O primeiro, e moi importante para min, é agradecer a constancia de todos os que seguides esta páxina, os vosos ánimos, as palabras de apoio nos comentarios e nas mensaxes privadas, e tamén eses piropos esaxerados que me botades ás veces (serán esaxerados, pero para que enganarnos, animar, animan ;). Creo que teñen especial mérito aquelas persoas non galegas que se esforzan a diario por me ler e me entender. Sacar adiante unha páxina nunha lingua minoritaria é complicadísimo, e facéndoo, sei que renuncio a gran parte dos posibles lectores. Por iso agradezo especialmente a compañía dos que non entendedes galego. Por riba, nestes momentos non teño tempo para a tradución ao inglés... Claro que, por outra parte e como xa vos puidestes dar conta, era completely made by me, co que non sei se non era peor o remedio que a enfermidade....
Tamén quero mencionar ás persoas que me vou atopando en distintas mostras e feiras. Sen o apoio de uns, as palabras eloxiosas doutros e as compras e encargos doutros tantos, todo isto non sería posible. En consecuencia, a miña vida sería máis triste (pero por outro lado tería algo de tempo libre algunha vez, jajjaja)...
E finalmente, queríavos pedir desculpas por non ter actualizado o blogue tanto como me gustaría e mais por non poder devolver a visita ás páxinas tan alucinantes que teñen moitos dos seguidores desta. Espero que en breve todo volva á normalidade ;).
Resumindo: grazas por estar aí, por participar e por compartir.
Como tampouco teño tempo para facer fotos das cousas novas, déixovos unhas imaxes dunha peza do ano pasado e que xa hai meses que foi adquirida (ía para os EE.UU). É un colar realizado en cobre esmaltado e aluminio negro. Está construído con seccións da trama Europa 4-1 en forma de diamante e mais unidades Moebius. Posto, tiña un aspecto máis clásico que nas fotos e resultaba un complemento moi consistente, que non requiría máis que unha blusa branca para atraer todas as miradas.


Onte olvideime, pero completo hoxe a entrada... É que o colar levaba uns pendentes a xogo... Aí os van:

4 comentarios:
que bonitoooooooooo!!! encantame!!!! queda xenial combinado coas duas cores!!! moitos animos con todo!!! e non te preocupes polas visitas ;D
Precioso! me encanta!! :D
Un bezaso artista!!!
Me encanta es precioso los colores son preciosos,y tranquila.
un beso
Precioso como siempre !
Me encanta !....
Publicar un comentario