Tanto lamentarme nestes últimos tempos sobre as molestias do traslado, impediu que resaltara algunha das cousas boas ou bonitas del. É moi latoso, pero sempre resulta un aliciente comezar de cero a reorganizar as pertenzas dun (e ás veces as alleas...). Déixovos unhas imaxes un pouco cutres, que están feitas co móbil, do que vai ser o meu taller-estudio-despacho ou algo parecido :). Xa sei que non se ve gran cousa, pero igualmente admito e agradezo suxestións e opinións...


E isto é parte do que se ve dende a ventá. A primeira foto é un cristal dunha das fiestras dianteiras:

E esta é a visión dende as ventás da parte traseira do piso, que, por certo, é un divertido exemplo de xardinería vertical espontánea... A que non está mal o nivel de verde que vexo dende a casa para ser un piso nunha cidade?
2 comentarios:
que chachi!!! ains que wai!!! o meu taller non ten ventanas....>_<
e o taller de abalorios e donde este unha tele e unha silla comoda jajaaj
Jajjaaa... o meu tamén... só preciso onde me sentar e algo que oir!!! Pero agora vou ter espazo... aiiissss, non sei se me acostumbrarei, jajjaj!!
Publicar un comentario