jueves, 28 de julio de 2011

Tutorial trama Chícharo - Sweet Pea chainmaille tutorial

A trama Chícharo (Sweet-Pea) é unha malla de dificultade intermedia, pero unha vez que se lle colle o truco é bastante rápida de facer. Ate onde eu puiden saber, parece que foi creada por Dylon Whyte. É moi axeitada para facer pulseiras e como produce un efecto visual semellante a unhas doas, non se precisan outros elementos para acadar unhas cadeas interesantes e con personalidade.

Emprega unicamente elos do mesmo tamaño, e a ratio ou proporción ideal entre o diámetro interno (DI) do elo e mais o grosor do arame é de 4-4.2 (ratio= diámetro interno/grosor do arame).

La trama Guisante (Sweet Pea) es una malla de dificultad intermedia, aunque una vez que se le coge el truco es bastante rápida de hacer. Hasta donde yo he podido seguirle la pista, parece que fue creada por Dylon Whyte. Resulta muy apropiada para pulseras, y como produce un efecto visual semejante a unas bolas, no es necesario utilizar otros elementos para conseguir unhas cadenas con personalidad y elegancia. En esta trama se usan anillas de un único tamaño y la ratio o proporción ideal entre el diámetro interno (DI) de la anilla y el grosor del alambre es de 4-4.2 (ratio= diámetro interno/grosor del alambre).


Nas fotos, empreguei elos de cobre e de aluminio negro para maior claridade nas explicacións).

Materiais (para fío metálico de 1.2mm):

-Elos de 5mm de DI
-Alicates


En las fotos, he utilizado anillas de cobre y de aluminio negro para mayor claridad.

Materiales (para hilo metálico de 1.2 mm):

- Anillas de 5mm de DI
- Alicates



1. Primeiro imos facer unha pequena cadea de dous elos unidos a outros dous (isto chámase cadea 2-2), á que lle engadimos en calquera dos pares un elo máis (aquí, o elo negro).

Primero haremos una pequeña cadena de dos anillas unidas a otras dos (esto se llama cadena 2-2), e introduciremos una anilla más (aquí, la anilla negra) en cualquiera de los dos pares.




2. Con suavidade, puxamos lixeiramente o elo negro cara a atrás, de modo que quede entre os dous elos do primeiro par.

Con cuidado, empujamos ligeramente la anilla negra hacia atrás, de modo que se quede entre las dos anillas del primer par.






3. Agora ven o máis delicado, aínda que vos aseguro que é moito máis doado de facer que de explicar con palabras. O que queremos é introducir un novo elo (elo negro F, pintado en verde na primeira foto), que iremos metendo nesta orde:

- Primeiro: no medio dos elos A e B (par horizontal de elos)
- Segundo: a través do elo C (do par vertical)
- Terceiro: a través do elo E (elo negro)
- Cuarto: a través do elo D (do par vertical)
- Quinto: no medio dos elos A e B (par horizontal)
- Sexto: rodeando o exterior dos elos C e mais D (par vertical) ate que os extremos do elo queden na mirando cara a fóra.
- Séptimo: pechamos o elo.

Este elo que acabamos de meter, o F, quedará en posición horizontal. Con el pechado, xa teremos o promeiro "chícharo" da nosa cadea.


Ahora viene lo más delicado, aunque os aseguro que es muchísimo más fácil de hacer que de explicar con palabras. Lo que queremos es introducir una nueva anilla (anilla F negra, pintada en verde en la primera foto) que meteremos en este orden:

- Primero: en medio de las anillas A y B (del par horizontal de anillas)
- Segundo: a través de la anilla C (del par vertical)
- Tercero: a través de la anilla E (anilla negra)
- Cuarto: a través de la anilla D (par vertical)
- Quinto: en medio de las anillas A y B (par horizontal)
- Sexto: rodeando el exterior de las anillas C y D (par vertical) hasta que los extremos de la anilla queden mirando hacia fuera.
- Séptimo: cerrar la anilla


Esta nueva anilla F, quedará en posición horizontal, y con ella tendremos el primer "guisante" de nuestra cadena.










4. Deseguido, e atravesando unicamente este último elo engadido (o negro F), poremos unha cadea 1-2-2 (un elo enganchado nun par que engancha noutro par).

A continuación, atravesando únicamente la última anilla añadida (la negra F), ponemos una cadena 1-2-2 (es decir, atravesando F, pondremos una anilla a la que engancharemos un par de anillas y a este, otro par).




5. Dende aquí, repetiremos os pasos 2-4, é dicir: puxamos lixeiramente cara a atrás (cara aos elos xa montados) o último par de elos de xeito que nos quede un a cada lado do elo único que engadimos no paso 4. Collemos un novo elo (negro na foto) e introducímolo na trama do mesmo modo que no paso 3. Pechámolo e xa temos o segundo chícharo

A partir de ahora, repetiremos los pasos 2-4, es decir: empujamos ligeramente hacia atrás (hacia las anillas ya montadas) el último par de anillas, haciendo que nos quede una a cada lado de la anilla única que añadimos en el paso 4. Cogemos una nueva anilla (la negra en la foto) y la introduciremos en la trama del mismo modo que en el paso 3. Cerramos la anilla y ya tenemos completado el segundo "guisante".










Unha pequena variante aplicada nas pulseiras que vedes a continuación, é a de engadir un elo único máis na cadea do paso 4. É dicir, no canto de engadir unha cadea 1-2-2, poremos unha cadea 1-1-2-2. Hai que ter en conta que o primeiro elo só vai ser de separación e que, polo tanto, só traballaremos cos últimos 5 elos. Ademais, as indicacións do paso 4 mudarán de sentido: os pares verticais pasarán a ser horizontais e viceversa.

