Pero quedouche espectacular o resusltado jejjej Pois meu mozo sempre sabe cando estou facendo algo que non deberia (experimentos coa comida ou o que se me ocorra ese dia) Porque inconscientemente estou decindo tututrurututuruu...E podoche decir qu a meus irmans sempre os visitaban eses espiritus...un dia deronlle o boton de encender do molinillo de cafe cando tiña o dedo dentro...so decir que houbo moita sangre e gritos...ainda que o final so foi un corte...

Asuntos Imaxinarios dijo...

jjajaaaaa jajajaaaa jajaaa... acábasme de facer rir de veras, jajaja, tutuuutruuu... ;)

TheDollsFactory dijo...

wow
Looks super great
have a nice and stylish week darling
come and say Hi,
The Dolls Factory

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...