Os nosos pes en Vicenza - Our feet in Vicenza |
Pois aquí estamos de volta, despois de bastante tempo. Estiven uns días fóra e mais aproveitei para tomar un descanso disto de atender o blog. Eu, co de manter o blog, teño unha relación verdadeiramente estraña: cando hai dous, tres ou catro días que non subo nada, dáme unha preguiza extrema pensar en que vou contar, que fotos poñer e todo o demais (por non falar de pensar en traducir o texto ao inglés, que xa me agota só de pensalo!). Pero se supero esa fase e acabo de subir unha entrada, éntrame unha especie de entusiasmo (por agardar as vosas visitas, ler os comentarios ou mirar nas estatísticas dende onde se visita a páxina), que fai que me apeteza inmediatamente publicar algo máis... Non sei, como que me dan ganas de ensinarvos centos de cousas e contarvos a miña vida toda ;-) Pregunta para as compis blogueiras: a vós tamén vos pasa ou só son eu blogueira compulsiva?
Dun xeito ou de outro, cos ánimos sen renovar e sen novidades espectaculares, aquí estamos de volta. Os que me seguides en facebook xa fostes vendo algunha das imaxes da miña viaxe a Italia. A sensación máis potente que me quedou da experiencia foi volver coa retina chea de cor. E non de cor da natureza, senón de cores escollidas polas persoas. Entre mármores, ventás, e outros aderezos, resulta ser toda unha impresión, tanto nas cálidas mesturas imposibles coma nas máis elementais variacións de brancos. Vai haber que facer algunha serie de pezas que se chame "Cores do Véneto"!
Para non enrollarme máis, déixovos algunha das fotos e prometo volver nun par de días con imaxes de algúns dos novos experimentos. Graciñas por estar aí!
En cor - Colours:
We are back! After coming back from my holidays, I have been feeling the need to take a rest from blogging. I recognize that I have a strange relationship with this blogging thing. Three or four days after uploading an entry, I can't be bothered to think about a new one. But when I overcome this stage and upload new pics, a kind of enthusiasm seizes me and make me wish publishing inmediatly something more, showing right away tons of images and telling you all about my life (lucky you, until now I have managed to avoid it!)... But I have a question for the colleague bloggers: does it happens to you the same way or am I the only compulsive blogger?
Anyway... those of you that follow me on facebook (look for Asuntos Imaxinarios) have already seen some pictures from my holidays in Italy. As I came back, the most powerful sensation was the colour impression, the amazing mix of hot tones defying any kind of conventions, as well as the wonderful symphony of whites. Maybe this should be inspiring a new and colourful collection... Will see :) In a couple of days I promise to upload some images of the new experiments I have been doing for the last weeks. In the meantime, here are some pics of Italian colours, textures and sensations. Thank you all for stopping by!
Ou en brancos - or whites:
3 comentarios:
pois alegrome moitisimo de que estes de volta encantame ver as tuas creacions :D E as fotos de italia preciosas que envidiaaaaaa Pois a min gustame publicar e ensinar cousas non me da preguiza..pero nunca sei que contar...peo supoño que por eso escribo pouco jajaja Pero o que mais me gusta son os comentarios que me alegran o dia e me dan animos jejeje Un bico
Que bueno que volviste y llegastes a pesar del Friz-Lang, del viaje. Animo para continuar con tu maravilloso trabajo y mostrarlo tan gentilmente.Estoy enganchado al blog, lo reconozco.
Gracias por tu visita, tus fotos de las vacacions y por compartir tus pensamientos relacionados con el blogging. Tambien yo tengo una relación estraña con mi blogg....diferente al tuyo pero tengo que tener cuidado para no engancharme. Por eso, y por el hecho que me "roba" el tiempo, tenía que tomarme un tiempo off. Ahora enseñaré cosas que preparo para Nomada Market pero creo que despues tomaré orta vez una pausa.
Por cierto, me encanta tambien Italia. Hemos ido mi familia y yo todos los veranos durante por lo menos 10 años. Nos vamos cerca de Milano en una zona montañosa y dormimos en tienda de campaña!
Gracias otra vez por tu comentario!
Publicar un comentario