Una pequeña variante aplicada en las pulseras que veis a continuación es la de añadir un anilla más a la cadena que pusimos en el paso 4. Es decir, en vez de añadir una cadena 1-2-2, meter una cadena 1-1-2-2, teniendo en cuenta que sólo trabajaremos con las últimas 5 anillas y que las indicaciones del paso 4 cambiarán de sentido: los pares verticales pasarán a estar horizontales y viceversa.


Pulseira en cobre esmaltado e aluminio:



Pulseira de home, realizada por encargo en aceiro galvanizado groso e aluminio. Pulsera de hombre, realizada por encargo en eacero galvanizado y aluminio:





Espero que vos saia sen problemas e xa sabedes, agardo as vosas opinións, críticas e o que faga falta para poder mellorar a claridade da explicación. Se probades e me mandades unha foto, subireina con moito gusto!

Espero que os salga sin problemas, y ya sabéis, espero vuestras opiniones, críticas y demás que me permitan mejorar la claridad de la explicación. Ah, y si probáis y me mandáis una foto, ¡la subiré con mucho gusto!

viernes, 22 de julio de 2011

Preparando o estudio - Setting up my shop

Tanto lamentarme nestes últimos tempos sobre as molestias do traslado, impediu que resaltara algunha das cousas boas ou bonitas del. É moi latoso, pero sempre resulta un aliciente comezar de cero a reorganizar as pertenzas dun (e ás veces as alleas...). Déixovos unhas imaxes un pouco cutres, que están feitas co móbil, do que vai ser o meu taller-estudio-despacho ou algo parecido :). Xa sei que non se ve gran cousa, pero igualmente admito e agradezo suxestións e opinións...







E isto é parte do que se ve dende a ventá. A primeira foto é un cristal dunha das fiestras dianteiras:



E esta é a visión dende as ventás da parte traseira do piso, que, por certo, é un divertido exemplo de xardinería vertical espontánea... A que non está mal o nivel de verde que vexo dende a casa para ser un piso nunha cidade?


miércoles, 20 de julio de 2011

Brazalete - Bracelet

Aínda cos restos do traslado a voltas. Non sei onde está nada. Aghhhh. Quizais debería comezar unha nova vida, con novas aficións, novos libros, nova roupa... de xeito que non necesitara ningunha cousa da miña "vida anterior". Aghhhh...

Déixovos unha foto de hai uns meses xa. É un modelo de brazalete que se podería dicir que é un clásico no traballo con arame, pois poucas persoas se resisten (nos resistimos) a facelo. Cada un vai achegando a súa variación, e eu, fíxeno empregando dous tons de cobre esmaltado e aluminio. Aí o vai:


jueves, 14 de julio de 2011

Colar de malla - Chainmaille choker

Hoxe quería deixar aquí anotadas unhas cousas.

O primeiro, e moi importante para min, é agradecer a constancia de todos os que seguides esta páxina, os vosos ánimos, as palabras de apoio nos comentarios e nas mensaxes privadas, e tamén eses piropos esaxerados que me botades ás veces (serán esaxerados, pero para que enganarnos, animar, animan ;). Creo que teñen especial mérito aquelas persoas non galegas que se esforzan a diario por me ler e me entender. Sacar adiante unha páxina nunha lingua minoritaria é complicadísimo, e facéndoo, sei que renuncio a gran parte dos posibles lectores. Por iso agradezo especialmente a compañía dos que non entendedes galego. Por riba, nestes momentos non teño tempo para a tradución ao inglés... Claro que, por outra parte e como xa vos puidestes dar conta, era completely made by me, co que non sei se non era peor o remedio que a enfermidade....

Tamén quero mencionar ás persoas que me vou atopando en distintas mostras e feiras. Sen o apoio de uns, as palabras eloxiosas doutros e as compras e encargos doutros tantos, todo isto non sería posible. En consecuencia, a miña vida sería máis triste (pero por outro lado tería algo de tempo libre algunha vez, jajjaja)...

E finalmente, queríavos pedir desculpas por non ter actualizado o blogue tanto como me gustaría e mais por non poder devolver a visita ás páxinas tan alucinantes que teñen moitos dos seguidores desta. Espero que en breve todo volva á normalidade ;).

Resumindo: grazas por estar aí, por participar e por compartir.


Como tampouco teño tempo para facer fotos das cousas novas, déixovos unhas imaxes dunha peza do ano pasado e que xa hai meses que foi adquirida (ía para os EE.UU). É un colar realizado en cobre esmaltado e aluminio negro. Está construído con seccións da trama Europa 4-1 en forma de diamante e mais unidades Moebius. Posto, tiña un aspecto máis clásico que nas fotos e resultaba un complemento moi consistente, que non requiría máis que unha blusa branca para atraer todas as miradas.







Onte olvideime, pero completo hoxe a entrada... É que o colar levaba uns pendentes a xogo... Aí os van:








miércoles, 6 de julio de 2011

Os pendentes de Leticia - Leticia's earrings





Xa hai tempo que me apetecía ensinarvos estes pendentes, dos que agora só conservo a foto, porque xa hai un tempiño que toparon nova dona. Están feitos en fío de cobre esmaltado e pequenas doas cor bronce. Son bastante longos, e, para confesalo todo, son desas pezas que cando as rematas non che quedan moitas ganas de repetilas, porque levan un traballo lento e bastante delicado, xa que o cobre esmaltado hai que traballalo con moitísimo coidado para que non se estrague. Cando a peza está rematada, pola contra, é un material estupendo, pois non se oxida, non mancha e é moi resistente. Pois nada, cando reúna moral, intentarei facer outros semellantes ;)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...