miércoles, 6 de julio de 2011

Os pendentes de Leticia - Leticia's earrings





Xa hai tempo que me apetecía ensinarvos estes pendentes, dos que agora só conservo a foto, porque xa hai un tempiño que toparon nova dona. Están feitos en fío de cobre esmaltado e pequenas doas cor bronce. Son bastante longos, e, para confesalo todo, son desas pezas que cando as rematas non che quedan moitas ganas de repetilas, porque levan un traballo lento e bastante delicado, xa que o cobre esmaltado hai que traballalo con moitísimo coidado para que non se estrague. Cando a peza está rematada, pola contra, é un material estupendo, pois non se oxida, non mancha e é moi resistente. Pois nada, cando reúna moral, intentarei facer outros semellantes ;)

3 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

son preciosos!!!! vese q teñen un montonazo de traballo!!!

The Magic's World dijo...

Te han quedado geniales! como siempre vamos! ;) Besitos artista!

Anónimo dijo...

ESTAN PRECIOSOS SE VE QUE TE HABRAN LLEVADO UN TRABAJO....ME ENCANTAN UN BESO

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...